Chegou aos nosos oídos

Chegou aos noso oídos...presentación do proxecto Casa dos Espellos

Chegou aos nosos oídos... que o venres 27 de abril preséntarase na libraría Biblos de Betanzos un interesante proxecto no que están implicados moitas perdonas ligadas ao noso instituto. Ex alumnas i ex alumnos, profesoras e profesores, amigos do Aguiar.

Trátase da presentación de A Casa dos Espellos, unha poliédrica revista de investigación que se publica dende a Asociación de Amigas do Parque del Pasatiempo.

Prometen falar pouco e que poidamos preguntar moito! 

Non faltaremos! <3

 

Chegou aos nosos oídos...VIII Concurso de Creación Literaria

O Concello de Betanzos convoca por oitavo ano o Concurso de creación literaria. Este ano o concurso abre o prazo desde o 5 de abril ata o 7 de maio de 2018, coincidindo coa programacion do Día Internacional do Libro e da Lectura e o Día das Letras Galegas. Ademais, e por segundo ano consecutivo, o concurso contará cunha categoría aberta a calquera persoa maior de idade.

Os obxectivos do VIII Concurso de creación literaria son promover o emprego escrito da lingua galega e fomentar a creación literaria xuvenil. Os textos presentados poderán ser relatos ou poesías e cada participante poderá presentar un só texto ao concurso. Tamén se establecen tres categorías nos premios, haberá un primeiro premio e un accésit na categoría do alumnado da ESO, outro na categoría de Bacharelato e ciclos formativos e un último na categoría aberta para calquera persoa maior de idade.

Todos os traballos deberán presentarse en lingua galega e o tema é libre. Os traballos poderán entregarse ata o vindeiro 7 de maio na secretarías do CPR Nosa Señora do Carme-Atocha, do IES Francisco Aguiar e do IES As Mariñas, no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos (Oficinas Xerais, edificio Liceo) ou na Biblioteca Municipal Alfonso Castelao.

As persoas interesadas poden solicitar máis información do VIII Concurso de creación literaria do Concello de Betanzos no Servizo de Normalización Lingüística do Concello, no teléfono 981 770 011 (extensión 2224) ou no enderezo electrónico normalizacion@betanzos.net.

Podes descargar as bases no seguinte enlace

Chegou aos nosos oídos...unha nova meta deportiva de Fabiola, unha conserxe "corrente"

Chegou aos nosos oídos...a participación da nosa conserxe Fabiola Pérez Mosquera, na Toxiza Classic Xtreme. Trátase dunha carreira de campo través que reuníu o pasado 8 de abril en Mondoñedo a máis de 600 atletas.

A nosa "corrente" conserxe acadou, inesperadamente para ela, pero felizmente, o primeiro posto da súa categoría (Veteranos A Mulleres)

Fabiola, que corre integrada nas filas do Club Atletismo Sada realizou o percorrido nun tempo de 2 horas, 47 minutos e 16 segundos, a unha velocidade media de 7:58 min/Km.

Parabéns!

NOTA ( de erudito repelente)

Nalgunha das súas obras Miguel de Cervantes refírese a un dos seus personaxes como un "criado corriente" usando esta palabra como participio de presente do verbo correr. Neste senso é Fabiola "corrente", porque corre ... e non vexas como!

Chegou aos nosos oídos... a publicación do primeiro número da revista dixital poliédrica de cultura galega, "Casa dos Espellos"

Chegou aos nosos oídos...a publicación do primeiro número da revista dixital poliédrica de cultura galega,  "Casa dos Espellos". Motivo iste  polo que cremos estar de noraboa xa que nela afóndase na liña de valoración do patrimonio  e porque a iniciativa parte dun grupo de ex alumnos e alumnas que son os que están detrás de tan interesante proxecto: Sara Fraga, Ángel Arcay, Daniel Lucas Teijeiro, Eduardo de la Fuente, Lucía Díaz...

https://casadosespellos.wordpress.com/2018/03/23/casa-dos-espellos-1-2018/

PARABÉNS!

Chegou aos nosos oídos...Alex Santiso (presidente da FEDNU) alerta sobre como nos alimentamos

 

Chegou aos nosos oídos... que o ex do Aguiar Alex Santiso foi elexido presidente nacional da Federación Española de Dietistas-Nutricionistas Universitarios (Fednu). Recentemente contamos coa súa presencia no Aguiar orientando aos alumnos/as de 1º e 2º BAC na nosa Xornada de Orientación. Nos últimos días puidenos velo tamén na prensa periódica. Temos o pracer de reproducir a entrevista que se lle facía para  a Voz de Galicia(enlace)

«Non sabemos comer, vivimos enganados pola industria»

Este alumno do Campus Terra reivindica a figura do nutricionista para gañar en saúde a aforrar custes á Sanidade

LAURA LÓPEZ 
LUGO / LA VOZ 18/03/2018 05:00 H

 

Alexandre Santiso (Abegondo, 1998) estuda no Campus Terra de Lugo o grao de Nutrición Humana e Dietética, da facultade de Ciencias. Recentemente foi elixido presidente da Federación Española de Dietistas-Nutricionistas Universitarios (Fednu), como membro de Adinu Galicia (Asociación de Dietistas e Nutricionistas Universitarios).

 

-¿Que obxectivo se marca como presidente da Fednu?

-A federación engloba a todos os estudantes do país e o obxectivo é mellorar a carreira. Trátase dun grao recente -en Galicia non leva nin dez anos- e ten certas dificultades. Por iso, tanto desde a Fednu como desde Adinu organizamos numerosas charlas e cursos para complementar a formación do grao, para dalo a coñecer e para reivindicar a importancia da figura do dietista-nutricionista. Tamén loitamos contra o intrusismo laboral. Ademais, creamos unha comisión de asuntos científicos que vai traballar en revisar documentos científicos actuais para corrixir os que hai desfasados e que nos imparten na propia carreira.

 

-¿Hai moitos mitos vixentes aínda en canto a nutrición?

-Si. Por exemplo, hai pirámides nutricionais desfasadas que inclúen o viño, cando, se ben é certo que ten un efecto vasodilatador, o alcol acarrea outras complicacións, polo que o seu consumo debería ser «0». Tamén houbo estudos que vincularon o consumo de ovo coa suba de colesterol, cando non é certo, ou outros que recomendaban evitar o leite enteiro porque contén ácidos graxos saturados, pero esta graxa non é tan prexudicial. O que temos que ter claro é que non existen os superalimentos, que o mellor superalimento é manter unha boa dieta equilibrada.

 

-¿Por que é tan importante a figura do nutricionista? -Basicamente, porque non sabemos comer, vivimos enganados pola industria. E iso é moi grave. En España, o 35% das mortes están relacionadas coa nutrición, por accidentes cardiovasculares ou diabetes. Coa nutrición pódense previr e controlar ese tipo de enfermidades, as non transmisibles. A nutrición está detrás da obesidade, e de moitos problemas cardiovasculares, de páncreas, fígado ou renais. Por iso é tan importante incorporar a figura do dietista-nutricionista na sanidade pública, para facer unha labor de reeducación nutricional e para aforrar cartos. O 53% dos adultos en España están por riba do seu peso, e deles, o 17% son obesos. E peor ca eses datos é que nos parece normal, que non nos damos conta do grave que é, que é causa de moitas enfermidades e que empeora e complica o resto de doenzas. E a tendencia é a ir en aumento. De feito, algúns científicos xa consideran a obesidade como a pandemia do século XXI.

 

-¿Como é posible esa falta de información hoxe en día? -Vivimos enganados pola industria, non nos damos conta do efecto dos malos hábitos de vida e hai moita desinformación. Por exemplo, toda a polémica que xurdiu co aceite de palma, que nos fixo crer que era un produto malísimo, cando o que é realmente malo son os produtos que o conteñen, pero por ser ultraprocesados e levar gran cantidade de azucres e graxas. Outro exemplo son os produtos «0,0»; eu cada vez que vexo un artigo con ese nome ou de cor rosa faime sospeitar, porque eses produtos que quitan os azucres ou graxas soen incorporar máis ingredientes que dan máis palatabilidade e que son daniños. Pero parece que aos máximos dirixentes lles importa máis o diñeiro que a saúde. Hai pouco estudouse subir o imposto sobre as bebidas azucradas e non se fixo polas presións da industria.

 

 

-¿É outro dos erros o consumo de azucre? -En cando a azucres libres, a OMS recomenda unha inxesta diaria máxima do 10% da cantidade calórica total, é dicir, unhas doce culleriñas de café, pero en Europa dobramos esa cantidade, cando o ideal sería non chegar ao 5%. Hai quen di que non toma azucre, pero ás veces este preséntasenos en forma de dextrosa, xarope de glucosa... Tamén habería que reducir o consumo de mel e de zumes, porque neste último caso o azucre absórbese máis rápido que consumindo a froita enteira.

 

 

-¿Cara onde hai que camiñar? -Hai que baixar o consumo de tabaco e alcol, manter unha dieta equilibrada e deixar atrás o sedentarismo. Hai que tirar menos de supermercado e máis de mercado, consumindo máis produtos sen etiqueta, é dicir, frescos (froita, verdura, peixe...) e reducir galletas, produtos procesados...«Hai que tirar menos de supermercado e máis de mercado, consumindo máis produtos frescos»«Poderiamos levar unha vida longa e feliz, pero fallamos no máis básico, que é comer»

Probas para obter o certificado de Lingua Galega, CELGA.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia convoca as probas para a obtención dos certificados de lingua galega (niveis Celga 1, 2, 3 e 4) no ano 2018.

As probas realizaranse o 26 de maio (Celga 4), o 27 de maio (Celga 2), o 2 de xuño (Celga 3) e o 3 de xuño (Celga 1) en Santiago de Compostela e Ponferrada. O prazo de presentación de solicitudes é dun mes desde o día 14 de marzo de 2018.

No documento anexo atoparedes a convocatoria do DOG(enlace) con toda a información, incluído o modelo de solicitude. Así mesmo, o modelo de pagamento das taxas(enlace). Lembrade que tamén podedes facer a solicitude telemática na sede da Xunta de Galicia.

As persoas interesadas poden solicitar máis información sobre os cursos preparatorios do Celga no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos, no teléfono 981 770 011 (ext. 2224) ou no enderezo electrónico normalizacion@betanzos.net.

 
Silvia Muíño Naveira
Servizo de Normalización Lingüística
Concello de Betanzos
Oficinas Xerais
Praza de Galicia n.º 1
15300 Betanzos  A Coruña
Tel.: 981 770 011 ext. 2224
Fax: 981 776 529
normalizacion@betanzos.net

Chegou aos nosos oídos...Concurso fotográfico " O papel das mulleres betanceiras"

Chegou aos nosos oídos... a participación activa do noso alumnado, baixo o impulso e coordenación do Departamento de Educación Plastica e Visual, no concurso fotográfico convocado polo Concello de Betanzos que leva por título "O papel das mulleres betanceiras hoxe".

Velai o enlace coas bases(enlace)

Aguiar na Voz. 8.III.2018. A clave da selectividade é o traballo

La clave de la selectividad es el trabajo

Sus alumnos lograron las mejores notas de los centros públicos del área en la prueba de acceso a la universidad

ELENA SILVEIRA 

OLEIROS / LA VOZ 08/03/2018 05:00 

 

 

No hay una fórmula magistral, pero todos coinciden en que la clave del éxito es trabajo, trabajo y trabajo. Y eso es lo que hacen en los institutos Miraflores (Oleiros) y Francisco Aguiar (Betanzos), donde han conseguido las mejores notas de selectividad de todos los centros públicos del área metropolitana.

 

Francisco Rodríguez Coloma, director del instituto betanceiro, destaca que una de las bases de ese éxito son los propios alumnos: «Recibimos estudiantes de todos los municipios del entorno: Miño, Bergondo, Abegondo, Monfero... donde se trabaja bien y de donde salen con ganas de realizar estudios universitarios. El éxito, en gran medida, lo aportan los chavales, porque ellos mismos quieren salir adelante». La directora del IES Miraflores, Paula Medín, coincide en este punto de vista y confirma que el trabajo de los profesores es mucho más fácil si los alumnos están implicados.

 

Otra de las claves es que en ambos centros preparan a sus estudiantes para afrontar las pruebas de selectividad desde cursos inferiores. «Nosotros planteamos primero y segundo de bachillerato como un ciclo y ya desde primero los vamos preparando para el acceso a la universidad, capacitándolos en la autonomía personal para el estudio y ofreciéndoles toda la información posible sobre las pruebas a las que se van a enfrentar», indica Francisco Coloma. «Por ejemplo, en Lengua Castellana, la materia que yo imparto, hacemos modelos de pruebas con la misma duración», y Julián Ferrer, profesor de Historia en este mismo centro añade: «Enfocamos las asignaturas y los procedimientos de trabajo de forma que les prepare para ser autónomos al llegar a la universidad».

 

Concha Castro, que imparte Xeografía e Historia en el IES Miraflores, incide en esta idea: «Preparamos a los alumnos no solo para la prueba de selectividad, sino que lo enfocamos como un proyecto o trayecto educativo desde cursos anteriores», explica. Los buenos resultados, según dice, también son fruto de la implicación del profesorado en una educación «amplia y profunda», de una plantilla estable desde hace años y de mantener un equilibrio entre la tradición y las nuevas metodologías.

 

Y sobre el nivel de exigencia aclara que siempre son «justos» con las notas. «Yo no realizo exámenes, pero el control del rendimiento es diario», indica Nilo Casares, profesor de Filosofía en el Miraflores. «Lo que intentamos, en realidad, es construir buenos ciudadanos. La ventaja es que muchos ya lo son de partida», indica.

 

 

Alumnos muy capacitados pero más inmaduros

 

Todos los profesores coinciden en que los alumnos de ambos centros están muy capacitados y que son, general, «buena gente». De hecho, registran muy pocas incidencias por malas conductas. Frente a esa capacitación los adulescentes o también llamada «generación de cristal» viven de una forma más inconsciente, adoptando comportamientos de adultos en su provecho pero no a su pesar, explica el director del Francisco Aguiar.

 

En ello coincide Elena López Prada, profesora de Química en el Miraflores: «Tenemos niños cada vez más inmaduros. Son los padres o la familia los que asumen sus responsabilidades o sus traspiés». Julián Ferrer, del Francisco Aguiar, explica que la información y los conocimientos en la era de Internet pueden deslumbrar a los estudiantes, pero deben aprender a crear estructuras coherentes en su cabeza. «Y eso solo se consigue con trabajo. Es decir, sigue siendo necesario el boli, el papel y los esquemas; no se puede prescindir del esfuerzo personal».

 

Susana Lorenzo, profesora de Latín y Griego en el IES Miraflores reconoce que la carga de trabajo en segundo de ESO es «brutal» y que los alumnos acaban exhaustos. «Por iso eu trato de potenciar o traballo na aula. Aproveitar ao máximo a clase para que, despois, tan só teñan que repasar».

 

Elena López Prada explica que el trabajo debe estar muy bien organizado y que un mismo departamento desarrolle los proyectos educativos en común: «Un alumno, por ejemplo, debe saber formular desde el principio, para ir subiendo peldaños poco a poco, con una exigencia continuada».

 

El profesor de Filosofía Nilo Casares incide en que el trabajo que realizan los profesores es mucho más activo cuando se topan con alumnos receptivos y que ya vienen motivados de casa. «Y aquí se dejan estimular y aceptan retos. Son ambiciosos a nivel académico», confirma.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/abegondo/2018/03/08/clave-selectividad-trabajo/0003_201803H8C8991.htm

Chegou aos nosos oídos... Menudas elementas!

 

https://www.facebook.com/iestorrenteballester.ballester.1/posts/174803079821482 (enlace ao facebook)

A sección que na nosa web arrranca as súas entradas coas palabras "chegou aos nosos oídos", habitualmente refírese a noticias que teñen que ver dalgún xeito coas persoas que son ou foron no noso centro, ex alumnos, ex profesores ou actuales membros da comunidade escolar aos destacamos por algunha razón (boa).

Nesta ocasión rompemos esa norma porque no 8 de marzo reivindicativo que quixemos facer diste día atopamos unha inciativa do IES Torrente Ballester da que nos gustou facernos eco. 

 

Chegou aos nosos oídos....que o IES Torrente Ballester restaura o posto das mulleres na sociedade, a ciencia a arte cun creativo mural: A táboa periódica das mulleres ( Menudas elementas!)

(non perdades os detalles da súa creación no  facebook: https://www.facebook.com/iestorrenteballester.ballester.1/posts/174803079821482 (enlace ao facebook) )

Chegou aos nosos oídos...Nuria Valiño unha ex do Aguiar no CHUAC

Chegou aos nosos oídos...o bo facer profesional da ex do Aguiar Nuria Valiño. 

E ademáis con doble motivo de satisfacción porque Nuria é filla dunha das persoas que máis traballa polo Aguiartralos cristais da oficina administrativa do noso instituto,  cun labor calado pero xa de máis de 30 anos (¡!), a nosa aprezada Nieves Calviño.

 

El Materno reordena pruebas y citas para el diagnóstico prenatal de 3.500 embarazadas

 

Programa consultas de alta resolución para la detección precoz de patologías fetales y el tratamiento de complicaciones

Entre las modificaciones introducidas en la organización asistencial dirigida a la mujer embarazada ya figura un programa informático, al que tienen acceso todas las matronas, que calcula automáticamente en qué fechas han de llevarse a cabo las distintas analíticas y pruebas a lo largo de los nueve meses de embarazo. «Solo nos falta automatizar informáticamente las citas», explica Nuria Valiño. Además, han comenzado a entregar a las gestantes, en la primera visita al Materno, dípticos informativos sobre el cribado de cromosomopatías y el control ecográfico durante el embarazo.

 

«Hasta no hace mucho -explica la ginecóloga del Materno-, la mayoría de las malformaciones se diagnosticaban en el segundo trimestre del embarazo, pero con el avance tecnológico y de la investigación, ahora somos capaces de ver mucho más ya en el primer trimestre y detectar no solo malformaciones, sino signos predictivos de otras complicaciones que se pueden dar». Esto no solo permite priorizar los casos que necesitan la realización de otras pruebas y controles, sino que «lo bueno es que en muchos casos podemos prevenir con tratamiento para que no se produzcan».

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2018/02/20/materno-reordena-pruebas-citas-diagnostico-prenatal-3500-embarazadas/0003_201802H20C3991.htm

 

 

Distribuir contido