Chegou aos nosos oídos

Chegou aos nosos oídos...Manolo Vilariño, o profe-artista que fala cos paxaros

Chegou aos nosos oídos... que o que fose durante moitos anos profesor de Ciencias Naturais no noso instituto, Manuel Vilariño segue coas súas achegas artísticas logo de recibir no 2007 o Premio Nacional de Fotografía

Sabemos, por fontes ben informadas,  que próximamente aparecerá un artigo sobre él no Anuario Brigantino, firmado polo profesor Xosé Luis Mosquera. Hoxe coñecemos o máis recente da súa andaina fotográfica por esta noticia do diario El País.

 

Manuel Vilariño, el artista que habla con los pájaros

El poeta y fotógrafo gallego expone en Puxagallery

Un pájaro carbonero y un petirrojo parecen dialogar tranquilamente hasta que éste último emite su peculiar timbre con el que avisa que algo inesperado va a suceder. El sonido de estas aves es una pieza musical compuesta por Manuel Vilariño (A Coruña, 1952) que sirve de introducción e hilo conductor a la exposición Animal Insomne, una muestra en la que el artista mezcla de manera íntima todo lo que conforma su mundo creativo: la poesía, la nostalgia, la música y un inconmensurable amor por la Naturaleza. La exposición se puede ver en Puxagallery (Santa Teresa, 10. Hasta el 21 de julio), dentro del programa de PhotoEspaña.

Manuel Vilariño, premio Nacional de Fotografía en 2007, no es un artista de muchas exposiciones. Su presencia en el pabellón español de la bienal de Venecia de 2007 con su Paraíso fragmentado, hizo que el poeta y fotógrafo abandonara más de lo que le gustaría su casa de Bergondo, el pequeño pueblo coruñés en el que vive en pleno bosque. Entre las más recientes están la que le dedicó Tabacalera en Madrid, en 2013 y la antológica del Centro Galego de Arte Contemporáneo, en 2015. “Aquellas, sobre todo la del CGAC, fueron recorridos exhaustivos sobre cosas que he ido haciendo a lo largo de mi vida. Aquí hay obras que van desde 2008 hasta este mismo año, pero es una versión reducida de lo que se expuso en Galicia”.

La docena de piezas que ocupan los diferentes espacios de la Galería se pueden contemplar como fragmentos de la vida del artista. La composición musical de la entrada conduce a partituras que cuelgan de la pared como poemas sin palabras y también a versos escritos en la pared donde habla de soledad, de sombras y de glaciares. Hay cartografías con anotaciones que hablan de nostalgia y de recuerdos. Y, sobre todo, hay fotografías de diferentes formatos en las que al paisaje imponente de una playa finlandesa está acompañada de imágenes de bosques retratados con la de la luz auroral, esa hora azul de la que hablaban María Zambrano o Alain Resnais.

En conjunto, explica el artista, “la exposición es una mirada melancólica sobre la soledad, sobre la ausencia del amor, vista desde la poesía y desde el interior de mí mismo. Es un mirar para buscar lo inesperado. Y también es una mirada de animal insomne, esa idea de que bajo la bóveda celestial hay muchas otras realidades posibles, seas pájaro o mineral”.

Esa búsqueda de otras realidades posibles está en el caso de Vilariño muy vinculada al maltrato de la Naturaleza. Él siente el sufrimiento y la inquietud de animales y árboles . Ante las obras tituladas Árboles del silencio I y II recuerda como el pasado mes de diciembre recorrió los 20 kilómetros que separan su casa de un roble de 800 años que había sido partido por un rayo. Dentro de ese árbol herido vio como pequeños animales que vivían a su abrigo y sintió más que nunca su compromiso con el bosque. Para Vilariño, fuera de los bosques solo está la intemperie. Y recuerda las enseñanzas del naturalista estadounidense Henry David Thoreau sobre los derechos indiscutibles de la Naturaleza.

Cuando se le pide su opinión sobre por posición del presidente norteamericano Donald Trump sobre el cambio climático, el artista responde con un elocuente gesto de desesperación. En un ambiente más próximo, en su propia Galicia, sufre por los continuos incendios que cada verano destruyen los bosques. Y cuenta que, en muchos casos son provocados para vender la madera quemada más barata, pero que en otras muchas ocasiones, los incendios son utilizados como venganza de unas familias contra otras. “Es tremendo contemplar el fuego a través de los ojos de los animales. Y nada más desolador que descubrir entre la ceniza de los bosques los cráneos de los animales muertos. Los huesos adquieren unos tonos amarillentos que convierten el paisaje en algo sobrecojedor”.

El silencio de la muerte en los bosques está acompañado de versos de poetas que le acompañan desde hace muchos años. Además del que fuera su gran amigo, Jose Ángel Valente, se sigue alimentando de la poesía de Wallace Stevens, Emily Dickinson, Allen Ginsberg o Rosalía de Castro. “No podría vivir sin poesía y sin música. Producen sentimientos que los pájaros entienden. Yo no tengo ninguna duda de si nos esforzamos, podemos comunicarnos con ellos”.

ABAU ( Selectividade-PAU's) xuño 2017 : 100% aprobados!

Que podemos dicir un ano máis... que podemos sentirnos moi contentos e orgullosos no noso instituto.

Se xa foi un éxito que 75 alumnos/as se poidesen presentar a ditas probas en xuño logo de aprobar o duro 2º de Bacharelato, a satisfacción medra aínda máis  logo das probas da ABAU ( antes selectividade ou PAAU) cando o 100% dos 75 alumnos/as que o IES Francisco Aguiar presentou a estas probas aprobou coa cualificacion de apto a fase xeral de ditas probas.  

A falta dun estudo máis polo miúdo dos resultados podemos adiantar algunhas conclusións que tiramos da  cualificación resultante da combinación da nota de ditas probas ABAU coas cualificacións de Bacharelato:

APROBAN: 75 alumnos (100%)

 

SUPERAN O 9 : 9 alumnos (12%)

 

SUPERAN O 8: 18 alumnos (24%)

 

 SUPERAN O 7: 41 alumnos (56%)

 

Parabéns, logo,  á xeración de

 

cachorros de ornitorrinco,

booktubers

manequin challengers

pioneiros de asignaturas de imaxe e son

fotografos do 33º outono fotográfico

artistas decoradores de cadeiras de instituto

músicos de éxito

pelegríns polo camiño inglés

escritoras multipremiadas

 Voluntarias correspondentes 3.0

 

 

 

 

 

E logo da ABAU.... Que estudar? Onde vivir mentres tanto?

 

Que estudar en Galicia? Hai vida despois da ABAU(enlace)

 

 

E agora que estudo? Aquí podes ver a oferta formativa que tes en Galicia e en España

Titulacións das Universidades

Ciclos formativos de Formación Profesional

 

Ensinanzas de réxime especial:

Ensinanzas deportivas

Ensinanzas de danza

Ensinanzas de conservación e restauración de bens culturais

Ensinanzas de idiomas de réxime especial

Ensinanzas deportivas

Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño

Ensinanzas superiores de arte dramática

Ensinanzas superiores de deseño

Ensinanzas de música

 

Oferta universitaria en toda España:  Titulacións Universitarias en España

 

Oferta de Formación Profesional en España:  Ciclos formativos en España

 

Prazas nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo(enlace)

 

A Consellería de Educación convoca prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2017/18.

 

Requisitos:

Alumnado que no curso académico 2017/18 inicie ou continúe estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados, situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo.

A persoa solicitante deberá estar matriculada nunha concreta modalidade dun nivel educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo, que:

a) Non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade de residencia habitual da unidade familiar á cal pertenza.

b) Tampouco se imparta nunha localidade que, pola súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación dispoñibles, permita o desprazamento diario con facilidade.

Excepcionalmente, poderán ser eximidos deste requisito os solicitantes nos cales concorran circunstancias persoais ou familiares moi graves debidamente xustificadas.

As prazas poden ser gratuitas ou bonificadas:

A praza de residencia será gratuíta: Cando a renda da unidade familiar da persoa adxudicataria sexa igual ou inferior ao limiar 2* fixado polo Ministerio de Educación para o curso 2016/17 (Boletín Oficial del Estado núm. 171, do 16 de xullo). 

 

Bonificadas: cando a renda da unidade familiar sexa superior ao limiar 2, a persoa adxudicataria deberá aboar anualmente as seguintes cantidades: 

a) Ata un 10 %: 551,99 €.

b) Máis do 10 % e ata un 20 %: 846,45 €.

c) Máis do 20 % e ata un 30 %: 1.340,98 €.

d) Máis do 30 %: 2.019,17 €.

 

Prazos:

a) Para os solicitantes matriculados en Bacharelato ata o 15 de xullo de 2017.

b) Para os solicitantes matriculados en ciclos formativos ata o 8 de agosto de 2017.

Os trámites poden facerse en http://sede.xunta.es co procedemento ED306A

Máis información no DOG do 9 de xuño de 2017 e nos CRD:

http://centros.edu.xunta.es/credocoruna/ 

http://centros.edu.xunta.es/credovigo/ 

http://centros.edu.xunta.es/credodeourense/

*O limiar 2 de renda familiar para o curso 2016-2017:

Familias dun membro: 13.236

Familias de dous membros: 22.594

Familias de tres membros: 30.668

Familias de catro membros: 36.421

Familias de cinco membros: 40.708

Familias de seis membros: 43.945

Familias de sete membros: 47.146

Familias de oito membros: 50.333

 

 Aloxamento nas Residencias de Xuventude durante o curso 2017/2018(enlace)

 

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dispón de instalacións que durante o curso académico funcionan como residencias xuvenís. Como é habitual as ditas instalacións póñense a disposición dos mozos/as estudantes, reservando un 9% das prazas para a mocidade traballadora e  resérvase tamén un 9% para o caso de mozas que sufran violencia de xénero ou para mozos e mozas cuxas proxenitoras a sufrisen.

As instalacións a disposición dos mozos e mozas residentes durante o curso académico ofrecen aloxamento e mantenza, nelas desenvólvese unha serie de actividades e convivencias educativas a través das que se intenta fomentar valores sociais, culturais e deportivos.

Convocatoria para o curso académico 2017/18: 220 prazas.

Cidade

Residencia

Estudantes

Traballadores/as

Violencia xénero

Lugo

Centro Residencial Xuvenil “LUG”

60

7

7

Ourense

Florentino L. Cuevillas

45

5

5

Vigo

Altamar

75

8

8

 

O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 13 de xullo de 2017.

As solicitudes están dispoñibles na sede electrónica da xunta https://sede.xunta.es, entrando no procedemento BS303B para estudantes e BS303D para traballadores/as.

Requisitos:

- Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento da solicitude de praza.

- Non ter perdido a condición de residente por causa imputable a persoa solicitante.

-Ter os 16 anos cumpridos e non superar os 30, na data do 31 de decembro de 2017.

A mocidade estudante, ademais:

- Cursar estudos de formación profesional ou ciclos formativos, de bacharelato,  estudos universitarios tendentes á obtención do título de grao ou equivalente ou ben, mentres non se xeneralice a implantación dos novos títulos universitarios, estudos universitarios de 1º, 2º ou 3º ciclo nunha facultade ou escola universitaria, ou estudos superiores en ensinanzas artísticas.

- Que no concello onde radique a súa residencia habitual non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos que vaia cursar o/a solicitante. Exceptúase do anterior a realización de estudos universitarios, nos cales o/a solicitante non acade a nota de corte ou puntuación académica mínima esixida para o ingreso nas facultades ou escolas universitarias da localidade de residencia habitual.

A mocidade traballadora tamén deberán cumprir os seguintes:

- Que o lugar de traballo teña o enderezo nun concello distinto ao lugar de residencia habitual da persoa solicitante.

- No caso de que a relación de traballo non sexa fixa ou indefinida terá que ter unha duración mínima de 3 meses contados desde a data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

- No caso de ser unha persoa traballadora autónoma por conta propia, será necesario que estea dada de alta no réxime de traballadores/as autónomos/as da Seguridade Social, con anterioridade á publicación da presente convocatoria.

Prezo: 

a) Habitación dobre: 324 € por residente e mes. 

b) Habitación cuádrupla: 250 € por residente e mes.

Período de estadía:

O período máximo de estadía das persoas beneficiarias será de 11 meses e estará comprendido entre o 1 de setembro de 2017 e o 31 de xullo de 2018. Exceptúanse os períodos de vacacións de Nadal e Semana Santa.

As persoas beneficiarias que teñan a condición de estudantes, iniciarán e finalizarán a súa estadía na residencia coincidindo co curso académico no que estiveran matriculadas (respectando sempre o período máximo antes indicado) e en todo caso concluirán a súa estadía co remate dos estudos desenvolvidos.

En calquera caso as persoas beneficiarias deberán iniciar a súa estadía na residencia como prazo máximo o 31 de outubro.

Máis información no DOG do 13 de xuño de 2017

Lugo: http://reaj.com/albergues/residencia-juvenil-lug-ii/

Ourense: http://reaj.com/albergues/residencia-juvenil-florentino-lopez-cuevillas/

Vigo: http://reaj.com/albergues/residencia-juvenil-altamar/

 

 

O vídeo da cerimonia de Graduación 2017

Video montado por Irene García proxectado na graduación de alumnado de 2º BAC do IES Francisco Aguiar o 25 de maio de 2017.

Participan, como locutores Carmela Vázquez, Alfonso Edreira, Adrián Mauri, Isabel López, Inés López e Noelia Fraga. Como artistas invitados unha chea de alumnos e alumnas dista promoción.

 

Chegaron aos nosos oídos.. os éxitos deportivos de xente do Aguiar: Martín da Lama e o equipo de basket infantil do Santo Domingo

Chegaron aos nosos oídos...noticias das exitosas andanzas nos eidos deportivos de xente o Aguiar.

Tivemos coñecemento do grande éxito do equipo feminino do Santo Domingo na categoría de infantís, que acaba de gañar a súa liga. No equipo atopamos xogadoras que actualmente cursan estudos no Aguiar  e o seu entrenador que tamén estudou no noso instituto.

(enlace co noticia na web do "Santo")

 

Asemade, o pasado xoves aparecía na edición de ferrol de La Voz de Galicia unha reseña sobre  o noso alumno de 2º de BAC, Martín da Lama, unha das promesas do Racing de Ferrol.

 

(enlace coa noticia do diario)

 

 

Parabéns... o voso esforzo é un exemplo para todos.

Becas da cafetería para as viaxes a París e Londres

Unha vez máis a cafetería do Aguiar, que rexenta a nosa Melania, axuda ao noso alumnado que viaxa "polo mundo adiante" concedendo unha axuda a aqueles viaxeiros ou viaxeiras con mellor expediente académico.

 Desta volta a axuda  correspondeu a María Otero que viaxou a Londres

 

e Manuel Lendoiro viaxeiro a París.

Grazas a Melania que impulsa deste xeito a actividade viaxeira,  ben combinada co esforzo nos estudos.

Chegou aos nosos oídos...."el saco de las historias " de M. José Pardo y Lucía Sáez

 

Chegou aos nosos oídos...que a actividade creativa de dúas profesoras do noso instituto ( Lucía Sàez e M. José Pardo) agromou nunha atractiva páxina web que recomendamos visitar: "El saco de las historias"  http://elsacodelashistorias.com/

Chegou aos nosos oídos....alumnos do Aguiar na 2ª división da Liga Galega de xadrez

Chegou aos nosos oídos... que algúns alumnos e ex do Aguiar pertencentes ao #ClubeXadrezDeBetanzos acábanse de proclamar campións de liga e ascenden automáticamente a 2ª división da liga galega de #Xadrez .

Xa van uns cantos anos que no Aguiar, especialmente co traballo do compañeiro Óscar García, traballase pola promoción do xadrez.  Son clásicos os torneos ao remate de cada trimestre ou curso e xa van varios anos que unha tarde á semana funciona no Instituto unha escola de xadrez.

Por iso, ver que algúns dos que pasaron, ou aínda están no Aguiar, acadan un premio merecido, alégranos. PARABÉNS!

Distribuir contido