E PASOU O SAMAÍN POR ELVIÑA... A mañá menceu chuventa e escura. Aínda sen a mortal friaxe dos días que virían despois, semellaba que a luz non tiña nen gañas nen forza para atravesar os suxos vidros da fiestra. Os supervivintes do exame de Bioloxía fuxían das aulas aterridos polo berros que chegaban do soto. Unha ducia de espíritos apareceron entón no primeiro andar, amarelos e lentos, vagarosos como as brétemas que chegan coas maruxías de novembro, e enfilaron, con decisión, ata a Biblioteca arrastrando as cadeas, deixando polo camiño algún anaco de carne, un par de ósos cariados (que atoparon as señoras da limpeza detrás da porta de audiovisuais) e catro pozas de sangue fresco fronte a sala de profesores... Velaquí o espantosa que foi a lectura do conto |