Xeografía e historia

Memolria da VI Semana da Ciencia e da Tecnoloxía

Por fin, a MEMORIA  da VI Semana da Ciencia e da Tecnoloxía

Aproximación a linguaxe do cinema: "En Construcción", J.L. Guerín

Curso 2016-2017. Amablemente recibimos a invitación de participar no programa Cinema en Curso dos Plans Proxecta. Dificultades de organización e de persoas dispoñibles lévannos a unha colaboración máis reducida e fora do estricto Plan Proxecta.

O profesor Xosé Luis Mosquera Camba traballa cos seus alumnos e alumnas de 4º da ESO sobre Pierrot le Fou de J.L. Godard.

O pasado 8 de xuño continuando con este traballo reunimos ao alumnado de 4º da ESO do noso instituto para unha proxección moi especial.

Convocámolos no que pasa por ser a sala de cine máis antiga de España (XI.1882), o Cine Alfonsetti. O motivo era  o visionado dunha obra cinematográfica de primeira entidade: "En construcción" de J.L. Guerín.

Pese á esixencia da proposta, cremos poder dicir que o alumnado puido descubrir na proxección algúns do valores do cine que, por desgracia, quedan agochados con moita frecuencia no cine comercial que consumimos adoito.

 

En Construcción nos cuenta, o nos muestra, la demolición de un viejo edificio en el Barrio Chino de Barcelona. Pero más que ser un mero documento que registre ese proceso, es una metáfora sobre el paso del tiempo, sobre el cambio de siglo, sobre el efecto que esto tiene para las personas, centrándose en unos personajes que aparecieron por casualidad, que se cruzaron con la idea del cineasta de realizar una película.

El cineasta muestra su preocupación constante por el paso del tiempo, preocupación por lo que dejamos atrás, como dice Mª José Ferris Carrillo ‘‘[J.L. Guerín] es un visitador de tiempos y espacios…va en busca de lo efímero…’’. Guerín se interesa por capturar en el celuloide el ciclo vital del ser humano.

José Luis Guerín diluye la línea imaginaria que separa la ficción de la no ficción. Aunque el documental no sea un género propiamente, sino una amplia familia con múltiples ramificaciones, siempre se la ha entendido como la ‘‘antítesis de la ficción’’ , y es por eso que esa disolución de la frontera cobra mayor importancia.

El azar es un componente importantísimo en este filme. Desde el guión hasta el rodaje, el azar es el que va dirigiendo al equipo y al cineasta de un lugar a otro, de un personaje a otro, de una trama a otra. El propio Guerín dice ‘‘la experiencia que de verdad me interesaba era esa, partir sin un guión previo…’’ . A diferencia de otros documentales, como por ejemplo La Espalda del Mundo (2000) de Javier Cociera, En Construcción no parte ni de un guión ni de unas entrevistas previas con personajes pactados. Se busca la espontaneidad y el azar de lo cotidiano; sin embargo no puede separarse del género o del concepto documenta,l ya que ‘‘…habla de nuestro mundo, más concretamente del que estamos dejando atrás. ’’ 

Luis Deltell (enlace)

Se puxemos os alicerces para crear bos afeccionados ou non... diránolo o tempo

Chegou aos nosos oidos.... Xosé Luis Mosquera acada o premio de poesía de Carral

(picar na imaxe para acceder á noticia en prensa)

Chegou aos nosos oídos... que o nosos compañeiro o profesor de Historia da Arte, Xosé Luis Mosquera, volveu acadar o recoñecemento ao seu labor literario gañando  a vixésima edición  do certame de poesía Concello de Carral coa súa obra ‘Das árbores tropicais e do amor’.

O xurado destacou que a obra gañadora é un poemario “de grande orixinalidade que domina a tradición, mesmo a non convencional, e que recorre a unha linguaxe depurada para, a través dela, facer unha viaxe xeográfica e tamén emocional onde teñan cabida outras linguas e presenzas culturais de gran calado”.

PARABÉNS DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA PARA XOSÉ LUIS

 

Venres de remate da Semana da Ciencia e da Tecnoloxía

O xoves comemos pastas cociñadas en fornos solares e fresas con chocolate ; escoitamos música nos patios  da man dos nosos compañeiros e dos convidados de Boqueixón; volvemos a experimentar coa temperatura, a presión e a humidade; alucinamos coa impresora en 3D e cos campos magnéticos xiratorios; xogamos a unha Oca do máis científico; calculámoslles proporcións áureas aos compañeiros de 3º da ESO; e polo que poidese pasar, 1º de bacharelato e o alumnado do ciclo xuntáronse para unha charla e práctica sobre soporte vital.

E mentres todo isto estaba a ocorrer no Aguiar, 8 rapaces e rapazas participaban en Coruña na Olimpiada Matemática para 2º da ESO

Guay

O venres rematará esta Semana da Ciencia e da Tecnoloxía do Aguiar.

Nela sacamos a ciencia aos andeis e corridores do Instituto;

foron os alumnos e alumnas  explicaron os diversos procesos e mecanismos;  

quitamos o medo a que, por unha semana, houbese algo máis de ruido do habitual ( todo sexa pola ciencia);

CELEBRAMOS, ENTRE TODOS, A CIENCIA E A TECNOLOXÍA.

LISTOS PARA PREPARAR A VIIª EDICIÓN?

 

Saída didáctica. Santiago de Compostela e a Arte. 25.IV.2016

Como ven sendo tradicional, nesta parte final do curso o alumnado que cursa a materia de historia da Arte en 2º de Bacharelato cursa unha indispensable visita didáctica á cidade de Santiago de Compostela. Desta volta, protagonizan o evento un grupo numeroso acompañados polos seus profesores Xosé Luis Mosquera e Xan Munín.

O programa inclúe a visita aos principais monumentos da arte medieval e barroca da cidade, un percorrido polo trazado urbano,un achegamento á arte máis recente no CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea) e unha visita á obra do arquitecto Peter Eisenman, a Cidade da Cultura.

Testemuña fotográfica da visita xeográfica a Ferrol (7.IV.2017)

Que a visita a Ferrol dos alumnos de 2º BAC Xeografía foi un éxito; que se cumpliron os obxectivos didácticos; que, asemade, foi unha estupenda xornada de convivencia para rematar trimestre( o pasado 7 de abril).... dan conta as facianas sorrintes dos "meninos e meninas" participantes.Guiño

Xeografía urbana de Ferrol. Saída didáctica en 2º BAC

O venres 7 de abril o pequeno, pero escollido, grupo de alumnos e alumnas que cursan a materia de Xeografía este ano en 2º BAC, acompañados pola súa profesora Teresa Bellón, realizarán unha visita didáctica para coñecer a cidade de Ferrol. A visita inclúe un paseo xeográfico intenso por diversos barrios da cidade: Magdalena, Canido, Ferrol Vello. De seguro que servirá para descubrir unha cidade tan cercana como descoñecida para moitos.

Teñen previsto tomar o tren en Betanzos ás 11.05 e estar regreso á tardiña, arredor das 18.00 h.

Intercambio italiano. 2º día

No segundo día da convivencia co alumnado do Liceo Mazzatinti de Gubbio (Italia) os nosos alumnos e alumnas acompañarán aos seus correspondentes italianos a unha ruta polo Monumento Natural da Costa Dexo-Serantes.

Estarán tamén acompañados polos profesores italianos, Sabina e Angelo, e por dous dos nosos docentes Antonio e Chus Santamariña.

Tendo en conta o tempo reinante está tamén preparada, como alternativa, a visita ao CEIDA.

Poucas veces o desexo, "Bo día!" tivo tanto sentido.

14 marzo. Visita ao Museo de Arte Contemporánea en A Coruña

Como vén sendo habitual na programación do Departamento de Xeografía e Historia, o alumnado de 2º BAC que cursa a materia de Historia da Arte achégase ás tendencias máis actuais no mundo da arte a través dunha visita ao Museo de Arte Contemporánea que Unión Fenosa expón na Avenida de Arteixo de  A Coruña.

Na visita participarán alumnos e alumnas que cursan a materia de Historia da Arte nos grupos C,D,E de 2º BAC acompañados polo seu profesor Xosé Luis Mosquera e por Julián Ferrer.

Iniciarse no cine...con GODARD!

No presente curso o grupo A de 4º da ESO está a pafrticioar nun programa formativo paralelo aos plans Proxecta "cinema en curso". Trátase dun plan de achegamento ao cine e á súa linguaxe.  A formación implica o traballo sobre tres películas especialmente significativas ao longo do do curso e o seu visionado nunha sala de cine.

O inicio non puido ser máis esixente....nada menos que do director francés J.L. Godard, a película " Pierrot le Fou". O martes 17 os alumnos e alumnas de 4º A acompañados polo seu profesor X.L. Mosquera desprazaronse ata a sala do CGAI (Centro galego de Artes da Imaxe) en A Coruña para o visionado da dita película.  

Toda unha experiencia...cine sen "palomitas", cine para pensar en el cine, para aprender a súa linguaxe, cine para disfrutar doutro xeito.

Distribuir contido