try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

blogue dedominguezportela

Festa das Letras

Este ano 2021, homenaxéase a poeta Xela Arias no Día das Letras. No noso centro, fixemos unha serie de actividades para que todo o estudantado participase e se achegase a esta figura de sumo interese.

Primeiro e Segundo da ESO fixeron un traballo de escolla dun poema da autora que lle gustase ou interesase a cadaquén que acompañarían cunha imaxe significativa.

O estudantado de Oratoria presentounos a todo o centro a vida e obra de Xela Arias.

O estudantado do club de lectura fixo un traballo de autorretratos co motivo de Xela Arias.

Ademais de asistir a un obradoiro de cómic.

Terceiro da ESO participou nun obradoiro sobre Xela Arias guiado pola poeta Lara Dopazo Ruibal, organizado pola AELG.

O estudantado de 4º da ESO fixo unha acción poeta de ocupar parte do espazo común do centro (paredes, ventás... ) con textos da autora:

Celebramos tamén un concurso de marcapáxinas co tema único de Xela Arias: aquí podedes ver as tres gañadoras.

E o estudantado de 1eiro de BAC elaborou suxestivos vídeopoemas que podedes ver no Instagram do centro.

Concurso Letras Galegas: marcapáxinas

Para festexar este Día das Letras Galegas imos celebrar un concurso de marcapáxinas.

As bases son:

 

  1. Os marcapáxinas deberán estar ilustrados polas dúas caras.

  2. Poderán combinar texto e ilustración, sempre relacionados coa autora homenaxeada este ano nas letras glegas.

  3. Entregaranse na BIBLIOTECA do centro ata 14 de maio.

  4. Na biblioteca hai unha caixa para que depositedes os vosos marcapáxinas.

  5. Haberá tres premios, que se darán a coñecer o 21 de maio no recreo.

  6. Os tres marcapáxinas premiados levaranse á imprenta e as súas copias serán repartidas na biblioteca.

  7. Os marcapáxinas entregaranse nun sobre pechado, que leve dentro o nome e o curso do autor ou autora.

 

 

Día de Rosalía de Castro

Un ano máis o IES Ribeira do Louro homenaxea a Rosalía de Castro no seu día, o 24 de febreiro. Xa era tradición en anos anteriores celebrar a “Ruada Rosaliana”: un grupo de alumnos e alumnas, de todos os cursos, saían cantar os poemas rosalianos pola contorna a ritmo de alalá, valse, muiñeira, xota ou rap. Visitabamos o Centro de día, ACEESCA, o CPI Ribeira e mesmo cantabamos no Froiz, mentres a xente facía a compra, mais este ano, por razóns por todos e todas coñecidas, non puidemos facer esta andaina musical e decidimos gravar uns vídeos coas imaxes de anos anteriores e coa voz fresquiña deste ano. Ademais do Departamento de galego colaboraron coa celebración África do Departamento de música, Noa de PROA e Víctor cos alumnos e alumnas do Obradoiro de danza de 1º de ESO.

Aquí tedes os enlaces:

https://www.youtube.com/watch?v=QcaOK3qKsQg&t=11s

https://www.youtube.com/watch?v=m6oS0IJCvtg&t=5s

Fixemos, tamén, unha exposición na entrada do IES cos traballos do alumnado que foron convocados a participar baixo o lema “Un verso, unha imaxe”, onde cadaquén fixo seu un verso ou un poema de Rosalía e ilustrouno coa imaxe que lle suxería. E todos aqueles e aquelas que se achegaban a deixar os seus versos ilustrados non marchaban coas mans baleiras, porque os agasallabamos cuns versos da autora para que os fixese seus e os espallase cos demais “Rosalízate” foi a chamada que lanzamos este ano onde Rosalía, sempre con nós, fixo xa 184 anos e está máis viva ca nunca.

 

Boa entrada no 2021!

Vendo como foi este ano, para contrarrestar, decidimos acabalo cantando. Anímate e canta con nós. Preme nos enlaces e visualiza os noso vídeos:

1eiro ESO B

1eiro ESO D

Se queres cantar con nós, tes as letras nos seguintes enlaces:

Volver a casa por Nadal

Aguinaldo

Tres reis en bicicleta

Con un sombreiro de palla

Anímate!!!

 

Contacontos para as nenas e nenos de infantil

Durante o mes de marzo realizamos o estudantado de Oratoria de primeiro da ESO catro sesións de contacontos nos centros con infantil da contorna.

Estivemos nos CEIP Antonio Palacios, Ribeira e de Budiño, alén de na Escola de Infantil de Mosende. Foi unha experiencia moi bonita polo contacto (virtual) coas máis pequenas; pero tamén nos axudou a entender as dificultades de levar a cabo un espectáculo. Son tantos os factores que hai que ter en conta!!

Poemas do Día da Paz

Este ano, o noso estudantado elaborou un conxutno de poemas para o Dia da Paz. Para facelo, Delio tivo a colaboración da docente Lucila para guiar as nosas e os noso poetas:

 
 
 
 

Visita virtual exposición Galicia, de Nós a nós

 

O departamento de Lingua Galega e Literatura do IES Ribeira do Louro organizou o pasado mes de novembro unha visita virtual á exposición “Galicia, de Nós a nós”, na Cidade da Cultura, á que asistiu todo o alumnado de 4º da ESO.

A mostra, a máis completa e ambiciosa sobre a Xeración Nós das realizadas ata o momento, conmemora o centenario da publicación da revista Nós (1920-2020) e pon de relevo o papel que xogaron na cultura galega tanto a dita publicación como os seus impulsores.

As explicacións do guía da exposición contribuíron a afondar na aprendizaxe significativa do alumnado. Así, aquelas alumnas e alumnos que leran durante o mes de outubro Arredor de si, unha das obras de lectura propostas para o primeiro trimestre, puideron visualizar o mapa de Fontán e comprender mellor o que significa para Adrián Solovio descubrir Galiza no debuxo exacto do país.

Ademais de profundar en cuestións xa traballadas durante as aulas, a visita virtual botou luz sobre datos que non adoitan figurar nos libros de texto e que sorprenderon moito ao estudantado, como o feito de que a primeira tese de doutoramento sobre a lingua galega fora presentada en Berlín en 1935 e que estea asinada por unha das tres mulleres que contou con artigos de seu na revista Nós, Margot Sponer, estudosa alemá asasinada pola Gestapo nas vésperas da finalización da Segunda Guerra Mundial.

 

En definitiva, esta visita virtual foi unha experiencia moi didáctica e amena que, a través dos recursos audiovisuais empregados para presentar o contexto sociohistórico e sociolingüístico da Xeración e o Grupo Nós, contribuíu a que o alumnado enriquecese a súa visión da cultura galega.

Manifesto 25 N

Como nos últimos cursos, o estudantado de Oratoria de 1eiro da ESO leron un manifesto para denunciar a violencia que sufrimos as mulleres polo simple feito de sérmolo.

Foi un bontio acto, a pesar de ter que chegar ao conxunto do centro por vídeo-conferencia. Deixámosvos aquí o noso manifesto.

Oxalá tivesemos que deixar de recordar esta data porque xa a igualdade estivese alcanzada!

III Premio de teatro Roberto Vidal Bolaño

José Luís Baños de Cós é o gañador da terceira edición do premio literario Roberto Vidal Bolaño. Este é convocado polo noso centro. A súa coordinadora é a docente do departamento de Lingua e Literatura Galegas, Raquel Castro Martínez, alén de te-la colaboración do coordenador do Contrato Programa de Teatro do noso IES, Delio García Represas, tamén profesor de Lingua Galega e Literatura.

De estardes interesadas en ler máis sobre esta noticia, hai unha entrada na páxina inicial da web do IES Ribeira do Louro.

 

Distribuir contido