Chegou aos nosos oídos

Pedro Henrique Mantiñán medalla de ouro no europeo xuvenil de patinaxe de velocidade 3000 m relevos

Chegou aos nosos oídos un novo éxito deportivo do alumnado do Aguiar. Desta volta, Pedro Henrique Mantiñán, xunto aos seus compañeiros de equipo Manuel Taibo e Manel Robla, sorpréndenos acadando a primeira praza na proba de 3000 m relevos no campionato europeo de patinaxe de velocidade na categoría xuvenil.

Noraboa campións!

pedro mantiñan

Carlos Arévalo subcampión do Mundo en K4, acada o pasaporte para os xogos olímpicos de Tokio

Chegou aos nosos oídos o novo triunfo de Carlos Arévalo, integrante do equipo que gañou este domingo a medalla de prata na categoría de K4 do Mundial de piragüismo. Este resultado otórgalle ao equipo español billete para os Xogos Olímpicos de Tokio 2020. 

szeged

Noraboa Campións!

Visita do alcalde da Betanzos boliviana ao Aguiar

O pasado 14 de agosto de 2019, sentímonos honrados no 'Aguiar' coa visita de Juan Noel Téllez, algúns dos membros do seu equipo de goberno e o concelleiro de educación Andrés Hermida. Unha representación do claustro do Aguiar expúxolles a nosa intención de realizar proxectos educativos conxuntos cos centros da súa vila. Todos acordamos que a experiencia pode ser tremendamente enriquecedora para todos e quedamos para concretar nun futuro estes proxectos.

Preme na imaxe para navegar polo álbum da visita ou visita á galería fotográfica do centro.

Álbum: Curso 2018-2019 -> Visita do alcalde de Betanzos en Bolivia

Entrega da mención de honra da Balconada co título 'Doce' na edición Betanzos 800 anos

O pasado 12 de agosto, na sala de plenos do Concello, as alumnas autoras da Balconada 'Doce' e o seu profesor J.M. Rey Bao, recolleron diplomas acreditativos e agasallos da mán da alcaldesa María Barral. Moi orgullosos deste gran logro. Parabéns!

fotografiando ao fotógrafo premiadas
premiados

 

A BALCONADA DAS ALUMNAS DO AGUIAR CONSEGUE UNHA MENCIÓN DE HONRA

 

Moi satisfeitos por este logro:
A balconada n.º 22, titulada Doce, realizada por grupo dalumnas de o IES Francisco Aguiar formado por Ana Boado, Celia Cernadas, Ana Pérez e Sonia Vázquez, baixo o asesoramento do profesor José Manuel Rey Bao, consegue unha Mención de Honra.
 
 
 
 
 Primeiro premio. Balconada número 15 “ Tempus fugit” da autora Aida Rodríguez Donoso

Gerardo Lagares, ex-Aguiar emprendedor de Orballo Ecológico certificada Reserva de la Biosfera

Chegou aos nosos oídos o recente recoñecemento de Reserva da Biosfera acadado pola empresa fundada e dirixida por Gerardo Lagares,  Orballo Ecológico.

Orballo é unha compañía que ofrece herbas aromáticas, especias e infusiones. As infusións son 100% ecolóxicas e de explotacións sostibles xa que o día do Medio Ambiente son todos os días. Na empresa aseguran evitar o traballo con calquera aditivo sintético que destrúa o ecosistema e sen pesticidas, herbicidas ou químicos de síntese. O seu reto actual,  comercializar o primeiro té ecolóxico cultivado na Europa continental, cultivado aquí na comarca de "As Mariñas". Dende o Aguiar, felicitar ao noso ex-alumno pola súa, necesaria nestes tempos, ecolóxica iniciativa.

Gerardo Lagares orballo té

CORRESPONDENTES 3.0

Programa Correspondentes Xuvenís: Espazo Xove, IES Francisco Aguiar, IES As Mariñas e CPR Nuestra Señora del Carmen- Atocha.

Ivanna Román, ex do Aguiar, campeona de España sub20 en lanzamiento de jabalina

 

Ivanna Román

Chegou aos nosos oídos que a nosa ex Ivanna Román acadou o ouro no campeonato de España sub 20 da man do seu entrenador e tamén ex-docente do Aguiar Raimundo Fernández. Parabens.

Éxito do Ría de Betanzos no campeonato de España de piragüismo

Chegaron aos nosos oídos... os triunfos acadados polo club de piragüismo Ría de Betanzos no campeonato de España 2019. Os nosos ex Carlos Arévalo e Iván Fernández procláronse campións de España conxuntamente dentro do equipo de K4, e individualmente en K1 200m o primeiro e K1 500m sub 20 o segundo.

A nosa alumna Irene Lata Cagiao foi campeona en categoría junior de K1 500, proba na que representará a España no campeonato de europa, sumou tamén varias platas e bronces tanto en categoría individual coma en parella.

A todos, parabéns e sorte nas próximas competicións.

Enlace á noticia en La Opinión

Irene Lata

Izan Prego Pena SUBCAMPIÓN DE ESPAÑA XUNIOR DE TAEKWONDO

Izan Prego Chegou aos nosos oídos que o noso alumno Izan Prego Pena, betanceiro do Clube Kwon competiu coa Selección Galega no campionato de España Xunior de taekwondo, acadando  finalmente o subcampionato de España. Parabéns por este destacado recoñecemento deportivo.
Distribuir contido