Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2023-2024

FONDO LIBROS E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR
(CURSO 2023/24)

Normativa legal

Prazos de solicitude e presentación

Documentación necesaria

Listaxes provisionais e definitivas

*     *     *

     Publícase a orde da Consellería na que se establecen as bases e prazos para a solicitude do Fondo solidario de libros de texto e para a solicitude de axudas para adquisición de libros e material escolar para alumnado de ESO no vindeiro curso.

Normativa legal

A normativa legal pola que se rexirá todo o procedemento é a indicada na Orde do 10 de maio de 2023 [DOG do 19 de maio] que se pode consultar completa no enlace de abaixo. Inclúese ademais un extracto da mesma orde coa información máis relevante para as familias.

Volver a inicio


Prazos de solicitude

  • Alumnado con reserva de praza no centro: o prazo de solicitude iníciase o día 20 de maio e remata o día 21 de xuño.

  • Alumnado de incorporación tardía: o alumnado que deba incorporarse ao centro fóra do prazo ordinario disporá dun mes de prazo para solicitar o Fondolibros contado a partir da formalización da súa matrícula. En ningún caso se tramitarán solicitudes con posterioridade ao 31 de marzo.

  • Alumnado que repita 4º de ESO e aquel que non obteña praza en FPBásica: se non tivese presentado solicitude de participación no fondo solidario no prazo ordinario, tamén poderá presentala no prazo dun mes desde a formalización da matrícula.


Lugares de presentación

  • Vía electrónica. As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación Fondolibros da Consellería de Educación a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • No propio centro de ensino. Tamén poderán presentarse cubertos no centro de ensino no que estea admitido ou teña reserva de praza en horario de atención de secretaría (mañás de 09:00 a 14:00 horas).
  • No centro no que se atopa matriculado pendente de admisión noutro centro. Alumnado que solicitou praza noutros centros e está pendente de que lle asignen praza en escolarización subsidiaria. Unha vez se lle asigne praza, o novo centro solicitará o traspaso do Fondolibros presentado en prazo.
  • Rexistros oficiais. Poderán presentarse as solicitudes en calquera rexistro oficial dos establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Volver a inicio


Documentación

  • Formularios do Anexo I e Anexo II da Orde cubertos.
  • Fotocopia do DNI de todos os membros da unidade familiar para resolver posibles dúbidas nos datos dos formularios.
  • Documentación complementaria que corresponda da que se indica no Artigo 11 da Orde. A saber:

- Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodio do/a menor. Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios: 1º Certificado ou volante de convivencia / 2º Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
- Certificado de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo.
- Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión da medida.
- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en sitación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou de órgano equivalente do concello onde resida a familia, no cado de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

Volver a inicio

Listaxes do Fondolibros

Listaxes provisionais. De acordo coas bases da convocatoria, publicaranse as listaxes da resolución provisional con data límite de 12 xullo. Os participantes no proceso disporán de dous días para facer alegacións ou reclamacións contra as listaxes provisionais.

 

Listaxes definitivas. Publicaranse o 26 de xullo.


INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE AS LISTAXES:
De acordo coas bases da convocatoria e coas instrucións da Consellería de Educación, as listaxes poderán consultarse unicamente a través da aplicación informática ou en persoa na Secretaría do centro. 

Volver a inicio

adorno

DEVOLUCIÓN DE LIBROS. NOTA IMPORTANTE

Os libros de texto obtidos do fondo solidario ou a través das axudas para material escolar no curso 2022-23 deberán devolverse no centro en bo estado antes do 21 de xuño. A non devolución de TODOS OS LIBROS PRESTADOS implicará a perda automática do dereito ao fondo.

Volver a inicio



page | by Dr. Radut