Xeografía e historia

Rematan dúas experiencias internacionais no Aguiar. Buon viaggio

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O venres 13 de  abril concluiron, por este curso, dúas interesantes experiencias de intercambio internacional que levou adiante o IES Francisco Aguiar.

Por unha banda,  nesa mañá a profesora Serena Partini, do Liceo Artístico Duccio di Buoninsegna de Siena, remata a súa experiencia de intercambio docente (job shadowing) asistindo ás clases e compartindo experiencias cos profesores Luisa Muiño, Jorge Blanco e José Antonio Varela.

Por outra, ben cedo, os 18 alumnos acompañados por  Silvia e Lina, as 2 profesoras do Liceo Scientífico Galileo Galilei, tamén de Siena, partiron para o seu país logo dun intenso intercambio escolar con 15 dos nosos alumnos que ao principio do curso próximo viaxarán a Siena.

 

A todos/as BUON VIAGGIO!

Visita do alumnado de 1º BAC. Casa Museo Emilia Pardo Bazán e Arquivo do Reino de Galicia

O 12 de abril, acompañados polas profesoras Concha Barrilero e Uxía Cagiao,  alumnos e alumnas de 1º BAC A, B e C visitarán, na cidade Vella de A Coruña estas dúas institucións de referencia: a Casa Museo Emilia Pardo Bazán e o Arquivo do Reino de Galicia

Comeza o intercambio escolar Aguiar/Galileo Galilei. Siena/Betanzos

O venres 6 de abril deu comezo o intercambio escolar que este curso (e ao inicio do próximo) realizaremos o IES "Francisco Aguiar" co Liceo Scientifico "Galileo Galilei" de Siena(Italia)

18 alumnos italianos acompañados polas profesoras Silvia  e Lina compartirán vida e experiencias entre os días 6 e 13 deste mes de abril con outros 15 alumnos e alumnas do noso centro.

No instituto recibímolos cun convite reparador de chocolate con churros ( levaban levantados dende a unha da madrugada) Os ceos galegos foron menos clementes e recibironos con tal cantidade de choiva que obrigou a pospoñer a visita ao Pasatempo, que ía ser guiada polo noso ex Ángel Arcay. No seu lugar demos un paseo máis ao resguardo pola cidade vella con pequena introducción no CIEC ( sempre amabilísimamente acollidos por María)

Tarde para reposar da viaxe e do madrugón e para ir coñecendo familias e localidade. 

O sábado temos permiso da autoridade pero, só se o tempo non o impide: comida de contraternización nos Caneiros.

Chegou aos nosos oídos... a publicación do primeiro número da revista dixital poliédrica de cultura galega, "Casa dos Espellos"

Chegou aos nosos oídos...a publicación do primeiro número da revista dixital poliédrica de cultura galega,  "Casa dos Espellos". Motivo iste  polo que cremos estar de noraboa xa que nela afóndase na liña de valoración do patrimonio  e porque a iniciativa parte dun grupo de ex alumnos e alumnas que son os que están detrás de tan interesante proxecto: Sara Fraga, Ángel Arcay, Daniel Lucas Teijeiro, Eduardo de la Fuente, Lucía Díaz...

https://casadosespellos.wordpress.com/2018/03/23/casa-dos-espellos-1-2018/

PARABÉNS!

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS... a nosa ex alumna Sara Fraga no V congreso "Entre Clío y Euterpe"

Chegou aos nosos oídos...a participación como poñente e moderadora da nosa ex alumna Sara Fraga no V Congreso "Entre Clio e Euterpe. Arte e Poder"

 O Evento terá lugar durante os días xoves 22 de marzo (Salón de Actos da Facultade de Filosofía da USC) e venres 23 de marzo (Aula 8 da Facultade de Xeografía e Historia da USC).

Xoves 22.

Ø13.15 – 13.30.  Sara Fraga Pérez (USC) Ponte traxe! Traballa coma un home, viste coma unha muller.

 

Ø 17.00. MESA IV -“Idade Moderna e lecturas da soberanía”. Modera: Dna. Sara Fraga.

 

 

PROGRAMA

https://entreclioyeuterpearteypoder.wordpress.com/programa/

Chegou aos nosos oídos...TFG sobre unha escola en Coiros da nosa ex Rebeca Miragaya

 

Chegou aos nosos oídos..que a ex alumna  do Aguiar Rebeca Miragaya presenta o seu TFG (Traballo de Fin de Grao) sobre a escola fundada pola Sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Coirós".

 Alegramonos por ela que completa tan brillantemente esta etapa da súa formación universitaria e porque o motivo do seu traballo de Fin de Grao conxuga varios temas que levamos traballando no Instituto Francisco Aguiar dende hai tempo:

Aproveitamos para convidar a Rebeca a compartir a súa investigación  coas novas xeracións.

PARABÉNS !

 


 

(enlace a 4 aldeas)

Seguimos falando da escola cos maiores

Logo de ter que suspender a charla cos maiores o pasado día 6 de febreiro por motivos de saude, retomamos neste mércores 21 de febreiro os diálogos interxeneracionais sobre a escola.

Desta volta participarán os grupos de ESO 2º C (a 3ª e 4ª horas) e ESO 2º D (a 5ª e 6ª horas) Charlarán sobre co grupo de maiores ( María, Isabel,Elías e  Dopico) sobre experiencias escolares que van dende a II República ata as escolas do franquismo. 

Chegou aos nosos oídos...Terceira entrega do Encontro de Teatro Afeccionado: "Enciclopedia Álvarez"

 

 

Chegou aos nosos oídos...que o sábado 17 de febreiro, ás 20 horas, terá lugar  a 3ª XORNADA DO IX ENCONTRO DE TEATRO AFECCIONADO DE BETANZOS 

A compañía "Colectivo Cultural Ollomao" de Barreiros (Lugo)   porá en escea a obra "Enciclopedia Álvarez"

Enciclopedia Álvarez é a historia de catro nenas e catros nenos sometidos á absurda e ilóxica "des-educación" da escola franquista. Os problemas de matemáticas aos que "lles faltan datos" ou están "mal planteados", as preguntas de catecismo que se contestan de determinada maneira "porque lo pone el libro", as clases de ximnasia impartidas por mutilados de guerra, as de "hogar" para as nenas a cargo de mulleres da Sección Femenina ou a visita do inspector de Falange, entre outras, poñen sobre o escenario algunhas das incoherencias máis notorias daquel sistema. Unha historia contada con humor, porque desde o humor é máis agradable exercer a sempre necesaria memoria histórica. Unha historia que nos axuda a comprender o absurdo dun sistema educativo autoritario e irracional. Un absurdo incrementado polo paso do tempo, pero que durante máis de corenta anos foi un dogma imposto pola forza.

 

Tendo en conta que o noso instituto está a traballar este curso (enlace) en colaboración con Afundación na experiencia piloto  interxeneracional titulada "Falamos da escola", o noso alumnado de 2º da ESO  foi convidado a asistir a esta representación. Seguros estamos de que han disfrutar da experiencia teatral a que nos convida a Agrupación Teatral Mariñán e o Colectivo Ollomao. 

Chegou aos nosos oídos...Xosé Luis Mosquera Camba reunindo imposibles verdadeiros

Chegou aos nosos oídos... unha nova andaina artística do noso compañeiro, profesor de Historia da Arte, Xosé Luis Mosquera Camba. Desta volta trae a casa unha exposición que previamente xirou en Portugal (enlace). Trátase dunha mostra de colaxes, "Musas: as mulleres fatais", concebidos como poesía visual, vén de se expoñer en Amarantes (distrito de Porto) comisariada por Antero Alda, poeta e fotógrafo portugués.

A exposición inaugúrase o luns 12 de febreiro , ás 20 horas, na Libraría Biblos de Betanzos

Estará disponible para os visitantes ata o vindeiro 5 de marzo.

Falamos da escola cos maiores do Centro de Afundación en Betanzos

 

Un ano máis o noso instituto traballa pola solidariedade interxeneracional colaborando co Centro de Envellecemento Activo de Afundación en Betanzos. Nos pasados dous cursos compartimos maiores e pequenos as experiencias sobre a emigración no programa "Fálame da emigración"

 

Neste  2018 (ademáis cun certo protagonismo porque foi grazas á idea e ao ofrecemento do noso profesor de Pedagoxía Terapeutica, Ramón Ferreño)  puxémonos a  lanzar unha nova experiencia piloto de “Fálame da escola” no IES Francisco Aguiar. A estrutura das sesións interxeneracionais replica as de “Fálame da emigración”: 

 

Na primeira sesión que terá lugar o venres 2 de febreiro (grupos A e B de 2º ESO) e o mércores 7 (grupos C e D de 2º ESO):

  • Veremos un video para contextualizar o tema
  • Despois daremos paso ás experiencias dos maiores sobre a súa escola.
  • Preguntas e debate.
  • Formación de pequenos grupos de alumnos e maiores para seguir afondando no tema.

Na segunda sesión( o 28 de febreiro e 2 de marzo):

  • Percorreremos maiores e alumnos a exposición preparada por Ramón Ferreño sobre a escola
  • Escoitaremos a investigación dos nosos alumnos sobre a escola dos seus pais, nais, avoas, avós...
  • Formaremos pequenos grupos de reflexión 
  • Conclusión final para pensar sobre a escola que queremos para o futuro.

Desenvolvemos o deseño e os materias do proxecto para o seu lanzamento neste curso 2018/2019 coa intención de implementar a experiencia a través da rede de Espazos +60 de Afundación e ofertala a outros IES de toda Galicia . 

 

 

Distribuir contido