Actividades

Abonado

Contamos coa colaboración de catro altruístas de sexto para o labor de abonado dos bancais. Listos para a sementeira!

 
 
 
 

INICIAMOS O TRABALLO NA HORTA

Con bastante retraso e ferramentas manuais iniciamos este ano o traballo de limpeza nos nosos bancais. O alumnado de quinto empregouse a fondo arrancando malas herbas. Mañá continuaremos coa tarefa!
 
Aquí podedes ver todas as fotos da actividade. 

Os maios

Traballo sobre os Maios feito polo alumnado de 4° de Primaria. 

Aquí tedes o enlace á presentación e aquí todas as fotos. 

 
 

Saída nutrición supermercado

O mércores día 3 de maio o alumnado 3°, 4°, 5° e 6° de Primaria fixeron unha saída ó Gadis de Padrón, dentro do Programa Anual de Nutrición  e Sostibilidade.

O alumnado realizou unha compra ficticia  de alimentos saudables.

 

Aquí podes ver todas as fotos e vídeos. 

Creamos un folleto turístico

Moi orixinal o traballo que fixemos o alumnado de sexto de E. Primaria xa que creamos os nosos folletos turísticos dun lugar de Dodro ou arredores. Tamén, moi bonito o cartel que fixeron as nosas compañeiras María e Carmen. 

 

Debuxamos

Despois da actividade compartida co CRA plasmamos en debuxo as nosas sensacións. Que ben loce o noso taboleiro! 

 

Carteis para o composteiro

O noso compañeiro Dani R. elaborou estes  fermosos carteis para concienciarnos da importancia dunha boa escolla dos residuos para o composteiro. Mirade que ben loce!

Grazas, Dani! 

 

Sexta sesión MUSE

O mércores 26 de abril tivemos a última sesión MUSE deste trimestre. Asistiron un bo número de familias que bailaron connosco diferentes danzas  do mundo. Mercedes explicounos a fondo en que consiste este programa que tanto nos aporta e confiamos en seguir mantendo en cursos vindeiros. 

Aprendemos moito e pasámolo moi ben todxs xuntxs!

Verémonos de novo en setembro.

 

Aquí podedes ver todas as fotos e vídeos da actividade.

Visita do alumnado do CRA

O alumnado do CRA visitou o noso centro na que puideron disfrutar dunha sesión de E. Física no pavillón, para pasar a visitar a nosa biblioteca e ver o seu funcionamento así como a variedade de libros dos que dispoñemos. Tamén se lles contou un conto e puideron ver como un grupo de alumnado lles representou un pequeno teatro.

MUSE 5

Este mércores tivemos unhas sesións Muse moi especiais xa que recibimos a diferentes familias que tiveron a ben realizar unha viaxe da man de Mercedes e o Zampadanzas.
Comezamos as sesións en Galicia a través do Xogo da Carrasquiña.
A viaxe iníciase con 1⁰ de EP que  se dirixiu en moto a Dinamarca e bailaron a ritmo de valse e por último cruzaron o océano nun transatlántico para, ao chegaren a México, bailar o Machete.
Despois foi o turno de 2º de EP que colleron un avión directo ao Brasil para desfrutar da Ciranda. Nenos e nenas, profes e familias improvisaron diferentes pasos de baile e foron movendo o seu corpo ao ritmo da música. A continuación, chegaron en barco ata México onde seguiron danzando ao ritmo dos Machetes para o que tiveron que moverse formando diversas liñas paralelas ao longo do espazo. 
Máis tarde 6⁰  viaxou a  Bélxica e fixeron a Polka de Ramón na que con grande ímpetu se desafiaron e danzaron co paso de polka.
 
Por último, foi o turno de 5º de EP, nesta ocasión comezaron co Ball do Rogle, unha danza catalá.   Despois emprenderon unha viaxe en avión con escala en Bélxica, onde aproveitaron para moverse ao ritmo da Polka de Ramón. O percorrido seguiu ata chegar a Xapón, o destino final desta viaxe. Alí bailaron a rítmo do Tanko Bushi.
 
Para a vindeira semana contaremos de novo con Mercedes e poderán desfrutar destas sesións as familias de 3⁰ , 4⁰ e 5⁰ de EP. Animádevos a asistir!
 
 

Aquí podedes ver todas as fotos e vídeos.

Powered by Drupal - Design by artinet