Actividades

Informática co Centro de Día

Interxerando en informática
Hoxe recibimos no cole a Joaquín, Jesús, Madalena, Sofía e Carmucha, usuarios do Centro de Día, para desenvolver unha actividade na aula de informática xunto co alumnado de segundo de E. Primaria.
Como chegaron moi cedo aproveitamos para xogar ás bólas cxs nenxs de sexto, lembrando tempos de antes. A continuación dirixímonos á aula e, despois de presentarnos e abrir o noso blog, estivemos aprendendo a manexar o rato, xogando a sombras de animais, escaleira de palabras, adiviñas e refráns escritas en word... Para finalizar, agasallámolos cunha plantiña de millo que deberán coidar a ver se florece, cunha cariñosa aperta e a promesa de volver outro día para seguir compartindo saberes.
Aquí podedes ver o vídeo da actividade. 

Orosinda está de aniversario

O domingo 19 de marzo a nosa amiga Orosinda, usuaria do Centro de Día fará 98 anos, con este motivo saiu por correo a felicitación para este día tan especial.

Parabéns, Orosinda! Que cumpras moitos máis!  

E podemos ver a satisfacción da homenaxeada ao recibir as postais e vídeos gravados. Gustáronlle moito!


IMG_9342.jpg

Aquí tedes todas as fotos e vídeos da actividade.

MUSE: SESIÓN 1

Entramos na maxia do MUSE da man de Mercedes Prieto co Zampadanzas.
Na sesión de hoxe coñecemos a Zampadanzas, un chef ao que lle gusta cociñar e danzar. Con el, imaxinamos e escenificamos ser cociñeiros remexendo o pucheiro coas distintas partes do corpo, simulamos que eramos ondas do mar, improvisamos pasos de baile... e tamén nos axustamos aos pasos  propostos para distintas receitas de pratos tipicos dalgúns países do mundo: Danza del rogle, Los machetes e A carrasquiña.
Foi unha sesión ben entretida e,  coa axuda da imaxinación, tamén ben saborosa.
 
 

Aquí tedes todas as fotos da actividade.

Merendas colectivas

Co obxectivo de fomentar o tempo compartido e a alimentación saudable hoxe iniciamos unha nova rutina no recreo. Merendamos xuntxs mentras falamos da vida.

Regueifamos

Os/as alumno/as de sexto propuxémonos participar no concurso Enreguéifate 2022-23. Entre as clases de música e lingua galega preparamos as coplas co tema do noso proxecto: INTERXERAMOS. Aí vai o noso video e algunha foto dos ensaios.

Aquí tedes o vídeo da actividade, e a páxina web do certame. 

 

 

 

 

 

 

 

Gala de entrega dos premios de cine Laíño 2023

Lola Flores e Sara Montiel presentaron esta gala chea de humor e recordos na que fixemos un percorrido por clásicos do cine. O elenco estaba formado por usuarios, familiares e persoal do Centro de Día e como público o alumnado de quinto e sexto, que aplaudimos  fervorosamente o bo facer de todo o equipo. Tamén puidemos  saudarnos, intercambiar impresións e fotografarnos todxs xuntxs.
Quedamos citados para a próxima función!
 
 
 
 
 
 
 
 

 

Almorzos saudables

Este venres 24 de Febreiro, tivemos un xogo para que o alumnado de 1° e 2° recordase a alimentación saudable, polo que tiñan que formar ou escoller un posible almorzo saudable, logo xogaron ao bingo con eses almorzos e como conclusión, tiveron que explicar porque era saudables para eles-as.
 
Gracias e un saúdo.



Saída ao Concello

Boas familia, no día de hoxe 13 de febreiro,  os cursos de 1º e 2º, fixemos unha saída ao concello, donde coñecemos todas as súas instalacións e tamén a todas-os os traballadores  do concello, incluído ao alcalde, e como guía tivemos a  Abel   ( o pai de Martiño T. de 2º E.P.), moitas gracias por toda a participación e colaboración.

 

Aquí tedes un enlace ao vídeo da actividade. 

E se xogamos?

O alumnado de 5º de Primaria traballou a ortografía das palabras con B e V a través dun xogo. En dous equipos percorreron o patio dun lado ao outro co obxectivo de depositar cada tarxeta na caixa correspondente segundo precisasen dunha B ou dunha V.  
 
O certo é que as rapazas e rapaces de 5º gustoulles moito este xeito de traballar os contidos de Lingua Galega.
 
Aquí tendes a ligazón a un vídeo resumo da actividade: 
 

MAMÁ ISAURA VISITA A ESCOLA

Na aula de terceiro de E. Primaria tivemos o honor de recibir a mamá Isaura, veciña de Teaio que, acompañada da súa neta Isabel, veu contarnos vivencias e experiencias da súa nenez e xuventude. Outros tempos nos que había que moverse a pé e traballar arreo para saír adiante. Mamá Isaura, co seu falar, conquistounos a todxs, respondeu ás nosas preguntas e xuntos lembramos vellas cantigas. Tamén, sabendo que onte fou o seu aniversario, aproveitamos para soprar as candeas e agasallala cun lindo ramo de rosas elaboradas polo alumnado.

Agradecémoslle enormemente que nos adicara o seu tempo, pois segue sendo unha muller moi atarefada na súa horta e na súa casa. E tamén a Isabel que, ademáis de acompañala, nos adicou de maneira improvisada unhas fermosas cantigas ao son da pandeireta. Agardamos vernos de novo!

Aquí tedes o enlace ás fotos da actividade. E aquí o vídeo

Powered by Drupal - Design by artinet