Charla coloquio sobre novos machismos
Os días 11 de marzo e 1 de abril o sociólogo e profesor da facultade de ciencias da educación da USC Jorge García Marín impartiu unha charla-coloquio sobre novos machismos aos alumnos de 3.º e 4.º de ESO .
Este profesor é un dos grandes coñecedores e investigadores sobre este campo e autor de varios artigos sobre este tema.
Os obxectivos da charla eran reflexionar sobre:
- Que son os micromachismos?
- Presentar socialmente os micromachismos a través das diferentes formas de relación social e a través de exemplos de:
- Spots publicitarios
- Música
- Relacións de ocio
- Que efectos causan os micromachismos na muller?
- Que se pode facer para erradicar progresivamente os micromachismos?
A comunidade educativa mostra o seu agradecemento a ANPA tanto pola colaboración e interese mostrado polo tema como facilitando a súa implementación.