24 febreiro. Navega con Rumbo

Organizadas polo Departamento de Actividades Complementarias e Extraescolares o martes 24 de febreiro terán lugar dúas sesións de traballo da actividade "Navega con Rumbo" que , nesta ocasión,  coordinará Marisé Fandiño.

Trátase dunha iniciativa para educar no uso de internet insistindo na importancia da seguridade . Está destinada ao alumnado de 1º ESO e terá lugar a 2ªhora con ESO 1º A e D  e  a 4ª hora con ESO 1º B e C.

Pódense ver on line ou descargar as guías deste curso para alumnado, nais e pais e profesorado premendo na imaxe correspondente

Imaxes da charla. Éxito de interese e preguntas dos rapaces e rapazas de 1º. Proposta da poñente para facer extensiva a experiencia aos pais e nais.