Skip to Content

Alumnado de 3º e 4º ESO recibiu a visita de Xoana Pintos Barral para falar de mulleres e ciencia

Nos últimos días, con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia o pasado 11 de febreiro, oímos falar moito do traballo de Xoana Pintos Barral. investigadora da USC especialista en estudos de xénero e na presenza da muller no eido científico. Xoana é autora da tese de doutoramento "As mulleres nos estudos experimentais da Universidade de Santiago : 1910-1960" e creadora da exposición "Mulleres no laboratorio: primeiras científicas da USC" que temos esta semana no vestíbulo do noso centro. 

Xoana falou co alumnado de 3º e 4º ESO sobre o papel da muller da ciencia, sobre as dificultades coas que se atoparon as pioneiras na universidade, sobre como non se lles deu o recoñecemento que merecían...  Con esta charla pechamos xa o ciclo das actividades organizadas co gallo do 11F entre as que destacan, ademáis da de hoxe, a charla de Pilar Brocos no Club de Ciencia e a de Beatriz Fernández Domínguez para o alumnado da materia de física de Bacharelato.

Agradecemos de novo a Pilar, a Beatriz e, no día de hoxe, especialmente a Xoana, o seu tempo e que compartisen connosco os seus coñecementos e poñémonos xa a traballar para organizar o mes de febreiro de 2019 no que teremos un novo día 11 adicado ás mulleres de ciencia.



story | by Dr. Radut