Xeografía e historia

Saída didáctica ao Centro Arqueolóxico do dolmen de Dombate

11/03/2022 06:45
11/03/2022 12:15
Etc/GMT+2

Saída aos Caneiros con 1º de ESO C e D

28/01/2022 08:40
28/01/2022 12:15
Etc/GMT+2

Os grupos de 1º C e D sairán o venres 28 de excursión aos Caneiros.

Paseo por Betanzos y fiesta de Os Caneiros - Más rutas y menos rutinas

Maquetas. Clima de Galicia

O alumnado de 2º da ESO, dirixidos polo seu profesor Julián Ferrer,  participa, dende a materia de Xeografía,  no proxecto de Meteoescolas ( que coordina a profesora Pilar Vázquez Febreiro).

Desta volta aportan un traballo de elaboración de maquetas relativas ao clima de Galicia: dominios climáticos, mapas de frecuencia de precipitacións, comparación de frecuencia de nevadas en varios anos, mapas de oscilación térmica, climográmas de cinco estacións significativas, prospeccións de evolución do clima para futuros anos e caricaturas alusivas ao cambio climático....

Álbum: Curso 2021-2022 -> Maquetas de clima de Galicia

O cambio climático. Scratch de David Baladrón & Cia

"Énchenos de orgullo e satisfacción" ensinar esta presentación en Scratch como parte dun traballo de xeografía sobre o clima de Galicia.

David Baladrón responsable final deste traballo (pero formando parte dun grupo con Lucas Carro, Ángela Castro, Lois González, Nahuel Hornos e Ánxela Manigrasso), presentanos a súa visión con Scratch dunha caricatura sobre o cambio climático.

 

A imaxe orixinal é unha viñeta de Ramón na súa serie de Hipo, Popo, Pota y Tamo.

 

 

PD. O resto dos traballos presentarémolos en sucesivas entradas

Chegou aos nosos oídos...El Parque del Pasatiempo, por Angel Arcay et alia

Chegou aos nosos oídos .... a aparición dunha nova publicación sobre o Parque do Pasatempo. Tras dela, entre outros, o noso aprezado ex alumno, Angel Arcay Barral acompañado por dous fieis co-currantes a favor do Parque do Pasatempo : Yosu Duo e Josiño Souto.

Pero... ninguén mellor que Ángel para explicarnos alguns aspectos sobre a súa obra.

 

Quen é Angel Arcay?

Ángel Arcay Barral é un antigo aluno do IES Fco. Aguiar que despois estudou Historia e trata de vivir dela. A través da historia chegou ao mundo dos arquivos e da interpretación do patrimonio, que son as dúas cousas que lle dan de comer. Acaba de presentar un libro sobre o Pasatempo feito con dous amigos, Yosu Duo e Josiño Souto.

 

Por que o Pasatempo? 

Porque foi unha aventura que comezou José Souto fai case unha década, investigando algo aínda descoñecido, e ao que nos sumamos moita xente despois. Tiñamos a obriga de xuntar toda a información recollida nestes anos para poder presentarlla de forma coherente á xente. E non deixa de ser algo que facemos nos nosos ratos de ocio, polo que foi tamén unha maneira de levar mellor o encerro do 2020, compartindo investigacións e traballo con amigos, tanto os que asinan o libro, como os que colaboraron con el.

 

 

Como ves a situación do patrimonio no Concello e na bisbarra?

 

A nivel patrimonial Betanzos é unha gran potencia, pero considero que non se soubo vender para facer isto atractivo. E para min, que tamén son guía oficial de turismo, o patrimonio natural que hai na bisbarra é o complemento perfecto para un destino turístico que podería competir directamente cas grandes cidades, especialmente no turismo que virá cando desapareza a COVID-19.

 

 

Que dirías a autoridades e cidadáns respecto ao Pasatempo e ao Patrimonio en xeral?

 

Diríalle que se animen a coñecelo, porque é algo único no mundo e ten tantas posibles lecturas que seguro que lle acaban atopando interese por algún lado. Na Asociación de Amigos do Parque do Pasatempo(link) hai un grupo moi heteroxéneo de xente que nos permite apreciar o Pasatempo dende o punto de vista da historia, da arte, da educación, da arquitectura, da ética, da botánica e un longo etcétera. A figura do Pasatempo pode rachar ca imaxe que temos do patrimonio, quizáis máis estático e formal, porque permite centos de lecturas que se complementan unhas con outras.

 

 Só queda, pola nosa parte, dar grazas a Ángel polas súas palabras, polo seu libro e  pola súa dedicación ao estudo, divulgación e valoración do patrimonio betanceiro. 

 

Fotografías do alumnado de 1º BAC de intercambio coa vila italiana de Finale Ligure

Iremos colgando neste álbum da galería fotográfica, as instantáneas que nos chegan do alumnado de 1º BAC que, dende o 12 ata o 19 deste mes, está nun intercambio en Finale Ligure (Italia).

Álbum: Viaxes e intercambios 2019-20 -> Intercambio con Finale Ligure (Italia)

Intercambio dos IES Francisco Aguiar e IES Adormideras co instituto de Finale Ligure en Italia

Finale Ligure

 

 

Intercambio conxunto cun grupo do IES de Adormideras en A Coruña á vila de Finale Ligure.

 

Acompañan ao alumnado de Betanzos Carmen Suárez e Julián Ferrer.

 

Datas: saída o 12 de febreiro, retorno o 19 de febreiro.

 

IES Adormideras IES Francisco Aguiar

 

 

 

 

Fálame da Escola. Proxecto interxeracional co Centro de maiores da Fundación Abanca. Encontros co alumnado de 4º A e 4º B da ESO

falame da escola

 

 

 

 

Continuación dos proxectos de colaboración co espazo +60 de Afundación en Betanzos. Os maiores terán un encontro co alumnado de 4º A e B para contarlles as súas experiencias nunha escola que sen dúbida era moi diferente da época dos ordenadores e os móviles, aínda que igual de enriquecedora e formativa. 

Para observar críticamente e pensar acerca da sociedade que foi e a que nos toca vivir. 

Horarios da actividade:

Grupo  Horario
4º A ESO de 8:45 a 10:25
4º B ESO de 11:30 a 13:25

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido