1º ESO

Betanzos. 800 aniversario

 

O pasado 13 de febreiro a vella cidade de Betanzos vestíase de gala para conmemorar o 800 aniversario da súa traslación dende Betanzos o Vello ata o Castro de Untia. 

Como arranque dos actos que ese día tiveron lugar, a carón da Igrexa de San Martiño de Tiobre, o historiador e arquiveiro do Concello, Alfredo Erias, pronunciou unhas palabras para contextualizar o que estabamos a celebrar e o que celebraremos todo este ano que temos por diante.

 

 

 

800 aniversario da traslación de Betanzos o Vello ó Castro de Untia

 

palabras de Alfredo Erias en Tiobre

13-02-2019 ás 10 da mañá

 

Señora Alcaldesa de Betanzos, autoridades, amigos:

 

Tal día coma hoxe, hai xusto 800 anos, o rei Alfonso IX de León e Galicia concede unha carta ós poboadores de Betanzos de Tiobre, o que hoxe chamamos Betanzos o Vello (e que xa tiña desde 1162 o gremio de alfaiates ou xastres máis antigo de España), permitíndolles facer o que pediron: asentarse no veciño Castro de Untia, que pasaría a chamarse Vila Nova de Betanzos, despois Betanzos a secas e por derivación da confraría de Betanzos de los Caballeros que existía en san Francisco no século XV, aínda hai alguén que lle chama Betanzos de los Caballeros ou dos Cabaleiros. Pero como este Castro era por ese tempo propiedade do mosteiro de Sobrado, concede a este a cuarta parte de todas as rendas e proveitos da nova vila e a metade das capelas que se construísen. 

 

 .../...

 

 A historia non para e a vida sigue, mentres a cidade de Betanzos se vai adaptando ós tempos sen perder a súa esencia máis íntima: a de estar conectada co seu entorno rural, coa súa comarca, como poucas poboacións. 

É como se se resistira a esquecer a súa orixe de Tiobre. Por iso mesmo estamos hoxe aquí: para recordar ós nosos antepasados e aquel camiño que fixeron hai 800 anos e que sempre foi de ida e volta.

Moi agradecido!

 

Verémonos aquí mesmo dentro de cen anos.

NESTE ENLACE PODESE LER A INTERVENCIÓN COMPLETA DE ALFREDO EIRAS

 

E UN DÍA ANTES.... O 12 DE FEBREIRO

TAMÉN OS PEQUENOS DO AGUIAR QUIXEMOS CELEBRAR A EFEMÉRIDE

TRASLADÁNDONOS COA MESMA FESTA E ALEGRÍA DENDE TIOBRE ATA UNTIA

 

Escoitamos dos pregoeiros Martín Muiño e Óscar García o privilexio que nos concedía o traslado

 

 

Descubrimos estrelas de pedra marcando a orixe do camiño

 

 

 

Cruzamos pontes, resolvemos enigmas

 

 

Arribamos á cidade que agora cumple 800 x 12 meses

 

... /...

E aprestámonos a commemorar 800 anos betanceiros... que deron para moito:

 

. Para construir algunhas das máis fermosas igrexas góticas de Galiza

. Para ter que reconstruirmonos logo de pavorosos incendios.

. Para acoller a lideres da revolta irmandiña como Afonso de Carvallido,  ou ao precursor do nacionalismo, Antolín Faraldo

. Para que indianos xenerosos como os García Naveira regalasen á cidade escolas, asilos e enciclopédicos parques do

  Pasatempo

. Para escoitar a Lugris no primeiro mitin en galego que se escoitou en Galiza

. Para sentir polas rúas os sons do Turito ou a gaita do Vello Rilo

. Para ver pasearse ceibo polo Campo ao porco de san Martiño

. Para ser capital de provincia e Sé do Arquivo do Reino

. Para loitar con rexemento propio contra o francés ou ser zona de operacións do maquis Foucellas

. Para albergar unha puxante Irmandade da Fala

No Aguiar declarámonos dispostos para seguir facendo Betanzos outros 800 anos máis  

 

 

 

 

 

 

 

Exposición dos grabados feitos polo alumnado de 1º da ESO na fundación CIEC

Os pasados 18 e 19 de decembro, o alumnado de 1º da ESO asistiu á fundación CIEC para a realización duns obradoiros de grabado da man de Marta Penalonga Chao, a súa profesora de Educación Plástica e Visual. Agradecer aos profesionais da fundación CIEC toda a súa atención para facer désta unha grata experiencia que nos fixo sentir coma na casa. Descobrimos tamén que para moitos/as dos nosos alumnos/as dábase continuidade a outros obradoiros similares desenvoltos na súa etapa no Vales Villamarín. Foi moi agradable ver coma os monitores se lembraban e valoraban que os alumnos/as xa reflexaban unha evolución á hora de enfrentarse á técnica de grabado á punta seca.

Efectivamente, como poderedes constatar a través das fotografías desta entrada, non podemos menos que felicitar a todos/as artistas e a Marta Penalonga profesora de Educación Plástica e Visual polo seu traballo. Parabéns artistas!

Preme na fotografía e navega cas frechas. Tamén podes atopar o álbum na galería fotográfica do centro.

Álbum: Departamento de Plástica e Visual 2018-2019 -> Obradoiros grabado na CIEC

Visita e obradoiros de grabado na Fundación CIEC

Fundación CIEC

O martes 18 e mércores 19 o alumado de 1º da ESO realizará visitas-obradoiros na fundación CIEC (Centro Internacional da Estampa Contemporánea) de Betanzos.

O Centro Internacional da Estampa Contemporánea é un fundación onde concorren creación, exposición, investigación e formación situado na "Casa Núñez" no centro do casco histórico brigantino.

 

Logo Ciec

O noso alumnado de 1º da ESO realizará obradoiros de grabado acompañados da súa profesora de educación plástica e visual Marta Penalonga Chao.

Grupo Día Horario
1º C martes 18 decembro de 9:35 a 11:30
1º D martes 18 decembro de 11:30 a 13:25
1º A mércores 19 decembro de 9:35 a 11:30
1º B mércores 19 decembro de 11:30 a 13:25

 

Plan director. Charla sobre Novas Tecnoloxías para alumnado de 1º ESO

plan director

A principios da semana, no noso centro terán lugar unhas charlas dentro do Plan Director da Garda Civil para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e os seus Entornos. Nesta ocasión as charlas estarán destinadas a alumnado de 1º da ESO para educar acerca do uso das Novas Tecnoloxías.

Luns 17 de Decembro Martes 18 de decembro
1º C de 10:40 a 11:30 1ºA de 10:40 a 11:30
1º D de 11:30 a 12:20 1ºB de 11:30 a 12:20

Espectáculo musical a cargo de Lydia Botana no Fórum Metropolitano para os 1º da ESO

 

Lydia Botana

Martes 20 de Novembro

Organizado polo Departamento de Lingua Galega e Literatura para todos os 1º da ESO

 O espectáculo comezará ás 12:00 no Forum Metropolitano da Coruña.

A saída está prevista sobre as 11:00 para chegar ás 13:25.

Obradoiro para a Prevención de Drogodependencias para 1º de ESO.

prevención alcohol tabaco

Charla para 1º da ESO sobre a Prevención de Drogodependencias: prevención do consumo de cannabis organizada polo Concello de Betanzos.

Martes 13 Novembro

ESO 1º A 16:20 a 17:10

ESO 1º B 17:10 a 18:00

Xoves 15 Novembro

ESO 1º C 10:40 a 11:30

ESO 1º D 11:30 a 12:20

 

Concello Betanzos

Iniciación ao piragüismo 1º ESO A e C

iniciacion piraguismo

 

ESO 1º A Luns 12:35 a 14:15

ESO 1º C Martes 16:20 a 18:00

Esta semana, tócalle o turno para iniciarse no piragüismo aos grupos de 1º A e 1º C da ESO. Repetir que ésta é unha actividade de dúas sesións-clase organizada polo Departamento de Educación Física.

É imprescindible levar bañador, camiseta, toalla,chanclas e unha muda para cambiarse.

Aínda que todo o alumnado terá un chaleco salva-vidas á hora de montar na piragua de tipo involcable, é interesante saber de antemán se o alumno/a sabe nadar. Cómpre avisar ao profesor/monitor.

Acompañan ao alumnado participante o profesor de educación física José Permuy Fraga e un monitor do Clube de Piragüismo Ría de Betanzos.

Lembrar ao alumnado que, na piragua non deben levar obxectos de valor que poidan caer ao auga e logo ser imposibles de recuperar, coma teléfonos móviles, etc.

Se premedes na imaxe podedes acceder á galería fotográfica onde se van engadindo as instantáneas que chegan do desenrolo da actividade.

 

Iniciación ao piragüismo 1º de ESO

iniciacion piraguismo

 

ESO 1º D Xoves 10:40 a 12:20

ESO 1º B Venres 12:35 a 14:15

 

 

Actividade de dúas sesións-clase organizada polo Departamento de Educación Física. Suxeita á meteoroloxía e mareas.

É imprescindible levar bañador, camiseta, toalla,chanclas e unha muda para cambiarse.

Aínda que todo o alumnado terá un chaleco salva-vidas á hora de montar na piragua de tipo involcable, é interesante saber de antemán se o alumno/a sabe nadar. Cómpre avisar ao profesor/monitor.

Acompañan ao alumnado participante o profesor de educación física José Permuy Fraga e un monitor do Clube de Piragüismo Ría de Betanzos.

Lembrar ao alumnado que, na piragua non deben levar obxectos de valor que poidan caer ao auga e logo ser imposibles de recuperar, coma teléfonos móviles, etc.

 

INTERMAREAL NA PRAIA DE ARNELA. 28 e 30 de maio 2018

DESCUBRIR, ASOMBRADOS A VIDA AGACHADA EN CADA MÍNIMO BURATO

CAMIÑAR ENTRE AS ROCHAS, SOBRE A AREA OU ENTRE AS POZAS ESCULCANDO INSOSPEITADOS MISTERIOS DA BIOLOXÍA 

VALORAR A RIQUEZA DA BIODIVERSIDADE MOI  PERTO DE NÓS

RESCATAR ALGÚN MÓBIL ( NON SUFICIENTEMENTE BEN GARDADO) DAS POZAS 

REGRESAR CHEOS DE ALEGRÍA AÍNDA QUE CON ALGUNHA MOLLADURA EXTRA

 

O ANO PRÓXIMO, MÁIS!

 

 

Distribuir contido