Skip to Content

Lingua Galega

Lingua e Literatura Galega

DEPARTAMENTO DE LINGUA E LITERATURA GALEGA

 

O profesorado do Departamento de Lingua Galega e Literatura no curso 2023-24: 

 

Raquel Castro Martínez (Coordinadora Biblioteca)

Soraya Domínguez Portela (Coordinadora do Departamento)

Delio García Represas  (Coordinador Grupo de Teatro)

Laura Iglesias Rodríguez (Coordinadora do EDNL)

Paz Fernández Pereiro

 

 

 Programación

 

Lexislación

 

 Recursos

 

8M, Día da Muller

Dende o departamento de Lingua Galega colaboramos nas actividades do 8M, singularmente, en dúas:

1. Unha charla sobre violencia de xénero desenvolvida por Noelia Míguez e á que asistiron 3eiro e 4º da ESO, 1eiro de Bacharelato, 2º curso das FPBásicas e CM de Comercio.

2. Unha actividade de reflexión sobre identidade e igualdade que desenvolveron todos os cursos na hora de titoría..

Día de Rosalía

Este venres 23 de febreiro festexamos o Día de Rosalía. Alén do traballo que fixemos na aula de coñecemento desta figura piar da nosa cultura e identidade, o estudantado participou en dúas actividades:

1. Ruada rosaliana: a profesora Raquel en coordinación cos docentes África e Víctor do departamento de música prepararon a representación musical de varios poemas da autora. Participaron o estudantado de música e o voluntariado da Biblioteca. Foron polos diferentes centros educativos da nosa parroquia, Torneiros; polo Centro de Día, por ACESCA, polo supermercado que temos en fronte do noso centro e, finalmente, actuaron no noso instituto. Ata nos deleitaron con bailes!

2. O estudantado de terceiro da ESO participou nunha actividade organizada polos EDNL dos centros educativos do noso concello no que se homenaxeou a figura de Rosalía de Castro. Participaron na actividade as docentes Laura (coordenadora do EDNL do noso centro) e Paz. Ademais, impulsaron a campaña de Aquí fálase galego.

Ademais, o estudantado de FPBásica de Mantemento fixo unha investigación coa docente Soraya sobre os lugares e edificios chave na vida de Rosalía de Castro. A partir dese traballo, elaborou uns cartaces que compartiu con toda a comunidade educativa.

Saída ó teatro: Apaga o Candil, de Cándido Pazó

O alumnado de 1º Bacharelato do noso centro desprazouse o pasado martes 16 de xaneiro ao Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas para asistir á representación teatral da obra Apaga o candil, de Cándido Pazó (na fotografía, xunto a tres dos nosos estudantes). A obra é unha homenaxe a Carlos Díaz O Xestal, un dos humoristas galegos máis populares dos anos 60 e 70, cunha historia persoal entre o éxito e a amargura. O noso alumnado quedou fondamente impresionado por esta peza, unha comedia dramática protagonizada por dous actores excepcionais, Avelino González e Toni Salgado, que manteñen un diálogo que evoca ao do Cabaleiro e a Morte na bergmaniana O Sétimo Selo.

Distribuir contido

Iniciar sesión

  Biblioteca           



by Dr. Radut