Falamos da escola cos maiores do Centro de Afundación en Betanzos

 

Un ano máis o noso instituto traballa pola solidariedade interxeneracional colaborando co Centro de Envellecemento Activo de Afundación en Betanzos. Nos pasados dous cursos compartimos maiores e pequenos as experiencias sobre a emigración no programa "Fálame da emigración"

 

Neste  2018 (ademáis cun certo protagonismo porque foi grazas á idea e ao ofrecemento do noso profesor de Pedagoxía Terapeutica, Ramón Ferreño)  puxémonos a  lanzar unha nova experiencia piloto de “Fálame da escola” no IES Francisco Aguiar. A estrutura das sesións interxeneracionais replica as de “Fálame da emigración”: 

 

Na primeira sesión que terá lugar o venres 2 de febreiro (grupos A e B de 2º ESO) e o mércores 7 (grupos C e D de 2º ESO):

  • Veremos un video para contextualizar o tema
  • Despois daremos paso ás experiencias dos maiores sobre a súa escola.
  • Preguntas e debate.
  • Formación de pequenos grupos de alumnos e maiores para seguir afondando no tema.

Na segunda sesión( o 28 de febreiro e 2 de marzo):

  • Percorreremos maiores e alumnos a exposición preparada por Ramón Ferreño sobre a escola
  • Escoitaremos a investigación dos nosos alumnos sobre a escola dos seus pais, nais, avoas, avós...
  • Formaremos pequenos grupos de reflexión 
  • Conclusión final para pensar sobre a escola que queremos para o futuro.

Desenvolvemos o deseño e os materias do proxecto para o seu lanzamento neste curso 2018/2019 coa intención de implementar a experiencia a través da rede de Espazos +60 de Afundación e ofertala a outros IES de toda Galicia .