Educación física de primaria

Baloncesto. Club Río Ulla de Pontecesures.

 
O venres 27 de novembro tivemos unha xornada de iniciación ao baloncesto
para o alumnado de 3º e 4º co Club Baloncesto Río Ulla de Pontecesures.
 
 
 
Xogos predeportivos divertivos e moooi movidos! Se vos gusta este deporte,
non dubidedes en anotarvos na escola deste club.
 
 
 
Moitas grazas, Fruqui!

 

Fútbol gaélico: segunda sesión.

O martes 17 de outubro desenvolvemos a segunda sesión de iniciación ao fútbol gaélico coa colaboración das Gaélico Escolas. Xogos divertidos de desprazamentos e invasión que axudan a que interioricemos as técnicas básicas para a posterior posta en práctica deste deporte. 

Moitas grazas a David e Gábor polas súas propostas dinámicas e divertidas. 
 

Futbol gaélico

O martes 10 de outubro iniciamos unha nova UD de fútbol gaélico en 5º e 6º; para iso contamos coa presenza de David e Gabor, adestradores de Gaélico Escolas, que nos explicaron as normas básicas deste deporte. Tamén fixemos un par de xogos de iniciación para empezar a practicar. O vindeiro martes continuaremos con esta actividade.
Aquí quedan uns enlaces para que poidamos ampliar coñecementos.
 
 
 
 

XOGAMOS A CACHIBOL

Carmucha, Joaquin, Madalena, Carmen Tomás, Ángel e Sofía, ususarios do Centro de Día, acudiron hoxe ao noso CPIP para unha sesión de E. Física compartida co alumnado de quinto.

Despois do quecemento en grupo grande fixemos catro equipos para xogar a cachibol e rematamos co xogo O director da orquestra. Ao final  da sesión cantamos todos xuntos A rianxeira.

A continuación visitaron e valoraron positivamente os traballos do alumnado expostos no patio de primaria.

E para rematar, foron moi ben acompañados debaixo dos paraugas ata o autobús polo alumnado. 

Gozamos moito con esta visita, colofón final ao proxecto INTERXERAMOS.

Aquí tedes todas as fotos da actividade. 

INICIACIÓN AO PIRAGÜISMO

O xoves 25 de maio o alumnado de quinto e sexto acudiu ás instalacións do Club Náutico Pontecesures para participar na primeira sesión de iniciación ao piragüismo. Primeiro visitamos o ximnasio, coñecemos os distintos tipos de embarcación e recibimos unhas nocións teóricas. A continuación baixamos ata o río e tomamos contacto coa auga. Tivemos un día espléndido e pasámolo moi ben facendo deporte.
O vindeiro mércores 31 repetiremos!
 
 
 
Aquí compartimos algunhas imaxes e vídeos.

Actividade física CPI/CRA

O xoves 20 abril recibimos a visita do alumnado e profesorado do CRA de Dodro con motivo da celebración do Semana do Libro. Aproveitamos para organizar unha sesión de actividade física compartida. En seis estacións de xogo: abella raíña, carriños de rodas, lanzamentos cos ringos elaborados o ano pasado, bolas xigantes e canguros, pilla e xogos con paracaídas xs alumnxs de primeiro e segundo divertímonos cos nosxs compañeirxs de E. Infantil. E despois de cantar en roda As abelliñas de San Miguel  merendamos todxs xuntxs no patio para recuperar enerxías. Foi unha xornada activa e participativa. Quedamos con gañas de repetir! 

Aquí podedes ver todas as fotos da actividade.

 

 

Parkour

Rematamos o segundo trimestre cunha nova UD apaixonante: Parkour ou Arte do desprazamento. Saltar, trepar superando os osbtáculos que atopamos no camiño mentras entrenamos a carreira, equilibrio,  resistencia... Ata os máis pequenos nos animamos e atrevémonos co máis difícil. 

Aquí tedes todas as imaxes da actividade.

Práctica sobre rodas

Mércores 1 de marzo practicamos sobre rodas co Club Ciclista Padronés- Cortizo. Recibimos a visita do equipo de élite sub-23, que rodou e se deixou fotografar connosco.
Dende os principiantes ata os expertos, todos tivemos a oportunidade de retarnos nun circuito e nuns xogos de relevos. Aprendemos sobre seguridade vial e pasámolo en grande con este fantástico equipo. Moitas grazas aos entrenadores pola súa profesionalidade e adicación. Sabemos onde temos o clube para continuar rodando.
 

Aquí tedes máis fotos e vídeos da actividade.

O venres 10 de marzo volvemos a subir á bici. Esta vez o alumnado de  1º e 2º de E.P deuno todo no circuito  e nos xogos que montamos no pavillón. Ademáis de pasalo ben aprendemos sobre a seguridade vial.
Moitas grazas aos entrenadores do Club Ciclista Padronés que nos guiou nesta actividad.
 
 

 

Club Ciclista Padronés

Hoxe tivemos no cole a Dani, mecánico e biomecánico, e a Jose, preparador físico do Club Ciclista Padronés. Visualizamos nun video as novas instalacións das que dispoñen e explicáronnos os valores que transmite este deporte: constancia, orde, disciplina,... vimos e probamos a indumentaria, aprendemos a desmontar e montar un roda, recibimos nocións de seguridade vial e puidemos ver as bicis, o coche e a furgo que utilizan nas competicións. En breve poderemos gozar doutra sesión na que poñeremos en práctica o aprendido hoxe. Estaremos atentos! Lembrade traer o casco!

Aquí tedes o enlace á ampla reportaxe gráfica da actividade.

Viravoltas

Cando rematamos a UD de acrobacias somos quen de realizar estas viravoltas en parellas. Seguiremos practicando!

Enlaces aos vídeos. 

Enlace 1

Enlace 2

Powered by Drupal - Design by artinet