Skip to Content

Lingua Galega

Poemas do Día da Paz

Este ano, o noso estudantado elaborou un conxutno de poemas para o Dia da Paz. Para facelo, Delio tivo a colaboración da docente Lucila para guiar as nosas e os noso poetas:

 
 
 
 

Visita virtual exposición Galicia, de Nós a nós

 

O departamento de Lingua Galega e Literatura do IES Ribeira do Louro organizou o pasado mes de novembro unha visita virtual á exposición “Galicia, de Nós a nós”, na Cidade da Cultura, á que asistiu todo o alumnado de 4º da ESO.

A mostra, a máis completa e ambiciosa sobre a Xeración Nós das realizadas ata o momento, conmemora o centenario da publicación da revista Nós (1920-2020) e pon de relevo o papel que xogaron na cultura galega tanto a dita publicación como os seus impulsores.

As explicacións do guía da exposición contribuíron a afondar na aprendizaxe significativa do alumnado. Así, aquelas alumnas e alumnos que leran durante o mes de outubro Arredor de si, unha das obras de lectura propostas para o primeiro trimestre, puideron visualizar o mapa de Fontán e comprender mellor o que significa para Adrián Solovio descubrir Galiza no debuxo exacto do país.

Ademais de profundar en cuestións xa traballadas durante as aulas, a visita virtual botou luz sobre datos que non adoitan figurar nos libros de texto e que sorprenderon moito ao estudantado, como o feito de que a primeira tese de doutoramento sobre a lingua galega fora presentada en Berlín en 1935 e que estea asinada por unha das tres mulleres que contou con artigos de seu na revista Nós, Margot Sponer, estudosa alemá asasinada pola Gestapo nas vésperas da finalización da Segunda Guerra Mundial.

 

En definitiva, esta visita virtual foi unha experiencia moi didáctica e amena que, a través dos recursos audiovisuais empregados para presentar o contexto sociohistórico e sociolingüístico da Xeración e o Grupo Nós, contribuíu a que o alumnado enriquecese a súa visión da cultura galega.

Boa entrada no 2021!

Vendo como foi este ano, para contrarrestar, decidimos acabalo cantando. Anímate e canta con nós. Preme nos enlaces e visualiza os noso vídeos:

1eiro ESO B

1eiro ESO D

Se queres cantar con nós, tes as letras nos seguintes enlaces:

Volver a casa por Nadal

Aguinaldo

Tres reis en bicicleta

Con un sombreiro de palla

Anímate!!!

 

Manifesto 25 N

Como nos últimos cursos, o estudantado de Oratoria de 1eiro da ESO leron un manifesto para denunciar a violencia que sufrimos as mulleres polo simple feito de sérmolo.

Foi un bontio acto, a pesar de ter que chegar ao conxunto do centro por vídeo-conferencia. Deixámosvos aquí o noso manifesto.

Oxalá tivesemos que deixar de recordar esta data porque xa a igualdade estivese alcanzada!

Distribuir contido

Iniciar sesión

  Biblioteca           



by Dr. Radut