Skip to Content

Árbore pitagórica - ΠΥƟATOPIKÓN ΔÉNAPON

O alumnado de 1º ESO traballou o teorema de Pitágoras construíndo unha árbore Pitagórica.

A Árbore de Pitágoras é un plano fractal construido a partires de cadrados inventado polo profesor Albert E. Bosman en 1942. Leva o nome do matemático grego Pitágoras xa que en cada unión de 3 cadrados, fórmase un triángulo rectángulo nunha configuración tradicional utilizada para representar o teorema de Pitágoras.

A construcción da árbore de Pitágoras comeza cun cadrado, sobre este cadrado constrúense dous cadrados, cada un reducido á metade do anterior de forma que as esquinas dos cadrados coincidan dous a dous.

Desta forma, vemos que o cadrado maior ten como área a suma das áreas dos dous cadrados pequenos, así que pódese ver claramente que: h² = a² + b²

No noso caso utilizamos triángulos isósceles, de forma que os dous cadrados pequenos son do mesmo tamaño e a súa área a metade da área do cadrado maior. A decisión de coller este tipo de triángulo foi que nos saíse unha árbore simétrica.

Despois de facer o proceso varias veces, este foi o noso resultado:

 Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos



page_ppp | by Dr. Radut