Skip to Content

Admisión alumnado 2021/2022

25/02/2021 10:39

Iníciase o prazo para solicitar admisión en centros para o curso 2021/2022

* Prazo de presentación de solicitudes de admisión

Do 1 ao 22 de marzo (Orde do 18 de decembro de 2020, D.O.G. 256, de 22 de decembro de 2020)

* Onde e como presentar a solicitude

Hai dúas opcións:

a) cubrir a solicitude informaticamente e asinala en sede electrónica

deberá acceder á aplicación admisionalumnado

b) Presencialmente no centro. O impreso de solicitude pódese cubrir na aplicación admisionalumnado ou ben manualmente. En todo caso hai que asinar a solicitude e entregala presencialmente no centro.

- Para acceder á solicitude en admisionalumnado debe seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios. Despois accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.

- Pode cubrir a man  os impresos en galego ou en castelán. Tamén están dispoñibles no centro. 

* Vacantes

Neste documento pódense consultar as vacantes no IES Arcebispo Xelmírez II para o curso 2021/2022.

* Baremo aplicable

* Alumnado de centros adscritos

Todo o alumnado dos centros adscritos que solicitou reserva de praza no instituto para 1º ESO ou 1º Bacharelato está admitido.

* Alumnado do IES Arcebispo Xelmírez II

O alumnado que desexe continuar estudos no centro o curso que vén non ten que realizar ningún trámite.

O alumnado que desexe continuar estudos de ESO ou Bacharelato nun centro distinto o curso que vén debe solicitar a admisión nese outro centro, seguindo os pasos indicados previamente.

 



event | by Dr. Radut