Skip to Content

As matemáticas do coronavirus

 19/03/2020

 

O seguinte vídeo está en inglés, se non dominas este idioma, activa os subtítulos en castelán 

12/03/2020

Se estás pensando en que vas estar dúas semanas de vacacións le o seguinte artigo:

¿Cómo se compara el coronavirus con la gripe? Los números dicen que es peor

Se tomamos como índice reproductivo da gripe 1,45 o número total de enfermos na fase n sería 10·1,45^n e se tomamos o do coronavirus como 2,7 o número total de enfermos na fase n sería 10·2,7^n. O índice do coronavirus é aproximadamente o dobre do da gripe pero ao ser unha función exponencial, o número de enfermos por coronavirus aumentaría moitisísimo máis que por gripe.

Ainda que a taxa de mortalidade do coronavirus sexa menor que o da gripe, o número de mortos absoluto sería moito maior porque haberá moitos máis enfermos.

A seguinte táboa completa á do artigo, é unha táboa teórica, no caso de que non se tomara ningunha medida de contención e a enfermidade crecera indefinidamente::

Fase Gripe Coronavirus
10 10
15 27
21 73
30 197
44 531
64 1.435
93 3.874
135 10.460
195 28.243
10ª 283 76.256
11ª 411 205.891
12ª 596 555.906
13ª 864 1.500.946
14ª 1.253 4.052.555
15ª 1.816 10.941.899
16ª 2.633 29.543.127
17ª 3.818 79.766.443
18ª 5.537 215.369.396
19ª 8.028 581.497.370
20ª 11.641 1.570.042.899

En España estaríamos a punto de de pasar da fase 7ª á 8ª

O índice reproductivo diminúe cando aumentan os contaxios (hai menos xente a contaxiar) e se non hai contaxio entre xente de distintas localidades (a poboación dunha localidade é finita).

A única maneira efectiva de baixar o índice reproductivo do coronavirus (non hai medicinas efectivas) é que moita xente infectada non contaxie a ninguén, iso só se logra estando na casa, e sobre todo non viaxando.

Axuda a reducir drasticamente o índice reproductivo do coronavirus, toma as medidas que indican as autoridades para non contaxiarte e non contaxiar aos demais.

Para completar outro artigo máis:

Matemáticas para predecir la propagación del coronavirus

 

Luis Mateo Sáez Abuín



page_ppp | by Dr. Radut