Skip to Content

Celebracións de entroido 2018

O pasado venres ademáis de celebrar o Día Internacional da Mulle e a Nena na Ciencia, tamén tivemos un tempo para os disfraces e os doces. Como cada ano, profesorado, persoal non docente, alumnas e alumnos, nas últimas horas da mañá, participaron no xa tradicional desfile de entroido no que se outorgan os premios aos disfraces elixidos. Tamén houbo actividades deportivas e concurso de sobremesas coa correspondente degustación.

Na imaxe sobre estas liñas tedes a recompilación de fotos dos premiados nas distintas categorías. Agradecemos especialmente a todos os participantes o seu entusiasmo e a súa implicación para que todas e todos puidésemos gozar da festa.



story | by Dr. Radut