Skip to Content

Novas

Distribuir contido
Actualizado: hace 12 min 2 seg

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE e LOXSE). Curso 2023-2024

Lun, 2024-05-06 10:34

Publicada a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas para as probas libres para a obtención de títulos de FP (LOE e LOXSE).

Período de reclamación: desde o día 6 ás 9:00 horas ata o 8 de maio ás 13.00 horas, empregando o asistente web para reclamacións.

Máis información

Premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024

Lun, 2024-04-29 09:55

Hoxe, 29 de abril, iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024 (código de procedemento ED311A) cuxa orde de convocatoria publicouse no DOG o pasado 26 de abril.

O prazo de presentación de solicitudes comezará hoxe, 29 de abril e rematará o día 28 de maio de 2024.

Pódese acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311A ou ben  en PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).

Tedes adxunto un PDF resumo informativo.

Prazas vacantes para admisión ao curso 2024/25

Xov, 2024-04-25 18:41

No documento adxunto pódese consultar o número de prazas vacantes dispoñibles para o curso 2024/25, unha vez finalizado o proceso ordinario de admisión. Lembramos que aínda se pode solicitar a admisión a esas prazas mentres estean dispoñibles.

Admisión 2024/25 - Listaxe definitiva de alumnado admitido

Mér, 2024-04-24 13:19

Publicouse no taboleiro de anuncios do noso centro a listaxe definitiva de alumnado admitido para ESO e Bacharelato no curso 2024/25.

Todo o alumnado que tiña reserva de praza está admitido.

Probas de acceso a CF de grao medio. Listaxes definitivas de solicitudes, exencións, sedes e instrucións

Ven, 2024-04-19 11:04

Publicada a listaxe definitiva de solicitudes e a resolución definitiva de exencións para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio na convocatoria ordinaria 2024.

Publicadas instrucións e a asociación de centros e sedes para a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao medio na convocatoria ordinaria 2024.

Mais información

Materias da ESO e Bacharelato para o curso 2024-25

Xov, 2024-04-18 12:05

Adxuntamos os cadros das materias da ESO e Bacharelato para o curso 2024-25.

CONVOCATORIA DE MOBILIDADES ERASMUS + PRACTICUM DEPO

Lun, 2024-04-15 13:52
CONVOCATORIA DE MOBILIDADES ERASMUS+ PRACTICUM DEPO     Pola presente convócase o procedemento para seleccionar a DOUS ALUMNOS/AS (con posibilidade de ampliación, dacordo á dispoñibilidade) para participar no programa de mobilidades europeas ERASMUS+ PRACTICUM DEPO coordinado pola Deputación de Pontevedra e o IES Ribeira do Louro no presente curso académico.   Con respecto aos alumnos/as, esta convocatoria vai dirixida aos estudantes que se atopen matriculados no segundo curso de calquer Ciclo Básico ou Ciclo Medio dos ofertados no Instituto Ribeira do Louro.    Os estudantes que estean interesados en participar nunha mobilidade deberán cumprimentar o documento relativo á “SOLICITUDE ERASMUS PRACTICUM DEPO” e envialo ao seguinte enderezo ies.ribeira.louro@edu.xunta.gal  entre o 15 E O 28 DE ABRIL DE 2024 (ambos inclusive).  É importante que no asunto do correo se indique o seguinte texto “SOLICITUDE ERASMUS PRACTICUM DEPO NOME APELIDOS” (Ex. SOLICITUDE ERASMUS PRACTICUM DEPO UXIA SILVA LOUREIRO).   Para máis información sobre as mobilidades e o proceso de selección ler o aquivo informativo anexo a esta publicación ou contactar con Olga González (Departamento de Administración e Xestión).

Probas de acceso a CF de grao superior. Listaxes definitivas de solicitudes e de exencións e sedes

Ven, 2024-04-12 09:42

Publicada a listaxe definitiva de solicitudes e a resolución definitiva de exencións para as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior na convocatoria ordinaria 2024.

Publicadas instrucións e a asociación de centros e sedes para a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior na convocatoria ordinaria 2024.

BECAS MEC 2024/25

Mar, 2024-03-19 19:44

Hoxe comezou o prazo para solicitar as becas MEC para Bacharelato e Formación Profesional. O prazo remata o 10 de maio ás 15:00

IMPORTANTE: solicita a beca independentemente de saber se vas superar o curso ou non, para que non se che pase o prazo no caso de que poidas optar a obtela.

Toda a información para facer a solicitude está no seguinte enlace:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050130/ficha/050130-2024.html

Licitación para a contratación dos servizos da cafetería do centro

Xov, 2024-03-14 13:48

Con data de 22/02/2024 publicouse no perfil do contratante da Plataforma de Contratos de Galicia (www.contratosdegalicia.gal) a licitación para a “Contratación da concesión dos servizos das cafeterías de 88 centros de ensino público da provincia de Pontevedra, dividido en 88 lotes, durante os cursos 2024/2025 e 2025/2026 mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria”.

No perfil do contratante atópase toda a información e a documentación para poder presentarse á licitación a través do SILEX (http://www.conselleriadefacenda.es/silex).

O prazo para a presentación de ofertas remata o 20/03/2024 ás 14:00 h.

O inicio do contrato está previsto para o 01/09/2024, e durará 2 cursos académicos 2024/2025 e 2025/2026, coa posibilidade de prórroga por outros 2 cursos académicos máis.

As condicións da licitación atópanse recollidas nos pregos da licitación (Prego de cláusulas administrativas e Prego de Prescripcións técnicas) do arquivo adxunto (en formato .zip para a descarga) desta publicación, xunto cos anexos da licitación.

NOVO HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO EN SECRETARÍA

Ven, 2024-03-08 20:54

O horario de atención ao público na Secretaría do centro queda modificado para engadir unha hora polas tardes. O novo horario é o seguinte:

9:30 - 13:30

18:00 - 19:00

Iniciar sesión

  Biblioteca           

by Dr. Radut