Actividades

TODOS COLABORAMOS

@s nen@s de segundo tamén colaboramos na horta plantando e regando, que estes días fixo moito calooooorr! Guay

Tivemos unha mañá estupenda para gozar do traballo na terra, xogar e coidar a nosa contorna.

 

RENOVAMOS OS NOSOS HORTOS

Un día de sol estupendo anima a saír a coidar a natureza.

Hoxe pola mañá @s nen@s de 3º puxemos a punto a nosa hortiña. Sachamos, arrancamos as malas herbas, coidamos as cenorias que tiñamos sementadas e plantamos remolacha, allo porro e máis plantas de amorodos porque somos moi lambonciños.

 

GALERÍA DE FOTOS

DEGUSTACIÓN

E por fin chegou o gran día! O día da degustación.

Onte baixamos ata o horto en grupos e apañamos o que había comestible: un brócoli marabilloso, ravos, mizuna e algunha que outra cenoria.

Con estes ingredientes preparamos uns canapés saudables e riquísimos cos que convidamos a todo o alumnado e profesorado de primaria. Velaquí algunhas fotos de todo o proceso, realizado coas máis estritas normas de sanidade e seguridade: momento da selección e colleita, confección dos canapés coa axuda do alumnado voluntario de 5º e 6º, mostra da presentación dos mesmos e degustación.

A actividade serviu para desfrutar dos alimentos saudables cultivados no noso horto e tamén para observar as propias emocións adquirindo o gusto por sabores novos.

 

 

 

 

GALERÍA FOTOS

A CIDADE ECOLÓXICA DE 6º

 


Os alumnos/a de 6º de primaria, en Plástica, empezamos a facer unha cidade de papel, que logo, en Sociais , convertimos nunca cidade ecolóxica. Cada alumno/a da clase fabricou algún edificio, decoración e outras cousas varias para a cidade, todas elas ecolóxicas. Entre esas cousas ecolóxicas están: hortas ecolóxicas , plantas de reciclaxe, encoros, puntos verdes… Finalmente, a cidade quedou moi bonita chea de vexetación e con moi pouca contaminación.

 

 

FROITOS

Empezamos a ver resultados! Mirade que ravos tan estupendos e que brocoli máis fermoso!

 

Para a semana faremos a degustación da nosa colleita. Xa vos contaremos. Non vos mete cobiza?

OS PEQUECHOS DO COLE VISITAN A BIBLIOTECA

Hoxe, o alumnado de 1º de primaria visitou a biblioteca. Previamente recibiron unha invitación personalizada....

Os seus compañeiros de 3º de ESO foron os encargados de elaborar o mural onde, unha vez realizada a visita, os pequenos expresarían as súas emocións ao respecto da mesma.

 

A experiencia foi moi positiva xa que aprenderon a realizar procuras de libros e as normas da nosa biblio.

Esperamos que, a partires de agora, utilicen moito o servizo da biblioteca e desfruten da grande variedade de títulos que nela temos!!

 

GALERÍA DE FOTOS

CONTINUAMOS COS LABORES DE LIMPEZA E MANTEMENTO

Ao longo desta semana continuamos cos labores de limpeza e mantemento dos nosos hortos. Imos saíndo por grupos, aproveitando o bo tempo, para arrancar malas herbas, remover a terra e comprobar os efectos do frío e das xiadas.

Mirade o traballo que temos por diante...

E que ben locen as plantas e agradecen os coidados que lles prestamos:

Agardaremos a que mellore o tempo e veña o caloriño para que medren.

LABORES DE MANTEMENTO

Pese ao frío, saímos ao horto a realizar labores de mantemento. Arrancamos malas herbas e removemos un pouquiño a terra.

 

Iso si, ben abrigadiños e gozando do sol que nos acompaña estes días.

Powered by Drupal - Design by artinet