Chegou aos nosos oídos

Chegou aos nosos oídos...Terceira entrega do Encontro de Teatro Afeccionado: "Enciclopedia Álvarez"

 

 

Chegou aos nosos oídos...que o sábado 17 de febreiro, ás 20 horas, terá lugar  a 3ª XORNADA DO IX ENCONTRO DE TEATRO AFECCIONADO DE BETANZOS 

A compañía "Colectivo Cultural Ollomao" de Barreiros (Lugo)   porá en escea a obra "Enciclopedia Álvarez"

Enciclopedia Álvarez é a historia de catro nenas e catros nenos sometidos á absurda e ilóxica "des-educación" da escola franquista. Os problemas de matemáticas aos que "lles faltan datos" ou están "mal planteados", as preguntas de catecismo que se contestan de determinada maneira "porque lo pone el libro", as clases de ximnasia impartidas por mutilados de guerra, as de "hogar" para as nenas a cargo de mulleres da Sección Femenina ou a visita do inspector de Falange, entre outras, poñen sobre o escenario algunhas das incoherencias máis notorias daquel sistema. Unha historia contada con humor, porque desde o humor é máis agradable exercer a sempre necesaria memoria histórica. Unha historia que nos axuda a comprender o absurdo dun sistema educativo autoritario e irracional. Un absurdo incrementado polo paso do tempo, pero que durante máis de corenta anos foi un dogma imposto pola forza.

 

Tendo en conta que o noso instituto está a traballar este curso (enlace) en colaboración con Afundación na experiencia piloto  interxeneracional titulada "Falamos da escola", o noso alumnado de 2º da ESO  foi convidado a asistir a esta representación. Seguros estamos de que han disfrutar da experiencia teatral a que nos convida a Agrupación Teatral Mariñán e o Colectivo Ollomao. 

Chegou aos nosos oídos...Eva Otero...un prisma de sensacións

Chegou aos noso oídos... que nosa ex Eva Otero Picado presenta traballo musical na libraría Biblos de Betanzos.

O vindeiro venres 16 de febreiro ás 20 horas.

 Na sala de concerto, de fondo, as collages do noso compañeiro Xosé Luis Mosquera.

Que mellor programa!

 

Chegou aos nosos oídos... Alba muller de Ciencia

 

Chegou aos nosos oídos... noticia da nosda ex alumna,  Alba Fernández Barral (na imaxe, segunda pola esquerda). E foi co gallo da celebración, o día 11 de febreiro, do Día Internacional deas Mulleres e Nenas na Ciencia. Velai como nos chegaba a noticia:

"O día 11 de febreiro celebramos o Día Internacional das Mulleres e Nenas na Ciencia. O obxectivo és promover a igualdade entre mulleres e homes neste campo, para que todo o mundo teña as mesmas oportunidades e participación independentemente do seu xénero. Ano tras ano, a sociedade traballa para alcanzar esa igualdade, que aínda está lonxe. 

Na foto, o actual equipo responsable de operar e tomar datos cos telescopios MAGIC. Neste periodo, a maior parte dete equipo está formado por mulleres. De esquerda a dereita: Jürgen Hose (operador), Chiara Righi (Deputy shift leader), Elia do Souto (operadora), Alba Fernández-Barral (Shift Leader) e Auni Somero (membro do grupo local de expertos de MAGIC). "
#MujeresEnLaCiencia

O ano pasado(enlace) tivemos a fortuna de que Alba falara co noso alumnado sobre os seus proxectos. Todo un orgullo!

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS...primeira representación das Xornadas de Teatro Afeccionado: Maniféstate

Chegou aos nosos oídos... o inicio para este sábado 3 de febreiro do ( agardado) IX Encontro de Teatro Afeccionado que organiza a Agrupación Teatral Mariñán( ATM) na que, como xa temos dito varias veces, participan varias ex alumnos/as e ex profesores do Aguiar. 

Rosalía de Castro anda solta. O seu sartego está baleiro desde aquela noite en que os vixiantes de seguridade creron oír algo no Panteón de Galegos Ilustres. Aquela mesma noite en que foi vista en Vedra por primeira vez. Por que marchou? Por que a Vedra? Que require? Nun programa de TV tentarán atar todos os cabos, responder a todas as preguntas e farán todo o posible por convocar en directo o espírito da padronesa. Rosalía se estás aí... Maniféstate.

 

Autor: Manuel Cortés.

Directora: Paula Carballeira. 

 

Elenco: Isa Albela, Silvia Aldrei, Rosa Álvarez, Santiago Álvarez, Sonioa Balado, Inés Bouzón, Laura Iglesias, Manuel Mougán, Hixinio Rodeiro, Antonio Vázquez, Mayte Vázquez.

 

QUE GRAN SORTE CONTAR CON ESTE TEATRO CADA MES DE FEBREIRO EN BETANZOS!

QUE ORGULLO QUE SEXA XENTE DO AGUIAR OS QUE ESTEAN DETRÁS DE TAN FERMOSA INICIATIVA!

 

E SEGUE PARA O RESTO DO MES

Chegou aos nosos oídos... o Aguiar do xadrez ao taekwondo

Chegou aos nosos oídos...a participación dalgúns dos nosos alumnos en diverdas competicións deportivas. 

A fin de semana do 13 e 14 de xaneiro disputáronse os Campionatos Provinciais Sub-16 de xadrez no que participaron, con éxito, Nicolás Domínguez Souto e noso alumno  Roque Bouza Santiso, do Clube Xadrez Betanzos. Logo de seis duras roldas quedaron terceiro e quinto, respectivamente.

Na pasada fin de semana (20 de xaneiro) unha nutrida representación aguiarense ( que vedes posando coa pancarta do seu equipo, "Kwon", na imaxe inferior) participaba no Campionato Galego Junior de Taekwondo

Os resultados tamén foron excelentes para os nosos alumnos e alumnas nesta disciplina deportiva con  5 bronces e unha prata: Andrea Cortés, bronce en peso Pluma; Anahi Smichdt, bronce en  peso Lixeiro; Arón Vázquez, tamén bronce en Superlixeiro;  Izan Prego,  prata na mesma categoría de superlixeiro; Martín Dominguez, bronce en Mosca; e Lucas Mahía, bronce en peso Galo.

 

 

Parabéns aos nosos alumnos...

Chegou aos nosos oídos...nova convocatoria de teatro en Betanzos

Chegou aos nosos oídos...unha nova convocatoria, (puntual e agardada cada mes de febreiro en Betanzos) do Encontro de Teatro Afeccionado que organiza a Agrupación Teatral Mariñán na que participan varios ex alumnos/as e profesores do Aguiar. 

Ocasión para rir, pensar, emocionarse. De todo programan estes resistentes teatrais. Por variedade de propostas que non sexa!

Un ano máis sentímonos agradecidos por esta interesante proposta que achega ben pertiño de nós o mellor do teatro,  o que se fai con pasión e vocación.

Apuntamos nas nosas axendas!

Chegou aos nosos oídos...exposición de Olga Patiño no Liceo, "Territorio acoutado"

Chegou aos nosos oídos...unha nova exposción da poeta, i ex profesora do noso instituto,  Olga Patiño.

Dista volta presentanos un traballo conxunto co fotografo Carlos Lorenzo que titula "Territorio Acoutado".

O venres 12 de xaneiro presentarase a exposición e o libro que a acompaña da man do, tamén poeta, Miguel Anxo Fernán Vello.

O vindeiro xoves 18 volveremos a ter ocasión de encontrarnos con Olga na Libraría Biblos onde presentará a exposición e o citado libro

Chegou ás nosas retinas(desta volta non foron oídos).... o reflexo do Aguiar na Casa dos Espellos do Pasatempo

Chegou ás nosas retinas... o reflexo do Aguiar na Casa dos Espellos.

A Casa dos Espellos( enlace) é unha revista dixital xurdida dun grupo de entusiastas traballadores pola revitalización e valoración do Parque Enciclopédico de O Pasatempo. Atopamos no elenco de colaboradores e colaboradoras a un bo número de antigos alumnos do noso Instituto. Comezando polo que semella ter bastante que ver coa iniciativa, Ángel Arcay, o resto do elenco o cubren con nota,  Sara Fraga, Lucía Díaz, Eduardo Marqués, Daniel Lucas Teijeiro...

Pero deixemos que sexan eles os que presenten o proxecto:

Casa dos Espellos: Revista poliédrica da cultura galega, nace ca mesma vontade ca que Don Juan García Naveira construíu dita Casa no Parque do Pasatempo.

Se o Parque pretendía ser un alegato ao coñecemento e á educación (nunha das moitas narrativas que nos pode aportar o lugar) a Casa dos Espellos era un dos divertimentos deste xardín no que o visitante atopaba unha realidad deformada dende diferentes puntos de vista, con espellos cóncavos e convexos que devolvían unha imaxe real e ao mesmo tempo diferente do que tiñamos diante.

É por iso que cremos necesario a publicación desta Revista de carácter científico, onde teñan cabida moitos deses traballos que nos aporten novas visións sobre todo o mundo que xira baixo os nosos pés. Novos puntos de vista e novas formas de narrar todo o que está a acontecer.

(enlace)ilustración de Josiño Souto Santé

Casa dos Espellos: Revista poliédrica da cultura galega é unha revista semestral que nace co obxectivo de dar voz aos novos protagonistas dos diferentes campos da nosa cultura.

Malia que parte da vontade de recuperar todo o relacionado co pasado do Parque del Pasatiempo e da cidade de Betanzos, está aberta ao coñecemento doutras realidades do ámbito galego nas súas diferentes vertentes: arte, arquitectura, historia, xeografía, socioloxía, antropoloxía, xornalismo, urbanismo, turismo, literatura e un longo etcétera.

 

Prestará especial atención tamén a todo o relacionado co pasado da nosa emigración en todas as súas expresións culturais.

 

 

Parabéns para esta iniciativa que axuda a adquirir conciencia do noso patrimonio

e felices de que o Aguiar forme parte

( aínda que sexa na prehistoria) deste proxecto

Chegou aos nosos oídos....SOCIOLINGVISTIČEN RAZVOJ GALICIJE: Zgodovinski pregled in sedanjost de Lucía Díaz Vilariño.

Chegou aos nosos oídos... (e ningún día mellor que un 13 de decembro para dalo a coñecer) que a nosa querida ex do Aguiar, Lucía Díaz Vilariño, ven de impartir (o pasado mes de novembro) unha comunicación na Facultade de Hispánicas de Ljubljana (Eslovenia) co suxestivo título de : SOCIOLINGVISTIČEN RAZVOJ GALICIJE:Zgodovinski pregled in sedanjost. Que podería traducirse, para entendermonos, por "Desenvolvemento Sociolingüístico de Galicia". Un bo pretexto para falar_de e reflexionar_sobre Galicia.

Deste xeito presentábase a súa intervención en facebook:

DESARROLLO SOCIOLINGÜÍSTICO DE GALICIA: 

Aproximación histórica hasta la actualidad

Jueves 30 de noviembre a las 17.10, aula 13

 

El último día de noviembre les invitamos a conocer Galicia. Se realizará una aproximación cultural, social y lingüística tanto a la Galicia histórica como a la Galicia actual. Se expondrán las características de esta nación de España, así como su desarrollo a través de los siglos, ligado íntimamente al desarrollo social del gallego. Se presentarán, asimismo, las bases del nacionalismo actual gallego. Finalmente se expondrá el papel actual de la lengua en la sociedad y se ejemplificarán ciertas diferencias con otras lenguas romances.

 

 

Lucía Díaz, graduada en Traducción e Interpretación por la Universidad de Vigo, está actualmente trabajando como auxiliar de conversación en Ljubljana en Jezikovna zadruga Soglasnik. Está cursando, asimismo, un Máster en Traducción Audiovisual en la Universidad de Cádiz que le permitirá especializarse en dicho campo. Ha trabajado como traductora para distintas asociaciones benéficas entre otros, traduciendo del inglés al español y al gallego.

 

E ista a crónica que a propia Lucía facíanos para esta web: 

 

Foi unha charla na Facultade de Hispánicas da Universidade de Ljubljana.

 

A profe de Cultura e Civilización pediume se podía presentar Galicia e o que fixen foi presentar as cidades e o camiño, despois falar un pouco do desenvolvemento sociolingüístico de Galicia (como se comportou o galego e a sociedade galega a traves dos seculos).

 

Despois presentei un pouco a situacion actual (falantes, diglosia, etc) e unha comparación co castelan e co portugués.

 

Un pouco variado, pero creo que lles gustou!

 

A nos, dende logo,  teríanos encantado poder asistir.

Seica cando veña de vacacións, ao cheiriño da tortilla e o caldo de mamá...Guiño

poderiamos escoitala no noso espectacular Salón_de_Actos_con_columna_centrada

 

Chegou aos nosos oídos...Raquel Vázquez presenta a súa primeira novela

Chegou aos nosos oídos.... e (claro) non entendíamos nada. Porque o título da primeira novela da ex do Aguiar Raquel Vázquez (enlace) resulta cando menos sorprendente. 

Chomolangma é o xeito en que os habitantes do Tibet dende sempre coñeceron no seu idioma sherpa ao monte Everest. Con este título, Raquel lévanos ata un mundo de saturación de información e tecnoloxía, unha historia de fuxida, de amor, de supervivencia... 

O luns 11 de decembro, acompañada por Francisco Rodríguez Coloma, presentará a súa obra na librería Moito Conto ( rúa San Andrés 35, A Coruña) ás 19,30h. 

Moita sorte!

Distribuir contido