Chegou aos nosos oídos

5 alumn@s do 'Aguiar' optan ao premio #MelloresExpedientes de Galicia

#melloresexpedientes

 

 

 

Motivos de satisfacción:

 

 


no curso 2016/2017 nove alumnos do noso IES obtiñan este recoñecemento da USC: estar entre os Mellores Expedientes de Galicia.
Neste curso son cinco alumnos (nados no 2001) os que poderán acudir o próximo xoves 4 de xullo a ese acto de homenaxe.

Parabéns a tod@s @s alumn@s... e un especial recoñecemento a Adrián, Alberto, Carmela, Irene e Samuel (e ás súas familias e a tod@s @s docentes que partiparon na súa formación).

 

 

 

 

 

 

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS... Irene Valverde Tejedor, Doutora

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS...

Que onte tivo lugar a defensa da Tese de Doutoramento de Irene Valverde Tejedor sobre a Zooarqueoloxía do xacemento de Cova Eirós, centrada nos niveis da transición do Paleolítico medio e superior.
O tribunal estaba formado por Marco Peresani de la Unife, Antón Rodríguez Casal da USC e Carlos Fernández Rodríguez da ULE.
Noraboa a nosa ex alumna e a súa familia.
Parabéns á nova Doutora!
 





 

#Paralelo36 de Raquel Vázquez no #clublecturaadultos Biblos-Aguiar

Compartimos una breve crónica da xuntanza de Xuño 2019 do club de lectura de adultos Biblos-Aguiar. Nesta volta compartiron o derradeiro libro de Raquel Vázquez, ex-alumna do Aguiar, que coma os vén tendo acostumados dende os seus tempos de estudante, brilla no seu traballo.

"A poeta e narradora Raquel Vázquez falounos por extenso do seu libro de contos “Paralelo 36”. Está publicado en Talentura e recolle un conxunto de textos de ficción realista co nexo de unión de se desenvolveren en lugares situados á altura de dúas liñas imaxinarias, o paralelo 36 norte e o paralelo 36 sur. Dezaseis historias polas que transitan vidas diferentes que, ao tempo, comparten arelas, dores, carencias. No encontro coa autora participaron as lectoras e lectores que forman parte do Club de Lectura Biblos-Francisco Aguiar."

Publicado no Facebook de Biblos Clube de Lectores

Álbum: Club lectura 2018-2019 -> Club lectura adultos xuño 'Paralelo 36' de Raquel Vázquez

Juan Vázquez Pousada, un ex do Aguiar premio Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose

premios teatro

 

 

O noso compañeiro de profesión, Juan Vázquez Pousada, un ex do Aguiar, ven de gañar o Premio ao mellor actor.
Insania, a obra da Agrupación Teatral Mariñán, obtivo o Premio á mellor obra.
Parabéns polo éxito aos nosos ex e aos seus compañeiros!!!

 

 

 

 

 

 

 

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS... Raquel Vázquez publica un novo libro de relatos

 
RAQUEL VÁZQUEZ, Paralelo 36, Talentura, Madrid, 2019, 154 páxinas.
 
CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS...
 
Raquel Vázquez presentará hoxe venres na Librería Moito Conto da Coruña, (relativamente cerca do Paralelo 36, o seu segundo libro de relatos, do que regalou este exemplar adicado á Biblioteca do IES no que ela estudou.
 
Os nosos parabéns e os mellores desexos para esta nova publicación.
 
 
 

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS... Nuria Valiño Calviño: unha [ex] alumna cum laude

 

 

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS...
 
A feliz noticia que acredita que a Tese de Doutoramento da nosa [ex] alumna Nuria Valiño Calviño mereceu a cualificación de Cum laude.

 

Biophysical and biochemical markers in the third trimester of gestation in prediction of adverse perinatal outcome é o título do traballo da xinecóloga e obstetra, que xa fixo historia no noso IES (ben certo que unha historia moito menor das que dela se esperan)  ao ser unha das participantes na Ruta Quetzal.

 

Parabéns a Nuria e a toda a súa familia!!!

Alejandro Costoya, ex do 'Aguiar', becado pola Fundación Barrié para realizar un Máster de Enxeñaría Biomédica en Londres

Alejandro Costoya

 

 

Chegou aos nosos oídos que o noso ex-alumno, Alejandro Costoya obtivo unha beca da Fundación Barrié, para cursar un máster de Ingeniería Biomédica del Imperial College de Londres.

Dende o 'Aguiar' queremos felicitar, con moito cariño, a Alejandro, do que moitos docentes recordamos o seu paso polas nosas aulas polo seu traballo, interese e curiosidade por aprender.

Enlace á nova en 'La Voz de Galicia'

Enlace á nova en 'La Opinión'

Parabéns a Alejandro, a súa familia e a todos os docentes que participaron na súa formación.

Xornada académica na Igrexa de San Francisco Betanzos Centenario da declaración de San Francisco monumento histórico artístico

Chegou aos nosos oídos unha "Jornada académica" con conferencias de diferentes ponentes da USC que o vindeiro venres 29 terá lugar no privilexiado enclave da Igrexa de San Francisco.

centenario San Francisco programa

 

 

Conferencia de Concha Delgado 'A tradición literaria de Betanzos' xoves 28 ás 20:00 no Liceo

Chegou aos nosos oídos a participación nun interesante ciclo de conferencias do 'Anuario Brigantino' da nosa compañeira, profesora durante moitos anos no 'Aguiar', Concha Delgado.

conferencias Concha e Uxía

Chegou aos nosos oídos...Andrés García Carneiro no Ciclo do Anuario Brigantino 2019

Chegou aos nosos oídos.... a participación dun ex alumno do Aguiar, o historiador Andrés García Carneiro no ciclo de Conferencias que anualmente organiza o Anuario Brigantino coa coordenación do Arquiveiro e Bibliotecario Alfredo Erias. 

Coa presencia da alcaldesa María Barral (tamén formada no Aguiar) e un nutrido grupo de participantes,  Andrés pronunciou unha interesantísima conferencia que levaba o título de  "Pasado, presente e futuro do casco histórico de Betanzos". Andrés soubo guiarnos dun xeito moi atinado para facer  repaso pola historia da cidade e das actuacións tendentes á conservación do noso patrimonio rematando cun chamado a un futuro máis consciente.

Ao remate da conferencia abríuse paso a un interesante e a nimnado coloquio no que tamñén poidemos escoitar a ex do Aguiar como Ángel Arcay (Casa dos Espellos) ou ao profesor Xosé Luis Mosquera.  O coloquio amosou que o tema é un asunto moi controvertido e poliédrico.

Quedou claramente de manifesto que: efectivamente se nos perdemos (escudamos) en discusións sobre quen ten as competencias e os medios, xa temos perdida a partida porque como reclamou o poñente "as casas non esperan por nós". Só un traballo conxunto de administracións e sociedade civil pode facelo posible. Aínda que parece claro que na iniciativa e coordenación dise labor conxunto deben estar os políticos (cecais primeiro municipais) E iso mesmo aplícase ao tema dos particulares que intervilñeron con vehemencia no coloquio reclamando axudas. Eles só poderán asumir con conciencia o coidado do patrimonio se atopan axuda,  sobre todo económica. 

O profesor  Xosé Luis Mosquera  reflexionou respecto a que semella que "chegamos tarde" e a ao que chegamos tarde foi ao encpntro para traballar xuntos: administracións, particulares, asociacións...

Neste inxentetraballo que Andrés nos puxo diante non temos que empeñarnos en descubrir algo absolutamente novidoso hai exemplos en toda Europa e haberá que aprender deles ( non para copiar, sí para adaptar)

Un orgullo para o noso instituto ter a ex como Andrés

 

NOTA. O vindeiro xoves 28, tamén as 20.00 h. participará neste ciclo de conferencias unha antiga e moi querida profesora do noso instituto Concha Delgado que falará sobre a "Tradición Literaria betanceira".

Distribuir contido