Skip to Content

Actividades para conmemorar o 11 de febreiro, "Día Internacional da Muller a a Nena na Ciencia"

 

Como moitos de vós xa sabedes o próximo domingo 11 de febreiro é o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia e no Xelmírez II organizamos ao longo de todo o mes varias actividades para conmemoralo. Hoxe o alumnado de Bacharelato recibiu a visita de Beatriz Fernández Domínguez, física nuclear da Universidade de Santiago de Compostela, coa charla "Do corazón da materia ao interior das estrelas". 

A actividade foi organizada en colaboración entre o Equipo de Dinamización Lingüística  FalaX2 e o Departamento de física e química do centro no marco do programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC". Na conferencia Beatriz Fernández explicou ao alumnado como a Física Nuclear estuda todo o relacionado cos núcleos atómicos: as súas características, o seu comportamento, a súa orixe... E como iso conecta, non só co comportamento da materia a nivel subatómico, senon tamén coa explicación da evolución das estrelas e doutros sistemas que se atopan no Univeso.

Despois do turno de preguntas rematamos a sesión cunha foto de grupo coas alumnas de bacharelato do centro, futuras científicas que saben ben que a física temén é cousa de mulleres. Aproveitamos a ocasión para agradecer a Beatriz a súa visita e o seu tempo, resultou una experiencia moi enriquecedora para todos nós.

A pasada semana recibiramos a visita doutra científica da facultade de física da USC, Pilar Brocos, no noso Club de Ciencia, ImAXIInacción. No marco do #11F tamén o alumnado de 3º ESO PMAR elaborou un xogo de Kahoot  que leva por título "11 científicas galegas" e que está aberto ao público para que todas e todos poidades xogar. 

Febreiro continúa e tamén continuarán as conmemoracións do Día Internacional da Muller a Nena na Ciencia. Despois do entroido teremos a sorte de poder disfrutar no noso centro da exposición "Mulleres no laboratorio: primeiras científicas da USC" elaborada pola investigadora Xoana Pintos Barral para rescatar do esquecemento ás primeiras mulleres científicas que pasaron pola nosa Universidade e aínda haberá tempo de argallar algunha outra sorpresa.

¡Feliz entroido e moita ciencia para todos e todas!



story | by Dr. Radut