Actividades

ACHEGANDO AS MATES Á VIDA REAL

Finalizada a unidade didáctica de medidas de lonxitude e a de  medidas de capaciddae e volume, o alumnado de 4º de primaria realizou un mural coas medidas reais dos obxectos expostos nel .

Aquí temos unha mostra...


Máis fotos dos murais na...GALERÍA DE FOTOS

 

 

 

 

 

 

VISITA DOS MÁIS PEQUECHOS AO TALLER

O alumnado de 1º de primaria visitou hoxe o taller de Tecnoloxía. Sairon a flote moitas emocións como a alegría e a sorpresa, houbo incluso algo de medo cando puxemos a funcionar a serra caladora.

Fixeron moitas preguntas e unha pequena práctica coa serra de marquetería....xa lle van dando xeito!!!

 

GALERÍA DE FOTOS

VISITA Á EXPOSICIÓN DE MAQUETAS DE 3º DE ESO

O alumnado de 3º de ESO colocou as maquetas elaboradas ao longo dos dous primeiros trimestre no patio interior para que os seus compañeiros/as da etapa de primaria poideran achegarse a velas. As visitas á exposición foron guiadas, non polo propio alumnado de ESO como nos gustaría debido á situación de pandemia, pero sí pola profesora de tecnoloxía.

Afloraron emocións ...moitas, sobre todo sorpresa e  ledicia. O alumnado máis novo foi quen de interpretar as emocións que as maquetas expresaban e tamén de aprender cousas novas.

 

 

GALERÍA DE FOTOS 

Tamén se animaron os de 1º e de 2º de ESO....son previsores, xa se van poñendo ao día co que lles vai tocar o vindeiro curso.


CELEBRACIÓN DOS MAIOS

Tentando recuperar unha das fermosas tradicións galegas, o alumnado de primaria elaborou un maio con xestas e flores. A estrutura para o mesmo foi construída polo alumnado de secundaria e, unha vez decorada, colocarase no patio de herba onde os compañeiros/as de secundaria recitarán as coplas correspondentes creadas por eles e elas mesmos.

Mañá publicaremos o resultado final co recitado......ata entón unhas imaxes da elaboración da marabillosa obra

 

Mañán, o resto.....

POIS AQUÍ ESTÁ!. No enlace teredes acceso á publicación no Facebook do cole para poder ver os vídeos do recital. Desexamos que os desfrutedes!!

ENLACE AO FACEBOOK

ACTIVIDADES DE 5º DE PRIMARIA NO MES DE ABRIL

Este mes de abril foi moi produtivo no curso de 5º en canto a actividades se refire. Aquí vos mostramos un resumo das realizadas:

 

 

 

Traballos investigación historia (Exipto-Grecia-Roma)


Voluntariado catalogación biblioteca

 

 


Ensaios para os maios


Esquelator o amigo da semana

Equipo de mediación no Faladoiro axudando na resolución dun conflito

Ademais de todo isto, realizaron un material para exposicións sobre prehistoria (castros, petróglifos, pinturas rupestres...). Joel comentou  "o que máis me gustou de facer o traballo foi descubrir que son de Traxeito, e non sabía que en Traxeito había un castro!!". Xa temos  unha proposta para unha  nova saída didáctica.......aí o deixamos.

 

 

FUNDA PARA A TABLET

Os nenos e nenas de 6º están facendo fundas de cartón para as súas tablets. Aquí tedes un exemplo do seu traballo.

 


Seguiremos atentos á evolución da tarefa e de novos resultados. Moi bo traballo rapaces e rapazas!!!!

Pois xa temos máis creacións para as táblets.....tan bonitas coma as anteriores:


 

O traballo final foi exposto no patio interior de primaria:

COMO VAN FARDAR OS DE 6º ESTE VERÁN COAS SÚAS MARABILLOSAS TÁBLETS CON FUNDAS EXCLUSIVAS!!!

 

CADERNO DE CAMPO DE 6º DE PRIMARIA

 

 

O alumnado de 6º de primaria está a elaborar un caderno de campo onde recolle información sobre o concello e o medio natural do mesmo.

Podedes acceder ao traballo no enlace adxunto:

ENLACE AO CADERNO

TRABALLOS DE XARDÍN

No día de hoxe realizamos unha actividade colaborativa co alumnado de primaria e de secundaria.

Onte, o alumnado de 3º de ESO cavou uns ocos no patio para que os pequenos de 3º de primaria poideran prantar unhas Physalis que, esperemos, crezan fortes e fermosas.

O alumnado  de primaria esmerouse ben á hora de facer a prantación

 

Unha vez rematada a prantación, un alumno de 2º de ESO colocou unhas estacas para marcar o lugar onde as prantas medrarán. Estas prantiñas foron tratadas con abono e terra mercados para esta ocasión. Os encargados de abonar foron os alumnos/as de 6º

 

Tamén, o alumnado de 3º e 2º de ESO realizou o transplante de árbores que foran sementadas hai tres anos e que, de seguiren medrando, será prantadas no monte coa colaboración dasComunidades de Montes do concello e a participación do alumnado da etapa de primaria....

...e a reparación da rede de sombreado que evitará que as árbores se deterioren co sol

 

No medio da faena tivemos unha inesperada visita...

 

GALERÍA FOTOS EP

GALERÍA PREPARACIÓN OCOS

GALERÍA TRASPLANTE ÁRBORES

GALERÍA COLOCACIÓN ESTACAS

 

A HORTA EN PRIMAVERA

O bo tempo senta de marabilla a toda a natureza. Mirade que ben locen as plantas na nosa horta:

BRÓCOLI

AMORODOS

REPOLO

LEITUGA

CENORIAS

SEMENTES DE PAKSOI CÁSEQUE LISTAS PARA A COLLEITA

Xa estamos pensando nunha nova xornada de degustación!

DE ANDAINA POLAS BRAÑAS

Onte o alumnado de 5º e hoxe o de 3º fixemos unha andaina polas Brañas co obxectivo de coñecer o entorno que rodea o noso cole, aprender a diferenciar diferentes especies vexetais e animais ao mesmo tempo que practicamos deporte.

Ao longo do percorrido puidemos observar plantas e árbores autóctonos e tamén especies invasoras e aprendemos algunhas curiosidades que non sabiamos. Tamén fomos conscientes do impacto ambiental que ocasionamos coa construción das estradas, as liñas eléctricas, os residuos vertidos,... e colaboramos na súa recollida, co cal deixamos as brañas un pouco máis limpas. Houbo tempo para merendar e xogar un ratiño no parque do Bosque, para ver, escoitar, ulir e conectar emocionalmente coa terra e os seres vivos.

E o máis importante: vimos o valor que ten coñecer, coidar e respectar a natureza que nos rodea e transmitir a tod@s ese coidado e respecto.

GALERÍA FOTOS

Powered by Drupal - Design by artinet