GONZALO MOURE VISITA O AGUIAR. 3.IV.2017

Un ano máis Gonzalo Moure quixo compartir algúns minutos co noso alumnado, cos lectores de "Palabras de Caramelo" e "Los caballos de mi tío".

Chegou cando estabamos repoboando co noso movemento e o sonido de palabras e risas o Salón de Actos logo dunha fin de semana en silencio. Alto e da barba cana, pedíu quedar de pé xunto ao estrado. Sentar, se cadra, nunha esquiña da propia mesa do conferenciante porque, confesou, así podía salvar mellor o obstáculo visual da columna, que recordaba, do noso "peculiar" Salón de Actos.

Logo, coa súa característica voz profunda dirixíuse a todos nós e aprendimos...

Que o amor está feito de cousas inexplicables, sexa o Sahara ou a persoa máis especial da nosa vida.

Que os animais teñen poderes que os homes non temos...pero que carecen da capacidade de contarllo a outros como facemos os humanos.

Que Gonzalo ten unha cadela filósofa que cada mañá procura un lugar para mirar o infinito mar na raia entre Asturias e Galicia.

Que procurar que os saharahuis teñan bibliotecas é o mellor modo de traballar pola súa dignidade.

Que os libros ás veces escríbense (ou nolos escribe a vida) rápidamente e outras veces requiren un grande traballo