1º ESO

Plan Municipal de Prevencion de Condutas adictivas. Alcohol e Tabaco

 

 

Un ano máis, os días 12 e 18 do mes de maio, e coa colaboración do Concello de Betanzos, o psicólogo Juan Carlos Prados  diríxese ao noso alumnado de 1º e 2º da ESO para falar de prevención de condutas adictivas. 

Este ano os centros de interese serán o alcohol e o tabaco. 

Obradoiro de Radio. As letras galegas de Carlos Casares 15.V.2017

A colaboración entre o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, que dirixe Xan Munín,  e o Concello de Betanzos ,dan como resultado a celebración no noso Instituto dun obradoiro de radio. Terá lugar o 15 de maio en plena conmemoración da semana da Letras Galegas. 

Un ano máis o alumnado de 1º da ESO terá a magnífica oportunidade de disfrutar e aprender sobre a persoa homenaxeada nas Letras Galegas e facelo de xeito que sexa tamén un achegamento ao mundo da radio da man de Lucía Abarrategui ( ex do Aguiar) e Sergio Pascual.

 

XI Feira Matemática. 22.IV.2017

O sábado 22 de abril, 17 alumnos e alumnas do Aguiar, acompañados polos profesores Cheché Varela e Diego Félix Armesto,  estan a participar durante toda a xornada na XI Feira Matemática que se celebra nas instalacións de Palexco en A Coruña.  

Sudokus xigantes, xogos matemáticos e hipercubos son algunhas das aportacións do noso alumnado e profesorado á Feira. 

GONZALO MOURE VISITA O AGUIAR. 3.IV.2017

Un ano máis Gonzalo Moure quixo compartir algúns minutos co noso alumnado, cos lectores de "Palabras de Caramelo" e "Los caballos de mi tío".

Chegou cando estabamos repoboando co noso movemento e o sonido de palabras e risas o Salón de Actos logo dunha fin de semana en silencio. Alto e da barba cana, pedíu quedar de pé xunto ao estrado. Sentar, se cadra, nunha esquiña da propia mesa do conferenciante porque, confesou, así podía salvar mellor o obstáculo visual da columna, que recordaba, do noso "peculiar" Salón de Actos.

Logo, coa súa característica voz profunda dirixíuse a todos nós e aprendimos...

Que o amor está feito de cousas inexplicables, sexa o Sahara ou a persoa máis especial da nosa vida.

Que os animais teñen poderes que os homes non temos...pero que carecen da capacidade de contarllo a outros como facemos os humanos.

Que Gonzalo ten unha cadela filósofa que cada mañá procura un lugar para mirar o infinito mar na raia entre Asturias e Galicia.

Que procurar que os saharahuis teñan bibliotecas é o mellor modo de traballar pola súa dignidade.

Que os libros ás veces escríbense (ou nolos escribe a vida) rápidamente e outras veces requiren un grande traballo

 

 

"Sabah el ful u iasimín". Gonzalo Moure volve visitar o Aguiar

O vindeiro luns 3 de abril a primeiriña hora, o noso instituto volverá iluminarse e caldearse coa presenza e a palabra cautivadora de Gonzalo Moure. O autor de dúas das obras que máis gustan ao noso alumnado dende hai varios anos ( "Palabras de caramelo" e "Los caballos de mi tio") visitará ao noso alumnado de 1º da ESO para manter con eles unha charla no Salón de Actos. 

Recuperamos dunha das súas visitas (a de 2015) a seguinte historia:

En el Sáhara, en los Territorios Liberados del Sáhara Occidental, (...) todavía se comparte el agua, la hierba, la leche, el fuego, la carne, la jaima. Una tierra en la que los ancianos más sabios no se conforman con darte los buenos días con una fórmula cortés, sino que te desean Sabah eljer, una mañana de bienes, Sabah el nor, una mañana de luz del amanecer, y… ¡Sabah el ful u iasimín! 

Así me saludó una mañana, hace un par de meses, Belga, uno de los más hondos y fascinantes sabios saharauis vivos. Volvía de detrás de unas rocas y aún traía en su mano un poco de arena, de la arena que le gusta acariciar e investigar cada vez que llega a un lugar nuevo. Sabah el ful u iasimín. El "ful" me sonaba a comida, a legumbres, a lentejas o garbanzos tal vez. Pero ¡Iasimín! ¡Los jazmines, sin duda! Alguien me había saludado así una mañana en Smara, pero los campamentos están contaminados  por la prisa, y no le di importancia ni me paré a pensar. Pero Belga y yo estábamos en lo más profundo de la badía, donde las horas son siglos y los siglos nada. Así que seguí con mi paseo, pensando en el saludo de Belga, y comprendiendo por fin que me preguntaba por los garbanzos y los jazmines, que me deseaba una mañana de garbanzos y jazmines, que quería que mi vida material fuera buena, pero también la vida de mi espíritu. Quería decirme así Belga que la vida no es solo lo material, ni la riqueza; que la vida son también los jazmines, los aromáticos jazmines del jardín del alma.

 

Pois así sexa, lectores e lectoras da nosa web. Desexamosvos de corazón: Sabah el ful u iasimín

 

E como recentemente temos versión cinematográfica de "Palabras de caramelo" , deixamos aquí o trailer á espera de poder disfrutar por completo da cinta

 

Amadeo Cobas encóntrase cos lectores de 1º da ESO

Como cada ano, o Departamento de Lingua Galega e Literatura organiza un encontro dos seus alumnos cos autores dalgúns dos libros propostos para lectura nos diversos cursos. 

Este ano o primeiro autor que nos visitará é Amadeo Cobas. Este autor, natural de Noia, falará co alumnado de 1º da ESO sobre o seu libro titulado "A cacería". Esta obra foi gañadora do certame "Cidade Centenaria" de Ribeira.

Dun autor que manifestou que manifestou que "a escritura nunca foi nin estñá a ser unha profesión, trátase dun  regalo",  agardamos un estimulante encontro.

Carreras con Scratch en Programación 1º de ESO

Dentro do proxecto "carrera de autos" comprácenos publicar uns proxectos destacados pola súa execución ou a súa orixinalidade. Agardamos que vos gusten.

 

por Pablo Ferreiro Gil 1º A ESO

por Lucía Caldeiro Veiga 1º B ESO  e Sofía Veiga García 1ºD ESO

Diálogos Scratch 2017 continuación

Continúo correxindo os traballos de 1º e 2º da ESO de Programación. Qué falaran Galileo e Einstein na porta do instituto? ou por dónde subirían Can e Micho para chegar ata a praza do Concello? Con todo o material que atopo, haberá terceira entrega de Diálogos 2017? Quén sabe?

 

 

 

 

Autores: Samuel Rodriguez, Telmo Brea, Gabriel Blanco, Mateo Romay, Álvaro García e Pablo Ferreiro

Diálogos con Scratch 1º de ESO 2017 (primeira escolma)

O alumnado de 1º e 2º da ESO vén de presentar os seus traballos de Diálogos co software Scratch dentro da materia optativa Programación. Imposible non compartir algún deles con toda a comunidade educativa. Agardo que desfrutedes deles tanto coma o fago eu cando, orgullosa, os corrixo. Velaquí unha primeira escolma. De seguro que haberá máis.

 

 

 

 

Autores/as: Nuria Beiro, Nerea Bello, Patricia Campos González, Antonio Casariego, Alba Fachal e Brais Fernández

Distribuir contido