ADMISIÓN PARA O CURSO 2023-2024
FINALIZACIÓN DO PERÍODO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Rematado o período de admisión e rexistradas xa na secretaría do centro todas as solicitudes válidas presentadas neste período informamos aos interesados que:
- en 1º de ESO o número de solicitudes presentadas en admisión FOI SUPERIOR AO NÚMERO DE VACANTES DISPOÑIBLES (0 vacantes), polo que SERÁ NECESARIO BAREMAR PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS. Contodo, lémbrase que ao ter vacantes 0 todas as admisións presentadas quedarán NON ADMITIDAS.
- en 2º de ESO o número de solicitudes presentadas en admisión NON FOI SUPERIOR AO DE VACANTES DISPOÑIBLES (0 vacantes), polo que NON SERÁ NECESARIO BAREMAR PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS.
- en 3º de ESO o número de solicitudes presentadas en admisión FOI SUPERIOR AO DE VACANTES DISPOÑIBLES (0 vacantes), polo que SERÁ NECESARIO BAREMAR PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS. Contodo, lémbrase que ao ter vacantes 0 todas as admisións presentadas quedarán NON ADMITIDAS.
- en 4º de ESO o número de solicitudes presentadas en admisión NON FOI SUPERIOR AO DE VACANTES DISPOÑIBLES, polo que NON SERÁ NECESARIO BAREMAR PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS.
- en 1º de BACHARELATO DE CIENCIAS E TECNOLOXÍA o número de solicitudes presentadas en admisión NON FOI SUPERIOR AO DE VACANTES DISPOÑIBLES, polo que NON SERÁ NECESARIO BAREMAR PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS.
- en 1º de BACHARELATO DE CIENCIAS SOCIAIS E HUMANIDADES o número de solicitudes presentadas en admisión NON FOI SUPERIOR AO DE VACANTES DISPOÑIBLES polo que NON SERÁ NECESARIO BAREMAR PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS.
- en 2º de BACHARELATO o número de solicitudes presentadas en admisión FOI SUPERIOR AO DE VACANTES DISPOÑIBLES, polo que SERÁ NECESARIO BAREMAR PARA A ASIGNACIÓN DE PRAZAS.
DOCUMENTACIÓN PARA A BAREMACIÓN: aqueles solicitantes que deixasen sen presentar a documentación para a baremación, deberán entregala na secretaría do centro entre o 23 de marzo e o 4 de abril.
PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS: as listaxes provisionais de admitidos e non admitidos serán publicadas o día 25 de abril, de acordo coas indicacións da lexislación de admisión.
PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS: as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos serán publicadas o día 15 de maio, de acordo coas indicacións da lexislación de admisión.