Skip to Content

A exposición "Mulleres no laboratorio: as primeiras científicas da USC" chega ao Xelmírez II

O pasado venres 16 chegou ao noso centro a exposición "Mulleres no laboratorio: as primeiras científicas da USC" no marco das actividades que estamos realizando co gallo do Día Internacional da Muller e a Ciencia. 11 de febreiro, ao longo de todo o mes.

 

A exposición foi desenvolvida no marco do convenio de colaboración, en materia de igualdade de xénero, entre o Concello de Santiago de Compostela e a USC. Elaborada pola investigadora da USC Xoana Pintos Barral, autora da tese de doutoramento 'As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960', que visitará o IES Xelmírez II o vindeiro mércores 21 de febreiro.

Aproveitamos a ocasión para animarvos a participar no wikimaratón do martes 20, dentro do mesmo contexto, para traballar na creación, ampliación e mellora de artigos relacionados coas mulleres na ciencia, biografías de científicas e as súas achegas, na Wikipedia.

Máis información | USC e Editatona

 

 



story | by Dr. Radut