Actividades

O alumnado de 5° vaise de xira teatral ao Centro de Día.

Tralo éxito teatral acadado no festival de Nadal o alumnado de 5º de Primaria iniciou a súa xira o 24 de xaneiro do 2023. Para iso tivemos que trasladar o decorado e todo o vestiario da compañía ata o centro de día. Alí o marabilloso elenco repetiu a súa aclamada obra “Conto de Nadal” de Charles Dickens. Foi todo un éxito!
Ademais, o alumnado tivo a oportunidade de compartir anécdotas e experiencias co público que se amosou moi agradecido pola visita e moi interesado por coñecer todo sobre a compañía teatral formada polo alumnado de 5º. Dende logo o arranque da xira non deixou indiferente a ninguén.

 
Deixámosvos unha ligazón cun vídeo da xornada. 

Adornos Nadal

Os nenos e nenas de Primaria desexámoslles  un Bo Nadal a todos os compañeiros e compañeiras, ás familias, ao profesorado e demais persoas que traballan no cole, decorando as portas das aulas. 

Chala nutrición web

O pasado venres día 16 de decembro o alumnado de 5º e 6º disfrutou dunha nova charla de nutrición da man de Mariana. Nela aprendimos un pouco máis sobre alimentos transxénicos, bio e produtos ecolóxicos, e puidemos chegar a conclusión de que o máis  importante son os ingredientes que conteñen os alimentos e non a súa etiqueta.
 
A volta das vacacións de Nadal seguiremos aprendendo mais sobre hábitos saudables. 

Violíns pola paz

Como xa sabedes, este curso continuamos co programa MUSE. Na entrada do colexio poderedes ver un mural informativo sobre este programa así como a nosa aportación para a convocatoria VIOLÍNS POLA PAZ.

Agardamos que vos guste.

 

 

https://fundacionyehudimenuhin.org/yehudi_menuhin/violines-por-la-paz-2016/

https://fundacionyehudimenuhin.org/

https://fundacionyehudimenuhin.org/fin-del-trimestre-en-el-ceip-eusebio-baleiron-experiencias-inolvidables/

 

 

Proxecto de Ciencias Sociais. Terceiro de Primaria

Hoxe, o alumnado de 3⁰ de EP rematamos o proxecto de Ciencias Sociais sobre o curso do río. 

Pasámolo moi ben e entretivémonos moito facendo o boceto, moldeando a plastilina, pegándoa... e puidemos comprobar como podemos aprender á vez que nos divertimos. 
Aquí vos deixamos unha mostra do que fixemos. Agardamos que vos guste!! 


Felicitación de Nadal do alumnado de terceiro de Primaria

 

Ao igual que en moitos fogares, as alumnas e alumnos de 3⁰ quixemos aproveitar estes días para adornar a parede exterior da nosa aula con esta árbore colaborativa. 
Deste xeito, queremos desexarvos que pasedes unhas felices festas coas vosas familias e amigos/as.
FELIZ NADAL!!!!
 
 

Imos de andaina, O roteiro dos avós.

Mércores 7 de decembro, todo Primaria saímos de andaina. Empezamos con algo de frío e néboa pero fomos quentando motores e quitando prendas, luciu o sol e gozamos da acollida de avó/as e outros familiares cos que coincidimos. Visitamos as aldeas de Sar, Manselle, Eiró, Castro e Imo e coñecemos curiosidades e lugares de interese da nosa contorna. Contamos con guías turísticos de luxo (alumnado de diferentes cursos que viven nestas aldeas)
que nos foron explicando ao longo de todo o percorrido, fixeron un bo estudo do noso patrimonio e souberon poñelo de manifesto.
Agradecemos a Anxo Angueira e á súa dona que nos falaron sobre a historia de Manselle, e a todxs os veciños e familiares de alumnxs que saíron a recibirnos con ledicia.
Coñecemos un pouco máis do noso e poñémolo en valor.

Aquí tedes o enlace ao vídeo da actividade e á carpeta das fotos

Correspondencia co Centro de Día

Despois da visita ao CPI, o aumnado de sexto inicia correspondencia cos usuarios do Centro de Día.

Aí van as cartas con experiencias, anécdotas persoais, algún debuxiño e moitos bos desexos.
Agardamos que as reciban con agrado e que nos respondan, a ser posible, en breve!

La aventura de aburrirse

O luns 28 de novembro o alumnado de 1* e 2* Primaria asistimos a esta obra de teatro na Fundación Abanca. Gozamos desta estupenda representación e aprendemos o valor do aburrimento e a imaxinación. Despois aproveitamos para coñecer Santiago: visitamos a Alameda, a praza do Obradoiro, merendamos na praza de Mazarelos, camiñamos pola cidade como peóns respectuosos... e ata xogamos nun parque! Pasámolo moi ben e aprendemos moito. Temos que repetiiiiirrr!

 

Aquí tedes o enlace ao vídeo da actividade. 

FORMACIÓN MUSE

Do día 25 ao 27 de novembro celebrouse en Miraflores de la Sierra (Madrid) un encontro entre escolas e artistas MUS-E. A Fundación Yehudi Menuhin brindounos a oportunidade de termos representación nestas xornadas. 

 

Puidemos profundizar no coñecemento desta metodoloxía na que a finalidade última é a transformación social tendo como potente ferramenta a arte. 
Durante estes tres días , arredor de oitenta artistas e docentes , asistimos a interesantes obradoiros , ponencias e compartimos as diferentes experiencias nos diversos contextos das escolas participantes.
Podedes observar fotografías dalgunha das actividades coma o teatro de sombras , danza ou a perspectiva de xénero a través do teatro.
Agora cómpre levar ao noso contexto o aprendido e seguirmos medrando ao abeiro da arte.
Máis información :
 
Fotografías
 

Powered by Drupal - Design by artinet