Actividades

EN PRIMARIA RECICLAMOS

Está a piques de rematar o mes de setembro...

Os rapaces e rapazas de 5° de primaria elaboraron os carteis dos diferentes colectores do lixo. Amarelo para o plástico e os envases e azul para o papel e o cartón.

Por un espazo de convivencia libre de residuos!

Nós tamén coidamos o planeta

Traballamos no horto

TRABALLAMOS NO HORTO.

O xoves axilizamos o labor de arrancar herbas e aproveitamos para degustar cenorias e allos porros que aparecían entre elas. Estaban moi ricos!

Comezo do curso en Primaria

COMEZO DO CURSO EN PRIMARIA.

Un ano máis comezamos o curso cunha xornada lúdica de recibimento ao alumnado. Aquí nos vedes xogando, por fin, todos xuntos. Cantamos, bailamos e pasámolo en grande coa volta ao cole.

 

DINAMIZACIÓN DE PATIOS

Este curso avanzamos un chisco máis na dinamización das zonas de lecer coa colocación de tocóns de madeira que servirán de tallos e mesas para que o alumnado poida desfrutar dos espazos exteriores baixo a sombra das árbores.

 

O alumnado de ESO foi o encargado de pintar a superficie das madeiras.....

 

 

 

VÍDEO EN LINGUA DE SIGNOS 3º PRIMARIA

  

 

 

 

Na aula de terceiro de primaria traballamos con lingua de signos a canción AÍ VEN O MAIO. Quedou moi linda!!!!.

No enlace tedes o vídeo:

AÍ VEN O MAIO

 

VI SESIÓN MUS-E

Hoxe desenvolvemos a VI e última sesión MUS-E deste curso. Para despedirnos, puxemos en práctica a dinámica da ducha e compartimos c@s compañeir@s as sensacións percibidas: mirada hacia dentro, intercambio de calor e enerxía,... 

Grazas a estas propostas aprendemos a dar e recibir e a coidarnos mutuamente.

Moitas grazas  Xus! Vémonos o próximo curso!

GALERÍA DE FOTOS E VÍDEO

V SESIÓN MUS-E

Na quinta sesión MUS-E continuamos traballando o movemento asociado á manifestación das emocións. Engadimos unha actividade con panos de cores que nos facilitaban a expresión. Ao remate,  coa axuda dos paniños, un compañeir@ e unha música relaxante, marchamos para clase tranquilos e sosegados.

Agardamos con ilusión a que chegue o vindeiro venres!

 

GALERÍA DE FOTOS

 

SISTEMAS DO CORPO HUMANO 5º EP

O alumndo de 5º fixo un vídeo que recolle os proxectos feitos sobre os sistemas do corpo humano.

No enlace podedes acceder a este vídeo.

VÍDEO

TRABALLAMOS NA HORTA

Este é o equipo de alumnado de sexto e profes voluntarios para poñer a horta a punto.

Mañá sairemos por grupos para plantar!

Grazas, chic@s!

Outros grupos iniciaron as labores primaverais no horto..

GALERÍA DE FOTOS

PIRAGÜISMO

 

 

O alumnado de 5º e 6º de primaria desfrutou hoxe dunha xornada saudable de piragüismo polo río Ulla. Aínda que o día non foi moi caluroso non dubidaron en botarse á auga. Recibiron instrucións previas sobre como "piragüear" con varios estilos e ...ala....ao río!!!

 


GALERÍA DE FOTOS

Agora tocoulle a quenda a 1º de ESO. Desfrutaron atope!!!.

Aínda que tamén houbo momentos de relax.....

 

 

GALERÍA DE FOTOS

Powered by Drupal - Design by artinet