Xeografía e historia

Visita de 2° de Bacharelato a Santa María do Azogue

O pasado luns 19 de decembro, o alumnado de 2º de Bach D da materia de Historia da Arte, acompañados pola súa profesora Teresa Bellón, realizaron unha visita guiada á igrexa betanceira de Santa María do Azogue.

O guía desta interesante visita foi Julián Ferrer, profesor de Historia do IES Francisco Aguiar durante moitos anos ata a súa recente xubilación.

Cunha amena explicación os alumnos/as souberon todo o relativo á pintura recentemente atopada no templo, tamén aprenderon múltiples curiosidades do seu impresionante retábulo, así como coñeceron en detalle o capitel, que en realidade é un calendario polas súas representacións simbólicas dos diferentes meses do ano. En vindeiras datas o resto do alumnado de Historia da Arte do instituto repetirá a experiencia.

 

Mosaicos bizantinos. 2º de ESO

O alumnado de Xeografía e Historia de 2º de ESO realizou unha actividade manual que consistiu reproducir ou imitar coa técnica do collage outra técnica decorativa, a do mosaico, neste caso, o bizantino.

Álbum: Curso 22-23 -> Mosaicos bizantinos - 2º ESO

Saída didáctica ao Castro de Viladonga

O Departamento de Xeografía e Historia organizou unha saída ao castro musealizado de Viladonga, en Castro de Rei (Lugo) o pasado 10 de maio.

Álbum: Curso 2021-2022 -> Excursión E1C/D ao castro de Viladonga

"Fálame da Emigración". Proxecto interxeneracional co Centro de maiores da Fundación Abanca. Encontros co alumnado de 4º de ESO

29/04/2022 10:35
29/04/2022 12:15
Etc/GMT+2

Este venres finaliza o proxecto de colaboración coa fundación Abanca, no marco do proxecto interxeneracional "Fálame da emigración".

Hoxe será o turno de E4C e 4D.

Saída didáctica ao Castro de Viladonga (II)

10/05/2022 06:30
10/05/2022 12:15
Etc/GMT+2

Os grupos de 1º de ESO A e B visitarán o venres 10 de maio o Castro de Viladonga.

Saída didáctica ao Castro de Viladonga

03/05/2022 09:30
03/05/2022 15:45
Etc/GMT+2

Os grupos de 1º de ESO C e D visitarán o venres 3 de maio o Castro de Viladonga.

"Fálame da Emigración". Proxecto interxeneracional co Centro de maiores da Fundación Abanca. Encontros co alumnado de 4º de ESO

23/03/2022
Etc/GMT+2
    

 Os pasados días 14,17 e 18 de marzo o Departamento de Xeografía e Historia, en colaboración con Afundación-Abanca, e coordinado pola súa profesora Teresa Bellón, retomou co alumnado de 4º de ESO os encontros cos maiores de Betanzos. Este ano a temática escollida é a emigración. Realizáronse catro encontros de dúas sesións cada un (un encontro por cada grupo de 4º). Nos encontros, as emigrantes retornadas compartiron cos estudantes a súa experiencia vital. Xa na rolda de preguntas descubrimos como algúns dos nosos alumnos eran portadores de historias non menos interesantes neste ámbito. Todo isto terá continuidade nun segundo encontro a finais do mes de abril no que os estudantes tras unha pequena investigación na súa contorna máis próximo serán os protagonistas.

Visita a Compostela

29/03/2022 06:45
29/03/2022 16:00
Etc/GMT+2

O 29 de marzo as alumnas e alumnos de Historia da Arte visitarán Compostela para coñecer as principais manifestacións artísticas de Compostela e recoñecer a importancia artística compostelá no contexto peninsular e europeo.

Telediario 1: El Pórtico de la Gloria desvela su policromía original | RTVE  Play

Fotos da saída didáctica ao Centro Arqueolóxico do dolmen de Dombate, 18 de marzo.

 

O pasado 18 de marzo os grupos de 1º de ESO A e B visitaron o Centro Arqueolóxico de Dombate, onde coñeceron un dos dólmenes máis famosos de toda a Galiza e desfrutaron de obradoiros de arqueoloxía experimental.

 

Saída didáctica ao Centro Arqueolóxico do dolmen de Dombate (II)

18/03/2022 06:45
18/03/2022 12:15
Etc/GMT+2

 

Os grupos de 1º de ESO A e B visitarán o Centro Arqueolóxico do Dolmen de Dombate (Cabana de Bergantiños) para coñecer o emblemático mégalito e coñecer mellor o xeito de vida das poboacións prehistóricas na actual Costa de Morte.

 

CENTROS DE INTERPRETACIÓN CENTRO ARQUEOLÓXICO DO DOLMEN DE DOMBATE EN  CABANA DE BERGANTIÑOS A CORUÑA - GALICIA

Distribuir contido