1º ESO

Paisaxes animados con Scratch 1ºESO

Dende a Asignatura Programación de 1º da ESO comprácenos compartir unha mostra do proxecto "Paisaxe Animado" que realizamos na primeira avaliación. O elexido para mostra é o exercizo de Áriel Martinez Cancio que debuxou e animou unha biblioteca con libros voadores, plumas bailarinas e falantes, e imaxinación a raudales. Todos os debuxos son orixinais e feitos "a rato" (con todo o mérito que eso tén). Agardamos que vos guste e serva tamén coma "Animación á lectura" Guiño.

Preme na bandeira para comezar.

 

Carmen Núñez

 

 

"Leoa" de outubro 2015. Grrrrrrr!

 

De quen moito zampa díse "zampón", de quen moito chapa, "chapón". A quen lle gustan as lambetadas dicímoslle "lambón" e do que papa en exceso ou é un  pouco simple de máis dicimos que é un "papón"...

Daquela...a Biblioteca "Sebastián Buedo" do IES Francisco Aguiar ven de crear un prestixioso premio  para recoñecer ao alumno ou alumna que cada mes leve máis libros en préstamo e os lea.  Lóxicamente de quen máis lea dirase que é un  "león" ou "leoa".

A primeira persoa que mereceu esta honra, e polo tanto entra nos anais do noso Instituto e Biblioteca, é a alumna de 1º da ESO:

Vanessa Cachaza Grill, "leoa de outubro 2015"  Grrrr!

Descubrindo a natureza próxima: Monte do Gato. 21 e 23 de outubro

 

 

Un ano máis o departamento de Educación Fisica promove unha actividade de descubremento da natureza próxima, de convivencia e de coñecemento do propio corpo. Trátase dunha rota de sendeirismo que se desenvolverá nun paraxe moi cercano pero, cecais, descoñecido o Monte do Gato no Concello de Coiros.

O 21 de outubro será o alumnado de ESO 1º C e D quen disfrute da exeriencia. Despois, o venres 23, tocará o truno ao alumnado dos grupos A e B de 1º da ESO

9.VI.2015. Andaina polo Camiño de Santiago. Breamo-Betanzos

O martes 9 de xuño o alumnado de 1º da ESO dos grupos A e B iniciaranse nas andainas polo Camiño Inglés a Santiago de Compostela. Concretamente realizarán o precioso tramo dende Breamo, pertiño de Pontedeume, ata Betanzos acompañados polos profesores Pancho Sánchez, Javier Feliz e como "guía emérito" polo inciador destas andaitas, Tino Chao. 

 

Agardan iniciar a camiñata sobre as 9.20 na fermosa capela románica de San Miguel de Breamo. Ás 13 horas está prevista a chegada a Miño con parada para comer e reparador descanso na Praia Pequena. Ás 15 horas reanudarase a andaina para chegar ao noso instituto arredor das 18.00 horas,  cansados pero, estams seguris que felices pola experiencia de esforzo e convivencia.

Sabah el ful u iasimín. Crónica da visita de Gonzalo Moure. 11.03.2015

        Convocados polo Departamento de Lingua e Literatura Castelá,  encheu o Salon de Actos unha ruidosa morea de rapaces e rapazas de 1º da ESO. Viñan do primeiro recreo da mañá coa algarabía "posta"...¡e a que volumen! Pero tamén viñan coa ilusión e a emoción de coñecer ao escritor que os engaiolara con "palabras de caramelo" e cos "caballos de mi tio".

        O balbordo foi serenando pouco e pouco. A presentación de Francisco Rodríguez Coloma foi seguida por unhas palabras de Gonzalo Moure. Logo,  unha incesante batería de  preguntas curiosas e intelixentes dos alumnos de primeiro: Cando comezou a escribir? Puxéronlle dificultades os seus pais para facelo? Cantos idiomas coñece? Gústanlle os cabalos? Como xurdíu o libro de "Palabras de Caramelo"? Como é o Sahara por dentro? Cal é o seu personaxe favorito? Estivo algunha vez namorado?"

        Ao fío das preguntas, Gonzalo Moure foi desgranando o seu maxisterio. Maxisterio como escritor pero máis aínda maxisterio de humanidade e proximidade.

        Explicounos que a escritura, a novela a poesía, é un laboratorio. un laboratorio que os seres humanos creamos para pensarmos distintos, mesmo mellores. Que a humanidade progresou grazas á novela, ás distintas formas nas que nos atrevemos a  pensarnos.

        Coñecimos as súas primeiras letras, cando aínda era un neno que perdera o autobús escolar. Daquela escribíu unha palabras que poderían describir a vida de tantos de nós: Soy unha vulgar caña que navega río abajo por un cauce de piedras y se engancha en todas las ramas.

         Descubríunos que o interior do Sáhara é poesía. Que foron os poetas os que fixeron tomar conciencia aos seus habitantes de canto lles unía.

         Relatounos o pracer de durmir ao raso co único teito das estrelas do deserto.

        E contounos unha vivencia da súa estancia no Sáhara  que nos deixou un fermoso saúdo. Máis deixemos que sexa él quen nolo conte:

En el Sáhara, en los Territorios Liberados del Sáhara Occidental, (...) todavía se comparte el agua, la hierba, la leche, el fuego, la carne, la jaima. Una tierra en la que los ancianos más sabios no se conforman con darte los días con una fórmula cortés, sino que te desean Sabah eljer, una mañana de bienes, Sabah el nor, una mañana de luz del amanecer, y… ¡Sabah el ful u iasimín!

Así me saludó una mañana, hace un par de meses, Belga, uno de los más hondos y fascinantes sabios saharauis vivos. Volvía de detrás de unas rocas y aún traía en su mano un poco de arena, de la arena que le gusta acariciar e investigar cada vez que llega a un lugar nuevo. Sabah el ful u iasimín. El fulme sonaba a comida, a legumbres, a lentejas o garbanzos tal vez. Pero ¡Iasimín! ¡Los jazmines, sin duda! Alguien me había saludado así una mañana en Smara, pero los campamentos están contaminados  por la prisa, y no le di importancia ni me paré a pensar. Pero Belga y yo estábamos en lo más profundo de la badía, donde las horas son siglos y los siglos nada. Así que seguí con mi paseo, pensando en el saludo de Belga, y comprendiendo por fin que me preguntaba por los garbanzos y los jazmines, que me deseaba una mañana de garbanzos y jazmines, que quería que mi vida material fuera buena, pero también la vida de mi espíritu. Quería decirme así Belga que la vida no es solo lo material, ni la riqueza; que la vida son también los jazmines, los aromáticos jazmines del jardín del alma.

 

Pois así sexa, lectores e lectoras da nosa web. Desexamosvos de corazón: Sabah el ful u iasimín

Encontro do alumnado de 1º da ESO co escritor Gonzalo Moure. 11 de marzo 2015

Mañá, mércores 11 de marzo, recibimos un ano máis a visita no IES Francisco Aguiar do escritor Gonzalo Moure.

O noso alumnado de 1º da ESO lé e disfruta co seu libro "Palabras de Caramelo". Agora terán a ocasión de coñecer ao autor e conversar con él nun encontro que terá lugar a partir das 10,30 no noso Salón de Actos

Xunto á obra citada o equipo da Biblioteca non perde a ocasión para revisar os títulos que están á disposición dos lectores na Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez do noso IES.

Recoméndannos a lectura de "En un bosque de hoja caduca", Anaya, Madrid, 2006, 118 páxinas.[NC MOU enu] Novela, fermosamente ilustrada por Encarna León, que obtivo o III Premio Anaya de Literatura Infantil e Xuvenil.

24 febreiro. Navega con Rumbo

Organizadas polo Departamento de Actividades Complementarias e Extraescolares o martes 24 de febreiro terán lugar dúas sesións de traballo da actividade "Navega con Rumbo" que , nesta ocasión,  coordinará Marisé Fandiño.

Trátase dunha iniciativa para educar no uso de internet insistindo na importancia da seguridade . Está destinada ao alumnado de 1º ESO e terá lugar a 2ªhora con ESO 1º A e D  e  a 4ª hora con ESO 1º B e C.

Pódense ver on line ou descargar as guías deste curso para alumnado, nais e pais e profesorado premendo na imaxe correspondente

Imaxes da charla. Éxito de interese e preguntas dos rapaces e rapazas de 1º. Proposta da poñente para facer extensiva a experiencia aos pais e nais.

Distribuir contido