O alumnado de 5° vaise de xira teatral ao Centro de Día.

Tralo éxito teatral acadado no festival de Nadal o alumnado de 5º de Primaria iniciou a súa xira o 24 de xaneiro do 2023. Para iso tivemos que trasladar o decorado e todo o vestiario da compañía ata o centro de día. Alí o marabilloso elenco repetiu a súa aclamada obra “Conto de Nadal” de Charles Dickens. Foi todo un éxito!
Ademais, o alumnado tivo a oportunidade de compartir anécdotas e experiencias co público que se amosou moi agradecido pola visita e moi interesado por coñecer todo sobre a compañía teatral formada polo alumnado de 5º. Dende logo o arranque da xira non deixou indiferente a ninguén.

 
Deixámosvos unha ligazón cun vídeo da xornada. 

Powered by Drupal - Design by artinet