Encontro do alumnado de 1º da ESO co escritor Gonzalo Moure. 11 de marzo 2015

Mañá, mércores 11 de marzo, recibimos un ano máis a visita no IES Francisco Aguiar do escritor Gonzalo Moure.

O noso alumnado de 1º da ESO lé e disfruta co seu libro "Palabras de Caramelo". Agora terán a ocasión de coñecer ao autor e conversar con él nun encontro que terá lugar a partir das 10,30 no noso Salón de Actos

Xunto á obra citada o equipo da Biblioteca non perde a ocasión para revisar os títulos que están á disposición dos lectores na Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez do noso IES.

Recoméndannos a lectura de "En un bosque de hoja caduca", Anaya, Madrid, 2006, 118 páxinas.[NC MOU enu] Novela, fermosamente ilustrada por Encarna León, que obtivo o III Premio Anaya de Literatura Infantil e Xuvenil.