Skip to Content

Participamos nos actos da XXIII entrega do Premio San Clemente Rosalía-Abanca

O Premio de narrativa Arcebispo Juan de San Clemente convertiu na súa XXIII edición aos alumnos e as alumnas en protagonistas á hora de conceder un premio literario, xa que o seu xurado estivo composto por estudantes de Bacharelato do Instituto Rosalía de Castro de Santiago e doutros centros de Galicia. Xosé Monteagudo, Fernando Aramburu e Ralf Rothmann foron os galardonados, en lingua galega, castelá e extranxeira respectivamente.

O día da cerimonia de entrega, o pasado 1 de marzo, os estudantes foron tamén os protagonistas do evento, compartindo mesa e mantel cos escritores premiados no Hostal dos Reis Católicos no marco dunha grande festa. Na imaxe sobre estas liñas disfrutan dese momento Cristian Mirás, Eva Álvarez Sánchez, Noa Ínsua Amigo, Daniel Martínez Castro, Eva Carollo Brea, María García Caamaño e Yadhira González Sabel, alumnas e alumnos de 2º de Bacharelato do Xelmírez II, acompañados pola directora do centro Ana María Alonso.

Como principal novidade nesta edición, o certame alcanzou o milleiro de lectores e lectoras no ensino secundario e conseguiu involucrar á totalidade dos IES da capital galega que ofrecen estudos de bacharelato entre os que se atopa o noso. Na imaxe sobre estas liñas, Cristian Mirás, Eva Álvarez, Noa Insua, Eva Carollo, Dani Martínez, Miguel Ángel Mosteiro Bermúdez y Esteban Viqueira Vidal, noutro momento da cea da entrega de premios.

Ademáis, entre os actos de entrega do día 1 de marzo, celebraronse debates cos escritores premiados, en particular ás 10h celebrouse o debate con Xosé Monteagudo no Auditorio do Instituto Rosalía de Castro, no que participou Cristian Mirás Varela, segundo pola esquerda na imaxe sobre estas liñas.

Máis información | Premio San Clemente



story | by Dr. Radut