Skip to Content

Lingua galega

Preparando o Entroido

O alumnado de 2º de ESO realizou un mural nos corredores do instituto

POEMAS PRESENTADOS POLOS ALUMNOS DE 2º

1.        Autora: Aroha Lago, 2º C

 

 

Nos queremos libremente

ser libremente homes, ser estrelas,

ser formigas, paxaros, miniños,

nesta arca de Noé na que bogamos.

        Cada tempo ao seu tempo

        e este é o tempo de chorar

Os corazóns dos homes que ao lonxe

espreitan feitos están tamén de pedra

Non importa, agardarei polo albor do

        novo día.

Presento a testemuña das feridas

-mocedá derrumbada, tronzada flor de

arelas-

Non importa, agardarei polo albor do

novo día

¿Cando se perdeu este gran reino?

 

 

 

2.         Autora: Miriam Ramos Gómez, 2º C

       

 

Cando o corvo da noite se pousaba

Pasaba o xornaleiro asubiando,

viva, viva decimos,

sobre a lama do mundo vou andando.

Teño o corazón senlleiro,

pola longa loxanía.

Mais outros camiños que non leven,

unha voz que anuncia o día.

Busco unha terra limpa,

lonxana primavera,

un orfo na noite fría,

Pregunto e non constestas. Morte negra.

 

 

 

3.        Autor: Andrés Paredes, 2ºC

                        

Digo bomba de fósforo

de carne podrecida

digo nenos de nápalm

pugas de aceiro, antropfaxia

Nos queriamos libremente

Nos queriamos somente

ser libremente homes, ser estrelas

e agora non somos máis que sombras

 

Soio sei que me sinto un extranxeiro

entre o esterco de noites sen estrelas

e un balbordo de frautas e pandeiro

unha historia contada noutra lingua

escura voz dun sono xulgado?

están izando grimpolas de soños

Lingua proletaria do meu pobo

                        

 

4.        Autora: Alba Cardona Rodríguez, 2ºC

 

 

Nos queríamos libremente surrir,

xuntos os dous. Aquil que entonces era

como un río fuxiu, pero quedouse coma

o río que pasa sempre queda.

 

Pois o que chora vive, iremos indo;

indo, chorando, andando.

Que está comigo a esperanza

fiando, fia que fia.

                             

 

 

 

 

5.        Autora: Iria Penelas Miguens, 2ºC

 

 

CELSO EMILIO FERREIRO

 

Presento a testemuña das feridas,

e doume aos berros fondos,

porque agora non somos máis que sombras,

cunha pedra diante dos ollos.

Non importa agardarei

nesta longa noite de pedra

polo albor do novo día.

 

 

6.        Autora: Thalia Vargas Llanos, 2º C

 

                        

Non importa, agardarei polo albor do novo día

Ela fía i eu confio no albor do novo día

¿Cando, cando se perdeu este gran reino?

O tempo fais estatua na saudade

i eu morro de saudades cada intre.

 

O corazón dos homes que lonxe

espreitan feitos están de pedra.

I eu, morrendo nesta longa noite de pedra.

E sobre min choven as soidades amargas

das estrelas. E no meu corazón tamén

chove.

Ollaime ben, eu son arbre triste

feito de escura terra

e xa nunca voltei a sere soño

vidro do soño fráxil

nun rochedo de berros e agora somos

máis que sombras

E no meu corazón tamén chove.

                

 

7.        Autora: Susana Borja Borja, 2ºC

 

 

FALO NA MADRUGADA

 

Falo na madrugada

Fuco Pérez sin segundo,

máis alá dos desertos e dos lagos,

nun amanecer de lirios.

 

Cando os animais falaban,

cando o corvo da noite se pousaba,

a lúa espreitaba,

nos ventos fuxidos.

 

Vivirei coma o lume,

cando semente a esperanza,

cando o mundo era unha pedra intaita,

¡Quen lle ensinou ao vento xeografía?

                        

 

8.        Autora: Mónica, 2º C

 

 

O aire puro da mañá proclama,

sobre esta terra escura,

unha noite sen lúa,

coma o aire do mencer

e das escumas, dos

ríos que camiñan para

o mar libre, no amencer

que nos espera.

 

                        

 

 

 

 

9.        Autora: Leticia Varela Cebeira, 2º C

 

 

Iste é o tempo de chorar

morrendo nesta longa noite de pedra

non somos máis que sombras

as olladas son de pedra

mocedá derrumbada, tronzada foi de arelas

        Fiando, fía que fía

Pois o que chora vive

nesta longa noite de pedra

cada tampo ten seu tempo

Fiando, fía que fía

Noso amor dícil rompeuse

        Fiando, fía que fía

Queriamos libremente surrir

e creeron na libertá dos soños

fuxindo cara a morte, pasan morrendo

que está comigo a esperanza

crendo na libertá dos soños.

                        

 

10.        Autora: Noelia Barcia Muiños, 2º C

 

 

Non importa,

agardarei polo novo día.

Morrendo nesta longa

noite de pedra.

 

Os homes viven, morren

i eu morro de saudades cada intre.

Xa non tiña medo

Pois o que chora vive, iremos

indo; indo, chorando, andando.

                        

 

11.        Autor: Jesús Figueroa Pena, 2º C

 

 

Chove que chove na casa do pobre

chove que chove no corazón de aquel home.

Mentras o home soñaba o pobre choraba.

Con razón choraba porque perdía a súa amada.

Nos queriamos libremente

Nos queriamos libremente

recuperar a amada daquel que choraba

e o pobre co seu bo alento a recuperou.

                        

 

12.        Autora: Beatriz Lamas, 2º B

 

 

Porque pasaron tantos anos.

No tempo aquil cando os animais falaban,

decir libertá non era triste.

Beberei a paisaxe nun amencer de lirios.

As campanas do mar nos ventos fuxidos,

decir amor, decir amigo era igual,

que nomear a primaveira.

 

                        

13.        Autor: Kevin B.F., 2º B

 

NOITE

 

Teño lobos teño sombras

sobre ista terra escura,

cos ollos postos sobre duras pedras,

furando o longo túnel dunha noite

buscando a patria ao solpor.

Cantaban nos solpores 12 nainas

como o vento

que o mundo está moi bon,

por culpa da vida.

14.        Autor: Daniel Prieto Rico, 2ºB

 

Escoita a miña xente

pombas de luz e xílgaros de soño,

de lúas e de estrelas penduradas

sulcando no val das torres mergulladas.

 

Apenas digo nada,

un aire que mancaba,

o corazón da xente.

E agora non somos máis ca sombras.

                        

 

 

15.        Autora: Antía Romero Lago, 2º B       

 

Teño o corazón senlleiro e orfo,

pola longa lonxanía,

vou camiñando sen présa.

E eu son o rei de min mesmo;

Igoal que un can danado nos camiños do terror,

sobre a lama do mundo vou andando.

Que está comigo a esperanza fiando, fía que fía...

cos meus ollos de neno.

                        

 

 

16.        Autor: Gabriel Ríos Muñíz, 2º B

 

Polo esprito vencido

baixa a noite da libertá prostituída.

Os corazóns dos homes feitos tamén

están de pedra. O ruiseñor está mudo

nesta longa noite de pedra, orfo na

noite fría cos ollos postos sobre as

duras pedras.

Non importa, agardarei polo

albor do novo día.

 

17.        Autor: Samuel Touriñán        Méndez, 2º B  

 

 

Teño lobos                teño          sombras,

dicir espada              está          prohibido,

sobre                ista           terra         escura

libremente         ,               libremente.

Teño         a               sorte         fuxia

polo         albor         do            novo         día.

sin            senso, un aire que mancaba

sen           temor, sen negruras, sen cadeas.

Detrás de cada home

un lobo que te come

E no meu corazón tamén chove.

                        

 

 

18. Autor: Chabeli Borja Borja, 2º B

 

 

Non importa, agardarei,

na libertá creemos,

vivirei como o lume,

cantarei para os homes,

mentras o tomo espero.

Tripulantes infames,

decir amor,

decir amigo.

                        

 

 

 

 

 

 

 

 

19.        Autor: Guillermo Reyero Río, 2ºB

 

No tempo aquil,

un luns pola mañá,

dicir libertá non era triste,

dicir espada estaba prohibido.

 

As xentes esqueceron os seus nomes

soio se ouvia falas do lume.

 

Nin as voces nemigas

nin os homes cativos.

 

Feridos de silencio baixo a noite

¿Os homes, viven, morren sempre cegos

camiñan apalpando a noite longa,

unha historia contada noutra lingua?

 

Non teñas medo!

 

Fame, suor, aldraxe,

terror de noite e selva,

pugas de aceiro, antropofaxia.

 

Apenas digo nada.

                        

20.        Autora: Raquel Vallo, 2º B

 

Petou nas portas do meu mundo

pombas de luz e xílgaros de soño,

chamou no meu corazón.

 

Eu xa te busquei

 

cando o solpor dormía sobre os pinos,

cando o mundo era unha pedra intaita.

 

Agora o meu amor ten outro nome.

 

21.        Autora: Natalia G. C., 2º B

 

MORTE NEGRA

 

Polos camiños de Cangas

muros de noite se erguían

ao longo atardecer da túa morte

ben pensado, o patrón todo mo debe.

 

Cando as cousas buscaban os seus nomes,

decir o teu nome non se entendía

pechai tódalas portas,

falo na madrugada

e ponse azul a alba.

Pasaban de ruada os fortes mozos

sobre a lama do mundo vou andando

pregunto e non contestas, morte negra.

Petou nas portas do mundo

Soio te teño a ti, miña memoria.

                        

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

22.        Autor: Thomas R. Íñiguez Arias, 2º B

 

Cando os animais falaban

Decir espada estaba prohibido

 

Eu son un arbre triste

Busco unha terra limpa

 

Estou pechado en min

Sobre min choven as soidades amargas das estrelas

 

Decir teu ou meu non se entendía

Lexano amor hedra que medra e medra dentro de min

 

Eu xa te busquei

Cando o mundo era unha pedra intaita

 

Na noite oscura está acesa

Eu son o rei de min mesmo; goberno o corazón.

                        

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

23.         Autor: Andrés Fernández Mejía, 2ºA

 

HOME TOTAL

 

Busco a verdade en ti rexa poesía

Está mudo o reixeñol, mudo coma o vento

que outrora cantar solía. Os corazóns dos

homes pérdense no arrabando do amencer

que ao lonxe o espreitan. Espello meu no

que me estou ollando. Teño lobos teño sombras

teño a sorte fuxida. Que está comigo

a esperanza, fía que fía. Eu pregunto,

cando, cando se perdeu iste gran reino?

 

 

24.         Autora: Patricia Pousada, 2º A

 

Nestas derradeiras luces do solpor

Fecunda sementeira no pasado.

Había luces de amenceres novos,

nun rochedo de berros.

Investiga a verdade do teu tempo,

que está conmigo a esperanza.

Que vas e vés sin sombra polas rúas,

nesta arca de Noé na que bogamos.

O arrabaldo do mencer,

era igual que nomear a primaveira.

 

Un grande telescopio nos vixía,

e fita sin acougo o noso rumbo,

coma un oscuro espía que espreitase.

 

Unha vez houbo un home,

 

Cando os animais falaban.

 

Decir libertá non era triste,

Ninguén sabía dos aldraxes.

25.        Autora: Marta Blanco García, 2º A

 

        COMA O VENTO

 

Nos bosques profundos

Cando os animais falaban

Unha vez houbo un home

Dicir verdá era coma un río

E agora non somos máis que sombras

Como o aire do mencer e das escumas

Dicir meu e teu non se entendía

O tempo é unha cousa que

        está e que esbara

Tódalas cousas morren i esmorecen

        Eu pregunto:

Cando, cando se perdeu iste gran reino?

Investiga a verdade do teu tempo

        no profundo da historia.

 

26.        Autor: Joel Gómez Espiño, 2º A

 

        ERGUÉMO-LA ESPRANZA

 

Non importa agardarei

polo albor do novo día

Os corazóns dos homes

que ao lonxe espreitan

pombas de luz e xílgaros de soños

Non importa agardarei

polo albor do novo día

Nos queriamos libremente surrir

decir amor

decir amigo

no arrabaldo do mencer

Ela fia i eu confío

nunha noite sin lúa

Os homes cantaban nos solpores

e parecían pombas.   

27.        Autor: Diego López Calviño, 2º A

 

UN MEDO QUE ME VIÑA...

 

Que está conmigo a esperanza,

na esperiencia de un día calisquera,

o teito é de pedra.

 

O tempo ten a cor dos prados,

a noite é un micrófono impasíbel,

tremíame o sangue.

 

Un bálsamo de amor,

o corazón da xente,

era igual que nomear a primavera.

 

Nos queríamos libremente,

polos duros segredos,

dixerilo sen medo.

 

Libremente, libremente,

Tódalas cousas morren e esmorecen...

 

 

28.        Autor: Alberto Rojo Montes, 2º A

 

Cando, cando se perdeu este gran reino?

 

mentre imos andando

nós queríamos somente

dende todas as voces que nos falan

soñar cun abrente de bandeiras o ceo

Nós queríamos libremente

un soar monocorde

o tempo ten a cor dos prados

como un Sahara de augas movedizas

o tempo é unha cousa que está e que esbara

coma longos ríos de brétema

29.        Autor: David Doval Limia, 2º A

 

Decir libetá non era triste

nesta arca de Noé na que bogamso,

decir espada estaba prohibido

no longo vento das chairas e dos bosques.

Nos corazós dos homes

está comigo a esperanza

pero hai unha duda detrás de cada sombra

fiando, fía que fía.

O tempo tan a cor dos prados, pero ás veces

no albor do novo día

o tempo faise estatua na soidade

e nós queríamos libremente surrir.

 

 

30.        Autor: Boris Alvarado Gutierrez, 2º A

 

Pombas de luz e xílgaros de soños

sin senso un aire que mancaba

como o aire do mencer e das escumas

un procura a verdade

dende tódalas voces que nos falan

mentres imos andando

e brillan luces misteriosas

por tódolos camiños baixo as pedras

unha duda detrás de cada sombra.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

31.        Autor: Alejandro José Cedeira Muíño, 2º A

 

Nos  corazóns dos homes,

decir amigo,

decir espada estaba prohibido,

o teito é de pedra,

polo albor do novo día.

Ela fía! Eu confío!

un procura a verdade

nesta longa viaxe.

 

No longo vento das chairas e dos bosques,

nós queríamos somente

un bálsamo de amor.

Mentres imos andando,

súas azas de corvo

brilan como luces misteriosas.

 

 

32.         Autor: Alex Lage, 2º A

 

        No tempo aquil

Cando o corvo da noite se pousaba

Nós queríamos libremente surrir

Dicir espada estaba prohibido

O tempo soa a frauta melancólica

        Os corazóns dos homes

        non saberán o camiño

Investiga a verdade do teu tempo

nas derradeiras lúas do solpor

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

33.        Autor: Diego Rodríguez Gómez, 2º A

 

Cando os animais falaban

no longo vento das chairas e dos bosques

coma o aire do mencer e das escumas

decir espada estaba prohibido

e no perfil confuso as cidades lonxana

palabras dos soldados descoñecidos

o tempo é unha cousa que está pero que esbara

na libertá creemos

o tempo soa a frauta melancólica

e agora non somos máis que sombras.

 

34.        Autor: Ignacio García Sánchez, 2º A

 

No arrabaldo do amencer

aquil que fun non son,

busco a verdade en ti, rexa poesía

que outrora cantar solía.

Xuntos os dous

no albor do novo día.

Nós queríamos somente,

por túneles de noite

ser estrelas,

mais este noso amor difícil rompeuse

polos duros segredos.

Cando os animais falaban

no arrabaldo do amencer

está mudo o reisiñol.

 

 

 

 

35.        Autor: Cristián Graña Piñón, 2º A

 

Teño lobos, teño sombras

que ao lonxe espreitan

Cando os animais falaban

os corazóns dos homes

        feitos están

        coma o vento

de pedra.

Soio cando chegaba ós meus

ouvidos a doce voz de mel.

Pombas de luz e xílgaros de soños

Investiga a verdade do teu tempo

dos ríos que camiñan para o mar libre

teño a sorte fuxida

i eu moarro de saudades cada intre.

 

36.        Autor: Guillermo Pasín González, 2º A

        ESTÁ MUDO O REISEÑOR

Investiga a verdade do teu tempo,

no profundo da historia,

cando os animais falaban

nas derradeiras luces do solpor.

 

O vento faise estatua na saudade,

mentres imos andando,

por túneles da noite

nunha noite sen lúa.

 

Home total,

de pedra o chan,

tódalas cousas morren e esmorecen

no longo vento das chairas e dos bosques.

 

Fecunda sementeira do pasado,

que está conmigo a esperanza,

dos ríos que camiñan, para o mar libre,

no arrabaldo do mencer.

CONCURSO CENTÓN PARA 2º DA ESO

CONCURSO DE CENTÓN

B A S E S

1

Poderán participar todo o alumnado de 2º da Eso do ies Elviña con un ou máis Centóns.

2

Os Centóns terán un mínimo de 7 versos e un máximo de 17 e estarán compostos con versos de Celso Emilio Ferreiro.

3

A data límite para a entrega é o luns 13 de febreiro de 2012 ás 14 horas.

Os Centóns serán entregados ao profesorado de Lingua Galega do grupo correspondente.

4

Os Centóns presentados serán colgados no espazo web do Departamento de Lingua Galega e Literatura co nome e grupo do autor/a

5

Haberá dous premios, un outorgado polo Departamento de Lingua Galega e Lieratura e un premio especial do profesorado.

Ambos os dous premios consitirán nun exemplar de GALEOKE.

O fallo dos xurados será inapelable.

6

Os Centóns premiados daranse a coñecer na mañá do venres 17 de febreiro de 2012 no espazo web do Departamento.

A participación neste concurso implica a aceptación de todas estas bases.

CONCURSO MIL PRIMAVERAS

00/00/

CONCURSO MIL PRIMAVERAS

 

Pistas para resolver as preguntas:

 

Pista para a pregunta 1: Na propia bibliografía de Cunqueiro tedes a resposta.
Pista para a pregunta 2: No libro de Merlín e familia está a resposta.

Pista para a pregunta 3: Atoparémolo en “Vísperas de viaxe”.

Pista para a pregunta 4: Esa cor podes atopala na selva de Esmelle.

Pista para a pregunta 5: Unha desas obras pertence á literatura oriental e a outra á literatura italiana.

Pista para a pregunta 6: A sección que falta podes atopala nun libro que ten como protagonista a un músico (director de coro nos oficios relixiosos).

Pista para a pregunta 7: O mundo xermánico tivo algo que ver con isto no século V.

Pista para a pregunta 8. -Non é serea nin mouro.

Pista para a pregunta 9. A resposta tela nas primeiras liñas dun capítulo dun dos seus libros de narrativa.

 

Pista para a pregunta 10. O poema está no seu libro Cantiga nova que se chama riveira. 

O CONTO VIAXEIRO

O CONTO VIAXEIRO

Departamento (inicio):

Unha noite de frío e xeada que até as aves morrían de frío...

1º A

 ...e non daban dito nin pío-pío, eu estaba durmindo no piso de arriba. De súpeto soou, ding-dong. Era un vabundo que tiña frío e quería agocharse na miña casa. Asusteime e pechei a porta nos seus fociños. O vagabundo volveu chamar, mireino fixamente e resulta que era o meu pai que volvera de traballar.

1º B

Viña aterecido e sen pensalo máis, prepareille un chocolate fumegante e quentiño. Bebeuno, glo, glo, a pequenos grolos. Cando volveu en si, botoume en cara o portazo no nariz e sorriu. Despois de tomalo, quedou durmido.

Eu saín a explorar a rúa. Miña nai, diante do noso coche, remexía no peto do abrigo negro. As chaves durmían baixo o sofá do meu pai, non quedaba só...

1º C

Tamén estaba o meu can Tobi. É branco cunhas peculiares manchas marróns e con ollos azul celeste, e ademais é moi cariñoso, sempre nos está lambendo.

Mamá, moi inqueda, díxome:

-Laura, tes que axudarme a buscar as chaves.

E eu empecei a cantar a canción das chaves: Onde están as chaves, matarile, rile, rile, onde están as chaves matarile, rile, ron, chispón.

Ao cabo dunha hora de busca, encontrámolas e fun durmir.

 

1º D

Mais non conseguín quedar durmida.

Pasei a noite en vela esperando a miña nai, pero non viña. Meu pai díxome que fora de viaxe e eu puxenme moi triste. Ao día seguinte fun á escola pensando por que a miña nai non se despedira de min.

Cando voltei da escola miña nai chomoume por teléfono e díxome que non quería despedirse de min porque sabía que eu ía querer acompañala e ela non podía levarme...

2º A

Ao medio minuto de colgar, xa a botaba en falta. O olor a pizza fría da cociña fíxome lembrar a última vez que pasara algo semellante na casa. Hai demasiados misterios. Por que non me contan o que ocorre? Meus pais lévanse ben, eu noto que se queren. Pero, en que traballa miña nai realmente? Por que tanta viaxe inesperada? Di que vende aspiradoras e non sabe nin cambiar o filtro. Non me contan nada, con isto de ser filla única protéxenme de máis. E, se desta volta, non volve axiña? Estará Lidia connosco, como a última vez, para coidar de Tobi, de papá e de min? Menos mal que Lidia me cae bastante ben.

 

2º B

  Que che pasa, Laura?
- Ufff, coma sempre, ninguén me quere dicir o que pasa.
- Mellor así, ao mellor é preferible que non o saibas.
- Ti tamén! Xa está ben!
- Veña, colle a correa de Tobi e lévao ao parque e, de paso, reláxate un pouco.

Non atopaba a correa por ningures e lembrei que había unha nova no cuarto de meus pais. Abrín o armario: a roupa da miña nai desaparecera por completo. No caixón atopei a correa e unha foto que nunca vira. Mirei con atención pero non puiden descubrir nada, era demasiado borrosa e xa pasara moito tempo por ela. Detrás había unhas letras.

2º C

 Tentei comprender o significado daquelas letras e descubrir a identidade das persoas que aparecían na fotografías, pero non tiña ningunha idea. Corroída pola curiosidaade, decidín averiguar ese enigma, mais necesitaba unha pequena axuda e acudín a Lidia. Esta, ademais de exercer de niñeira, era unha coñecidada da familia, moi querida.

-Lidia, poderías axudarme a identificar estas persoas e o significado destas letras?

Moi nerviosa, Titubeou antes de contestar.

-Eu non son a persoa máis indicada para explicarche ese segredo. Mellor pregúntallo a teu pai.

-Hummmm...!

 

3º A

 Fun correndo preguntarlle a meu pai:

-Papá, por favor, axúdame a identificar estas persoas.

Meu pai respondeu:

-E... por que pensas que son eu a persoa indicada?

Eu, enfadada e farta de todo, contesteille:

-Quero saber isto dunha vez! Pregunteille a Lidia e mandoume onda ti. Estou moi interesada en sabelo! Aínda non sabes cal é o meu soño?

O meu pai respondeume:

Mmm... pódesmo recordar?

-Déixame en paz! Xa eu mesma me encarguei de resolvelo. Despois de pensar e pensar, recordei unha imaxe que había na cabeceira da cama. Era esa imaxe! Gardeina na miña carteira. Había unhas iniciais talladas. Cando ordenei as letras... era o nome da miña irmá xemelga.

3º B

Pregunteime por que os meus país me agochaban tal segredo. E aínda queda por resolver o de miña nai. Onde demos estivera? Intentei investigar polo lado da familia, pero puxéronse nervosos e non me contaron nada.

Entón decidín contratar un detective privado que vira antes no xornal. Acordamos encontrarnos ás cinco na miña casa. Viña de lonxe e chegou un pouco tarde, uns tres cuartos de hora. Pero por fin chegou o tal José Luis Morente.

Mostroume o seu amplo historial de casos resoltos e contrateino. Tiven que pagarle por adiantado, mais non me preocupou moito: aseguroume que chegaría ao final de todo isto.

O tal Morente era un pouco gordiño demais, cunha roupa moi antiga e unhas gafas de sol cheas de roña.

Ofreceuse a levarme no seu coche. Pero preferín ir andando ao ver toda aquela chatarra.

Cando chegamos á gran cidade e nos atopamos fronte ao Espacio Coruña, descubrimos a miña nai de camareira. Prometeume una explicación ao chegar á súa casa.

 

3º C

 

4º A

 

4º B

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut