Actividades

SAÍDA DE PRIMARIA

Hoxe, o alumnado de primaria, realizou unha saída didáctica organizada pola Comunidade de Montes Cruz de Avelán na que visitaron os petróglifos  de Bouza Badín donde a arqueóloga Nerea lles explicou os motivos gravados na pedra. Tamén fixeron unha plantación de frondosas donde Verónica, a axente forestal a cargo da zona onde está situada a masa forestal desta Comunidade de Montes, faloulles de prevención de incendios.

 

Nos petróglifos Nerea, Elena e Darío,arqueólogos da Sociedade Cooperativa Galega Árbore Arqueoloxía e Restauración de Campo Lameiro que fixeron unha brillante presentación dos petroglifos para os nenos, explicaronlles a importancia desta parte do noso patrimonio desde  hai 4000 anos, alá na idade do bronce. Puideron observar motivos xeométricos, animais, puntos, círculos que aparecen representados nas pedras. Nerea contoulles que a mellor hora para visitalos é ao amencer ou ao anoitecer xa que a luz é máis axeitada para recoñecer as formas e que a mellor técnica é utilizando un espello. Tamén viron algún petróglifo medieval e escoitaron a lenda do cabalo do apóstolo Santiago, que pisou nas pedras de Bouza Abadín.

 

Elena aprendeulles a facer lume con seixo e pirita e con madeira de hedra  e Darío explicoulles como é o proceso de estudo e conservación dos petróglifos.


Durante a plantación desfrutaron dando unha oportunidade de crecemento a varias árbores que tan xenerosamente nos regalou a  Escola de capataces forestales de Lourizán, e recibiron unha moi interesante charla sobre prevención de incendios forestais grazas a membros do Distrito forestal de Noia que axudaon coa plantación e lles ensinaron aos nenos e nenas como funciona unha motobomba.

 

 


Unha vez rematada a xornada foron merendar o parque da Cruz do Avelán.

 

 

Todo isto, mentras gozamos da marabillosa contorna que temos en Dodro.

GRAZAS A TOD@S POLA VOSA COLABORACIÓN!!!

GALERÍA DE FOTOS

ENCONTRO INTERNACIONAL AGEND-ARTE 2030

Desde o xoves 10 ao sábado 12 de marzo tivemos o privilexio de poder asistir ao Encontro Internacional AGEND-ARTE 2030 organizado pola Fundación Yehudi Menuhin. A profe Jose asistiu en representación do CPIP Lorenzo Baleirón a este encontro celebrado na residencia La Cristalera en Miraflores de la Sierra-Madrid. Ao longo destes días de participación en intercambios e obradoiros con alumnado,compañeir@s docentes, artistas de diferentes Comunidades Autónomas, e representantes de Alemania, Bélxica, Hungría, Italia e Portugal traballamos a relación entre a arte, a creatividade e a expresión co crecemento e o desenvolvemento persoal, grupal e comunitario, coa integración e a creación de vínculos sociais.

Velaquí algúns momentos de creación e participación en dinámicas activas que invitan á reflexión.

Danzas, medios audiovisuais, microproxectos solidarios, obradoiros de plástica e titoriais de boas prácticas aos que puidemos acceder grazas á nosa reciente incorporación ao programa MUS-E no que nos iniciamos con ilusión e con moitas gañas de poder mellorar a nosa acción e educación.

Podedes ver máis info no seguinte enlace .

FORMACIÓN MUS-E

Hoxe, venres 4 de marzo, recibimos a primeira xornada de formación do Proxecto    MUS-E.  Visitáronnos  Mercedes Prieto e Xus Raíndo, dúas artistas relacionadas co mundo da danza e do ioga, que  presentaron ao profesorado de Primaria este programa baseado na inclusión educativa e social a través da arte. E, xa postos, desenvolvemos algunhas dinámicas MUS-E de danza e expresión corporal que nos souberon a pouco.

Agardamos agora a organización dos agrupamentos para traballar co alumnado e coas familias nesta aventura na que nos iniciamos hai pouco.

Velaquí dous momentos nos que nos acompañaron tamén Abel e Natalia como representantes do Concello de Dodro e a ANPA.

Deixo un enlace informativo da Fundación Yehudi Menuhin, coordenadora do Programa.

GALERÍA DE FOTOS E VÍDEOS

DEMOCRACIA EN 5º

Os nenos e nenas de 5º traballamos coa democracia en Ciencias Sociais. Fixemos as seguintes tarefas: primeiro creamos os nosos partidos políticos, despois creamos  os nosos carteis electorais, logo fixemos os programas electorais, despois fixemos un mitin e logo un debate e, por último, fixemos as eleccións.

(Texto de Pilar García Teixeira)

 

 

 

 

 

CONTACONTOS

Hoxe recibimos  a visita de Benxamín nunha sesión de  contacontos ofrecida ao centro por Anaya-Xerais. Benxamín contou ao alumnado de primeiro e segundo varios contos clásicos con toques da actualidade. Rímonos moito!

CONTACONTOS DE NADAL

O alumnado de primaria asistiu a unha sesión de contacontos para despedir este primeiro trimestre. Desfrutaron moito con esta moi boa sesión!!.

FELICITACIÓNS DE NADAL EN 3º DE EP

O alumnado de 3º de primaria elaborou unhas fermosísimas felicitacións de Nadal. Aquí tedes unha mostra:

 

BOTAMOS A ANDAR

 

Despois de preparada, a terra xa estaba agardando polas plantas. E chegou o momento: hoxe saímos a sementar e plantar. Tivemos unha boa xornada de sol e caloriño, por iso lle botamos unha boa reguiña para que xermolen as sementes. Afastádevos!  Que vos molloooooo!

 

GALERÍA DE FOTOS

POSTA A PUNTO

E como o prometido é débeda, aí van as fotos do traballo feito onte polo alumnado de sexto. Entre todos arrancamos as malas herbas, sachamos e abonamos. Mirade que aspecto locen as nosas hortiñas, agardando a que baixemos tod@s a plantar.

 

 GALERíA DE FOTOS

CLIFFORD THE BIG RED DOG

 

O alumnado de 4º de primaria realizou un espectacular vídeo en lingua inglesa no que conta a hsitoria de Clifford, un gran can vermello, baseado no libro para nenos de Norman Bridwell. Podedes desfrutar dela no enlace:

CLIFFORD THE BIG RED DOG

Powered by Drupal - Design by artinet