Skip to Content

Charla: O valor da igualdade

O venres 28 de febreiro de 2020 a Medalla de Ouro en Kata, Para-Kárate, a galega Cristy Tojo estivo no noso centro para falar co alumnado de 4.º ESO e co de Valores Éticos de 3.º ESO sobre “O valor da igualdade”.
Cristy achegouse ao alumnado con frescura, sinxeleza e xenerosidade para compartir a súa visión dos graves problemas de desigualdade que hai na nosa sociedade.

Cristy Tojo

O núcleo da charla centrouse nas desvantaxes que teñen para practicar e competir as persoas con discapacidades.

A partires de aí, con exemplos concretos da súa propia vida e da súa contorna (que é a nosa: creceu en Negreira, fundou o seu propio club en Santiago de Compostela e adestra na nosa cidade sen ter apoio institucional), foi contando e explicando como a discriminación (por exemplo do colectivo LGTBIQ) é unha violencia, como a invisibilización é unha violencia (por exemplo das persoas con discapacidades que compiten e que gañan medallas), como, en fin, o importante é vivir en harmonía e paz sen molestar ás demais persoas polo seu cor de pel, ou por a quen aman, ou por ter distintas capacidades que a media, ou …

Moitísimas grazas por compartir con nós o teu tempo e a túa sabedoría. O agarimo co que lle falaches ao alumnado fai que un simple “grazas” quede un pouco pequeno. Que máis dicirche? Unha aperta moi forte!!!

Cristy Tojo Instagram



page_ppp | by Dr. Radut