Diálogos con Scratch 1º de ESO 2017 (primeira escolma)

O alumnado de 1º e 2º da ESO vén de presentar os seus traballos de Diálogos co software Scratch dentro da materia optativa Programación. Imposible non compartir algún deles con toda a comunidade educativa. Agardo que desfrutedes deles tanto coma o fago eu cando, orgullosa, os corrixo. Velaquí unha primeira escolma. De seguro que haberá máis.

 

 

 

 

Autores/as: Nuria Beiro, Nerea Bello, Patricia Campos González, Antonio Casariego, Alba Fachal e Brais Fernández