Skip to Content

A voz humana

 

 

Cada un de nós ten unha voz única que nos identifica de maneira singular. Aínda que algunhas persoas poden soar bastante parecidas, non hai dúas voces que sexan exactamente iguais. Isto ocorre porque son moitos os factores que traballan xuntos para producir a voz, dende a a propia respiración, as cordas vocais na larinxe ata a caixa de resonancia da garganta, nariz e boca. En definitiva, hai moitas partes diferentes do corpo involucradas na produción da voz. Cada unha desas partes é única en cada persoa, que é o que lle dá a cada persoa unha voz única.

Estas partes poden cambiar co paso do tempo así que crecemos. Durante a pubertade (entre os 9 e 15 anos) as nosas voces tenden a facerse maís graves. A testosterona que producen os nenos fai que as súas cordas vocais sexan máis longas e grosas. As voces das nenas cambiarán un pouco a medida que crezan tamén, pero non tanto como cos nenos. En xeral, os homes terán voces máis graves que as mulleres, porque as súas cordas vocais tenden a ser máis grandes e vibran a frecuencias máis baixas.

As emocións tamén poden desempeñar un papel no cambio da voz. Cando estás nervioso ou asustado, os músculos ao redor da larinxe ténsanse, o que aumenta a tensión nas túas cordas vocais. Esa maior tensión tradúcese no ton máis alto que a miúdo escoitamos na nosa voz cando estamos emocionados ou tensos.

 

A VOZ HUMANA. CLASIFICACIÓN DAS VOCES

 

A VOZ DE SOPRANO

 

OS EFECTOS POSITIVOS DO CANTO

Artigo da profesora de voz Isabel Villagar no seu blog "La brújula del canto"

 

Iniciar sesión

  Biblioteca           



page | by Dr. Radut