Skip to Content

PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN (CURSO 2024-2025)

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024-25: PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

As listaxes provisionais de admitidos e non admitidos no proceso de Admisión para o curso 2024-2025 foron publicadas no día de hoxe na aplicación electrónica de admisión (só persoas que dispoñan de certificado electrónico de acceso ou chave 365). As listaxes en papel poderán consultarse tamén no taboleiro de anuncios do centro.

Contra as listaxes provisionais poderá formularse reclamación presentada na secretaría do centro dirixida ao Consello escolar no prazo de cinco días hábiles a partir da publicación das listaxes (é dicir, con data máxima do vindeiro venres 3 de maio).

A publicación de listaxes definitivas de admitidos e non admitidos realizarase o 15 de maio.

 

LEXISLACIÓN APLICADA

    O procedemento de matriculación e os seus prazos está marcado polas seguintes directrices lexislativas:

a. Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación [DOG do 11 de febreiro de 2022]

b.  Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C) [DOG 8 de novembro de 2022]

c. Orde do 26 de maio de 2023, pola que se desenvolve o Decreto 157/2022 do 15 de setembro polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de Outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).



page | by Dr. Radut