1º ESO

SOLIDARIO-CROSS INTERCENTROS DE NADAL

 

O mércores 20 DE DECEMBRO  o alumnado de 1º da ESO participará nunha carreira solidaria xunto co alumnado dos veciños,   colexio Vales Villamarín e instituto de As Mariñas. Trátase dunha iniciativa deportiva, e á vez  solidaria , na que se colaborará coa Cruz Vermella de Betanzos. 

Consistirá nun percorrido por unha pista habilitada na zona do Carregal na que os participantes poñerán o seu entusiasmo i esforzo e poderán tamén donar productos de limpeza e hixiene básica que Cruz Vermella distribuirá entre persoas que o necesiten na bisbarra de Betanzos. 

Verán loco. Despedida de Programación 1º e 2º da ESO 2016/2017

Dende o a materia de Programación 1º e 2º de ESO queremos despedir este curso académico compartindo un dos Proxectos finais máis destacados do ano e que, precisamente, fala de planes para o verán. Felicitacións a todos os alumnos/as que neste curso vos iniciástes no mundo da programación informática. Foi un pracer traballar con vós. Sodes uns campeóns, aínda que nos queda moito por pensar, desenrolar e aprender.

Felicitacións tamén ao creador deste proxecto final, Pablo Ferreiro de 1º A da ESO. Desfrutade, tanto os que aprobaron todo coma os que lles queda traballar un chisco, deste verán loco.

Matrícula para 1º ESO. 3 xullo.

(en horario de 9:30 a 13 h):

 

Para cursar 1º ESO:     03 de xullo

 

Neste período unicamente se pode matricular o alumnado que  aprobase todas as asignaturas ao remate do curso en  xuño. 

 

Máis información no teléfono do Xentro: 881 960 165 

 

reflexionando sobre o acoso. Proxecto colaborativo e teatral.

"Enchenos de orgullo e satisfacción" ( que diría o outro) ver como fructifica un gran labor de titoría desenvolvido por Silvia Carro co seu alumnado de 1º D.

Reflexionar sobre o acoso escolar.

Canalizalo a través dunha actividade teatral

Implicar no proxecto aos pequenos (1º ESO) e aos maiores (4º ESO e 1º BAC)

 

(Queremos deixar constancia de que estamos moi agradecidos no instituto e dende este departamento de Actividades Comnplementarias e eExtraescolares ao traballo de Silvia)

Romeo y Julieta. Adaptación libre do alumnado de ESO 1º (C-D)

Magnífico traballo do alumnado de 1º da ESO..atrevéndose con Shakespeare. Gran labor da súa profesora Silvia Carro.

 PARABÉNS!

Martes 30 de maio. Segunda quenda da ruta polo val do Mandeo

Logo da saída que tivo lugar o pasado 25 de maio cos grupos A e B de 1º da ESO, toca o martes 30 o turno aos grupos C e D.

Coñecer a natureza próxima, o val do Mandeo dende Espenuca, pasando por Chelo, Caneiros, San Xiao....

Subir e baixar encostas, atopar os límites do propio corpo e tamén atopar a axuda dos compañeiros

Abrir camiños, percorrer vieiros, descubrir...(mos)

Disfrutar tamén dos momentos de descanso logo do esforzo

 

Rotas pola natureza...moito máis que unha camiñata.

Sendeirismo interior.

 

 

Rota polo Val do Mandeo: Espenuca-Espenuca

 

                                      (imaxe do blog de Breogán Prego)

 

Un ano máis volve a materializarse o empeño do Departamento de Educación Física e, nomeadamente do profesor Pepe Valverde, por mesturar o descubremento personal ao que conduce o esforzo físico co descubremento da natureza próxima.

O xoves 25 de maio os grupos A e B de 1º da ESO disfrutarán dunha aventureira ruta que ten punto de partida e chegada no lugar de Espenuca (Coirós) e transcurre polo val do río Mandeo. Estarán tamén acompañados por dous profes que demostraron no que levamos de ano ser uns avezados camiñantes: Silvia Carro e Samuel Ramírez.

Os outros dous grupos de primeiro terán ocasión de disfrutar dista saída o vindeiro martes 30 de maio.

Distribuir contido