Actividades

Visita ao muíño da Sorralleira

Aurelia, Joaquín, Jesús, Tomás, Sofía, Carme e Carmucha, usuarios do Centro de día acompañaron ao alumnado de terceiro e cuarto de Primaria na visita ao muiño de Teaio. Nunha contorna natural de gran beleza, Isabel contounos a historia do muiño da Sorralleira e outros que hai ao longo do regueiro e que a súa familia está intentando restaurar. O mecánico José explicounos o seu funcionamento e botouno a andar. Puidemos debullar o millo, peneiralo , moelo, tocar e ulir a fariña, xogar a construir cos carozos e gozar da paisaxe e da compaña. Mamá Isaura lembrou algunhas cantas do muíño e todxs nos animamos a cantar e tocar a pandeireta. Foi unha xornada deliciosa que nos axudou a por en valor o noso. 

Moitas grazas a Isabel e a súa familia por este labor de recuperación e ao Centro de día por compartir connosco.

 

 Aquí podedes ver todas as fotos da actividade.

 

 

 

 

 

 

Regueifesta

 

Este venres houbo troula,
houbo unha grande festa,
no Auditorio de Galicia,
celebrouse a Regueifesta.
 
Dodro estivo alí presente,
coa rapazada de sexto,
que enfiou tan ben as coplas
que levou ata un premio.
 
A regueifa é coñecida,
pero alí aprendimos,
que no Ulla son atranques,
e no Courel cantan brindos.
 
Por Vilariño de Conso, 
o que crean son as bombas,
en Euskadi bersolaritza,
por Catalunya as glosas.
 
Desde Trives o folión,
cos seus bombos e aixadas,
fixeron tremer o palco,
quedamos marabilladas.
 
Esta festa da poesía ,
e da palabra cantada ,
foivos unha regalía,
vai ser por nós recordada.
 
Máis vídeos e fotografías:

MUSE. Sesión 4

 

Nesta cuarta sesión con Mercedes son xs alumnxs os que propoñen movementos e estas propostas constrúen a coreografia.

Desta maneira  inventamos e creamos danzas distintas a partir do que lemos no libro Zampadanzas e preparámonos para a seguinte sesión, na que estarán convidadas as familias para unha actividade conxunta. Agardamos ansiosos!

 

 Aquí podedes ver todas as imaxes e o vídeo.

 

 

 

Terceira sesión MUSE

O mércores 29 de marzo Zampadanzas e a súa irmá Filismina, apaixonada das clases de baile, guiáronnos  nun percorrido polo mundo. Os raios do sol e o vento lixeiro acompañaron os nosos pasos na Danza del rogle, Polca de Ramón, Bitte Mand i Knibe (Danza da moto), Ciranda, Tanko Bushi. Partimos de Cataluña e pasamos por Bélxica, Dinamarca, Brasil, Xapón e rematamos de novo en Galicia, no marabilloso patio do noso cole bailando A carrasquiña. 

En breve, todas as familias serán convidadas ao famoso restaurante Zampadanzas para bailar todxs xuntxs guiados por Mercedes Prieto.

Moitas grazas, Mercedes! 

Aquí están todas as imaxes da actividade.

Hábitos saudables

Este venres 24 de marzo, 1º e 2º de E.P,  tivemos unha sesión  de  Hábitos Saudables, continuando con todo o que aprendimos, fixemos a práctica:  unha receita moi saudable " HUMMUS CASEIRO" participando todos-as, e como non, probamos o resultado final.
 
Aquí tedes o enlace ao vídeo.

Sesión 2 MUSE

Hoxe no Mus-e, volvemos ao restaurante de Zampadanzas. Desta volta, levounos ao outro lado do mundo: á Polinesia. Tivemos que ir moi lonxe para facer unha viaxe en canoa e atopar un novo fogar nas Illas Cook.  Os nenos e nenas de 1.° acompañamos o rey Tiki bailando ao son do Hoe Ana. Os de segundo repasamos A carrasquiña e viaxamos a México coa danza Os machetes. Ata Bélxica fomos os de sexto coa Polka de Ramón e os de quinto quedamos en Portugal bailando Toma lá dá cá. 

Pasámolo moi ben percorrendo o mundo co Zampadanzas!

 

Aquí tedes os vídeos e fotos da actividade. E aquí o vídeo de segundo de Primaria.

Cumpreanos de Marina

O sábado Marina cumpriu 88 anos. Velaquí a temos atenta ao video de felicitación que lle enviamos desde o cole. Quedou moi contenta e emocionada.

 

Saída a Santiago

O alumnado de 3° e 4° viaxamos a Santiago para ver  obra" Nautilius, 20000 leguas de viaje submarino". Despois merendamos na Praza de San Martín  Pinario e fixemos unha pequena Ruta pola Zona Vella e para rematar, un pouco de xogo no Parque de Bonaval.

Informática co Centro de Día

Interxerando en informática
Hoxe recibimos no cole a Joaquín, Jesús, Madalena, Sofía e Carmucha, usuarios do Centro de Día, para desenvolver unha actividade na aula de informática xunto co alumnado de segundo de E. Primaria.
Como chegaron moi cedo aproveitamos para xogar ás bólas cxs nenxs de sexto, lembrando tempos de antes. A continuación dirixímonos á aula e, despois de presentarnos e abrir o noso blog, estivemos aprendendo a manexar o rato, xogando a sombras de animais, escaleira de palabras, adiviñas e refráns escritas en word... Para finalizar, agasallámolos cunha plantiña de millo que deberán coidar a ver se florece, cunha cariñosa aperta e a promesa de volver outro día para seguir compartindo saberes.
Aquí podedes ver o vídeo da actividade. 

Orosinda está de aniversario

O domingo 19 de marzo a nosa amiga Orosinda, usuaria do Centro de Día fará 98 anos, con este motivo saiu por correo a felicitación para este día tan especial.

Parabéns, Orosinda! Que cumpras moitos máis!  

E podemos ver a satisfacción da homenaxeada ao recibir as postais e vídeos gravados. Gustáronlle moito!


IMG_9342.jpg

Aquí tedes todas as fotos e vídeos da actividade.

Powered by Drupal - Design by artinet