Actividades

EMPEZAMOS

Este é  o estado  no que se atopan os hortos a inicios de curso. Precisan unha posta a punto.

   

@s alumn@s de  4º de ESO encargáronse de pintar os bancais do horto..de violeta, porque o noso centro segue a apoiar a igualdade e  anon violencia contra as mulleres: mirade que bonitiños quedaron

E para a semana tocaranos a Primaria aportar o noso esforzo para botalos a andar. Ánimo rapaces! Podemos facelo!

ACTIVIDADE DE 5º DE PRIMARIA

Dentro do proxecto sobre o corpo humano, " Da cabeza aos pés, do dereito e do revés", que estamos a desenvolver este curso no colexio, en 5º de Educación Primaria, na materia de plástica, traballamoso retrato do cadro "A moza da perla", de Johannes Vermeer.

Aquí deixámosvos o resultado dun dostraballos sobre este autor:

 

No ENLACE podedes acceder ao traballo de Carolina Saborido.

DANZA TRADICIONAL

 

Hoxe pola mañá gozamos coa presenza de Mercedes Prieto que, dentro do programa MULLER FERREÑA, veu ao noso cole para darnos a coñecer a danza tradicional galega. Aquí nos vedes ao alumnado de quinto e sexto, entusiasmados, iniciándonos no maneo.

Sóubonos a pouco!

GALERÍA DE FOTOS

DA CABEZA AOS PÉS, DO DEREITO E DO REVÉS

A motivación hacia o proxecto que desenvolvemos este curso queda patente:

 

Pablo Vicente, O noso compañeiro de 2º, amosa este traballo feito na casa coa axuda da súa mamá.

LAVA CADA DÍA OS DENTES CON ALEGRÍA

 
As nenas e os nenos de 2.º de primaria participamos no proxecto de centro aprendendo sobre saúde bucodental. Como somos conscientes da importancia da hixiene; na nosa porta, colgamos un mural que anima a todo o cole a "Lavar cada día os dentes con alegría!!!"


 

BENVIDA AO ALUMNADO NOVO

O CPI de Dodro deu a benvida aos Novos alumnos chegados do CRA que xa deixaron a súa pegada no centro. Os máis pequechos mostraron moita disposición e ánimo para decorar a porta da aula coas formas das súas mans....coidamos que sí han deixar pegada no seu novo centro.

 

BENVIDOS!!!

 

BOTELLAS DA CALMA

O alumnado de 4º de primaria realizou un orixinal  proxecto ao que lle puxo por título " Botellas da calma".

A mestra trouxo os materiais necesarios para facelas e cada alumno/a aportou unha botella de plástico. A teacher Merche tamén botou unha man quentando auga necesaria para o proceso creativo. Unha vez rematadas, a profe Marga, selou a tapa de cada botella con silicona para que non se baleirasen no bus......o resultado: magnífico!!

 


 

 

 

 GALERÍA DE FOTOS

PROXECTOS DE CIENCIAS DE 3º DE PRIMARIA

O alumnado e familias de 3º de primaria fixeron varios proxectos con material de refugallo para a clase de ciencias da natureza. Encantáronnos!!. Moi bo traballo!!

Os proxectos foron os seguintes:

Yerai: robot

Jhame: caixa dos desexos

Duarte: cochebot

Pablo: campo de fútbol

Adela: floreiro

Estela: caleidoscopio

Lara: reloxo de area

Mateo: mini charger

Dani: nave espacial

Gael: Casa de cabaza

Ari: grúa mosaico

Juan: super aerodeslizador

Xiana: patada pelota (futbolín)

Mario: tira chicles

Xián: proxecto lunar

Bruno: barco pesqueiro

Claudia: fases da lúa

Narciso: "Perseverance"

Unha mostra destas marabillosas  creacións e o resto .....na GALERÍA!!!

 

 

EXPERIMENTOS EN 4º DE PRIMARIA

Ao longo do terceiro trimestre, os alumn@s de 4º de Primaria realizamos experimentos relacionados coas plantas, con mesturas e disolucións , coa electricidade, coas máquinas. Todo forma parte do temario que estamos estudando. Paralelamente tamén traballamos as emocións, tema do noso proxecto de centro: fundamentalmente a alegría  e a sorpresa; aínda que tamén co medo.

O ovo saltarín:

Xuntos pero non revoltos:

Extraer clorofila das follas verdes:

Test da tinta negra:

Limonada electrónica:

Rosa tinguida:

 

Disolución colorante:

Colonia de camelias e de rosas :

 

GALERÍA DE FOTOS DE TOOODOS OS EXPERIMENTOS!!

6º SENSIBILIZADO COS REFUXIADOS

O alummnado de 6º está a elaborar un proxecto sobre a orixe das persoas refuxiadas e co que están a traballar as diferentes emocións. Crean vídeos dos que podemos ver algúns exemplos:

ENLACE AOS VÍDEOS

En breve iremos publicando novos vídeos!!!. Permanecede atent@s.

Powered by Drupal - Design by artinet