Actividades

TRABALLAMOS NA HORTA

Este é o equipo de alumnado de sexto e profes voluntarios para poñer a horta a punto.

Mañá sairemos por grupos para plantar!

Grazas, chic@s!

Outros grupos iniciaron as labores primaverais no horto..

GALERÍA DE FOTOS

PIRAGÜISMO

 

 

O alumnado de 5º e 6º de primaria desfrutou hoxe dunha xornada saudable de piragüismo polo río Ulla. Aínda que o día non foi moi caluroso non dubidaron en botarse á auga. Recibiron instrucións previas sobre como "piragüear" con varios estilos e ...ala....ao río!!!

 


GALERÍA DE FOTOS

Agora tocoulle a quenda a 1º de ESO. Desfrutaron atope!!!.

Aínda que tamén houbo momentos de relax.....

 

 

GALERÍA DE FOTOS

MUS-E SESIÓN IV

Na IV sesión MUS-E lembramos e reflexionamos sobre as sesións anteriores e enriquecémolas con novas aportacións, neste caso traballamos coas emocións a partir do xogo das estatuas, o espello e as cadeiras ao mesmo tempo que exploramos o espazo que nos rodea.

Cos máis pequechos desenvolvemos unha dinámica grupal de percepción do espazo e creación de movemento, que deberemos rematar a semana que vén. 

PRIMAVERA NA HORTA

 

 

Un grupo de alumn@s de sexto e varios profes preparamos o terreo para  plantar.

A nosa compañeira Xulia planta ourego. 

                        Moitas grazas, chic@s!

SESIÓN MUS-E III

Na  3ª sesión MUS-E  lembramos o mellor momento da semana e compartímolo cos nos@s compañeir@s. A continuación exploramos o espazo a diferentes alturas e con diversas formas de movemento: recto, curvo, circular,...

Moitas grazas, Xus,por traernos estas propostas de tranquilidade e saber estar.

MUS-E SESIÓN II

Na segunda sesión MUS-E practicamos a escoita activa, a conexión con nós mesmos e aprendemos estratexias para sentir calma e paz interior. Tamén xestionamos o espazo xogando a través da danza e por último probamos un exercicio de coordinación c@ compañeir@.

Gústanos moito asistir a estas sesións que nos aportan reflexión e serenidade.

Moitas grazas, Xus!

GALERÍA DE FOTOS

MUS-E SESIÓN I

Venres 29 de abril, Día Europeo de Solidariedade e Cooperación entre Xeracións, co lema: todos podemos aprender todos podemos ensinar. E tamén Día Internacional da Danza. Tivemos o privilexio de contar con Xus Raíndo para iniciarnos no Programa MUS-E.

Na primeira sesión falamos sobre a necesidade de deixar os medos, aceptar as diferenzas e utilizamos a danza para percibir o espazo e achegarnos aos compañeir@s.

Velaquí diferentes momentos vividos:

En vindeiras sesións seguiremos experimentando coa filosofía MUS-E. 

Moitas grazas, Xus!

GALERÍA DE FOTOS

VÍDEOS

CARTAS

Entrañable a correspondencia que mantemos @s alumn@s de 4º de Primaria coa profe Cristina Losada.

        

Esta semana recibimos unha carta. Cada alumn@ recibiu resposta personalizada. Encantounos lelas.

Grazas profe Cris!!!

IDADES DA HISTORIA 5º EP

 

 Os alumnas e alumnas de quinto de Educación primaria, están traballando coas diferentes idades da Historia, para iso, fixeron esta liña de tempo que ilustraron cos seus preciosos debuxos:


ROCÓDROMO

 

Xa temos listo o noso rocódromo! Guay


E organizados os recreos para que tod@s poidamos gozar da escalada!

 

Powered by Drupal - Design by artinet